Calendario
Info da proba

Ares

30/06/2024 11:30 - 12:30
Regulamento C.I.R.S CERVÁS
CENTRO INSTRUTIVO RECREATIVO E SOCIAL DE CERVÁS
IX MINI MARATÓN ÁRTABRO
Domingo, 30 de xuño de 2024
Comezo das carreiras: 10:00h
Regulamento da proba:
Punto 1
A) A inscripción será libre, a inscripción na carreira a partir da categoría SUB 20 (inclusive)
terá un coste de 4 € para cada participante e será gratuita para o resto dos corredores/as.
Ojo morado Todo comportamento antideportivo será penalizado con descalificación.
C) A organización establecerá os controis que estime necesarios.
D) As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuiz- árbitro
da competición, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
E) A organización farase cargo dos seguros da proba.
F) A organización resérvase o dereito de solicitar a acreditación da idade dos
participantes.
G) Habrá premios de medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, así
como para os campeóns absolutos masculino e femenino.
H) O inicio da proba será ás dez da mañá, finalizando esta ás trece horas.
I) A proba está incluida no Calendario Oficial da FGA
k) A proba estará controlada polo “comité galego de xuices”
Punto 2
O croquis do percorrido farase público co anuncio da proba
O percorrido da proba Absoluta será mixto, de asfalto máis unha pista de terra de 800
metros aproximadamente na metade da proba.
O resto dos percorridos serán íntegramente por asfalto.
Punto 3
MEDIDAS DE SINALIZACIÓN DA PROBA E DISPOSITIVOS DE
SEGURIDADE PREVISTOS:
- Contamos coa colaboración de Protección Civil do Concello de Ares.
- Tamén contamos con vinte colaboradores como personal auxiliar.
- A proba estará controlada por un Xuiz e persoal da Federación Galega de
Atletismo.
- A Garda Civil de Tráfico/Policía local do Concello de Ares abrirá e pechará a proba, e
controlará o tráfico e os principales cruces internos do percorrido.
- Contará a proba con dúas unidades móbiles de asistencia sanitaria, un médico e un ATS.
- Haberá vehículos de apoio na cabeza e cola da carreira.
- Todo personal auxiliar e de control da proba estarán identificados co
distintivo da Organización.
- Os vehículos de apoio da prueba estarán identificados de igual modo.
- O itinerario sinalizarase con pintura de cal e carteis.
- A circulación da proba será sempre pola dereita, afectando tanto aos camiños municipais,
como á vía DP-0402
Punto 4
As inscripcións pódense efectuar a través do sistema on-line na páxina da Federación
Galega de Atletismo ou en www.carreiraspopulares.com , para máis información no correo
cirsdecervas@gmail.com
O listado de inscritos/as será publicado na web da FGA e actualizada
diariamente.
A inscripción pecharase o día 26 de xuño.
Todos os/as inscritos/as poderán consultarse na páxina web da FGA.
Punto 5
As categorías serán as seguintes:
CATEGORIAS ANO DE
NACEMENTO
DISTANCIA CROQUIS
CIRCUÍTO
HORARIO
SUB 8 M e F 2017/2018 225 mts A 10:00 h
SUB 10 M e F 2015/2016 750 mts B 10:10 h
SUB 12 M e F 2013/2014 750 mts B 10:20 h
SUB 14 M e F 2011/2012 1450 mts C 10:40 h
SUB 16 M e F 2009/2010 2900 mts 2XC 11:00 h
SUB 18 M e F 2007/2008 5850 mts C+D 11:30 h
SUB 20 M e F 2005/2006 5850 mts C+D 11:30 h
SUB 23 M e F 2002-2003-
2004
5850 mts C+D 11:30 h
SENIOR M e F 1990 ata 2001 5850 mts C+D 11:30 h
MÁSTER 1 M e F 1984 ata 1989 5850 mts C+D 11:30 h
MÁSTER 2 M e F 1975 ata 1983 5850 mts C+D 11:30 h
MÁSTER 3 M e F 1965 ata 1974 5850 mts C+D 11:30 h
SUPERVETERANS
M e F
Ata 1964 5850 mts C+D 11:30 h
PITUFO M e F 2019/2024 150 mts 12:30 h
Haberá medallas para os 3 primeiros clasificados de todas as categorías e para todos
os participantes da categoría pitufo.
Punto 6
Todos os participantes na carreira absoluta 5.850 mts levarán un chip nos dorsais
que lles proporcionará a organización para o control da carreira.
Punto 7
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS:
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta.
Os servizos médicos e o xuíz árbotro/a da competición están facultados para retirar da
proba a calquera participante que manifieste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluidos os casos derivados dun
padecimento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluidos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde lo mesmo.
A organización non se fará responsable de calquera tipo de dano material ou moral que se
poida ocasionar como consecuencia da participación voluntaria neste evento. A inscrición
implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidera derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados, voluntarios e demais organizadores. Coa realización da inscripción,
todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes
dacordo coa Ley de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase dacordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.