Lun, 22 Abr 2013, 16:11
Asunto: Re: Diario de Franki
A Maratón: esa experiencia extrema.
Despois dunha semana complicada que me impediu facer un par de sesións suaves con estiramentos completos chegamos ao sábado á noite, deitome tarde, demasiado tarde, menos mal que durmin ben o venres, á 1 da mañá entro nas sabas.
Iso si, ían ben alimentado, saín da casa con case 77 quilos, o ano pasado andaba en 75.
Érgome ás 6:15, zume de laranxa, un plátano, unhas poucas galletas e un café. Media hora camiñando rapidiño e ás 7:50 un cafe cortado na Avd.da Marina, guardarropa e a quecer un chisco, uns chimpos uns progresivos e pouco máis.
Saída detrás do globiño das 3 horas, pouco dura, póñome chulo e imos máis rápido do entrenado (para 4:15) a ver que pasa
.
Primeira volta ben, un minuto menos do tempo obxectivo, boas sensacións, eu nunca teño problemas de respiración, diso vou sobrado, o meu problema son as pernas lentas que teñen que dar máis.
Vou desde Oza detrás de dous cascarilleiros moi agradables que despois me deixarán atrás pero aguanto con eles a ritmos de 4:10, e paso a segunda volta más rápido, case 2:51 por baixo do ritmo obxectivo. Levo as pernas coa sensación de que non van poder chegar así até o final pero sigo o ritmo ben, aínda que non me equivocaría.
Chegamos á subida ao Millenuim e apuran e quedo só, manteño o ritmo até o paso do 35 e pico e a partir de aí comeza o sufrimento, físico e sobre todo de cabeza, e o duro que se fai o paso por Oza, sol, calor, firme, pernas agarrotadas, unllas doridas (de loito a do pé esquerdo, o ano pasado foi o dereito
)... un horror.
Aguanto e non sei como, debe ser o espiritu do Maratón ou o que eu creo, motivación e amor, que axuda a ir un chisco máis aló dos que cremos son os nosos límites, e iso creo que é algo que hai que vivir se se pode, e son moi afortunado por poder facelo.
Superado o paso polo Inferno de Oza
e a non menos dura grella de Linares Rivas, Cantóns e chegamos ao paraiso da Avenida da Marina, que fermosa, as galerias, a xente animando, aplaudindo como se fóses o primeiro, dá igual, e así até a chegada
unha sensación intensa e emocionante porque remata o sufrimento e polo agradecemento da xente.
Ao pasar a meta non sei como non caín
nunca sentira esa sensación de bloqueo nas pernas, é impresionante, había algún que me miraba: cae non cae?
Coa deda gorda do pé esquerdo de loito e as pernas mazadas pero moi satisfeito.
Disposto a recuperalas esta semana, e comezar canto antes a darlle duro á bici, xa que en menos de 5 meses, o 13 de setembro, agárdame o Medio Ironman na praia do Vao: 1,9 quilómetros nadando, 90 en bici e 21 correndo. 5 horas e media de nada, ou máis, quen sabe.
E para entreterme e ir preparándoo, as probas de Vigo: a Media de Maio, a de San Xoán, e algún triatlón ao que poida achegarme.