Calendario
Info da proba

Bueu

13/01/2019 10:00 - 14:30
Regulamento VI TRAIL/ANDAINA DE CELA BUEU 2019
1) PRESENTACIÓN.
O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes
organiza o domingo 13 de xaneiro o VI Trail de Cela .
Ademais do trail tamén se realizará unha andaina competitiva. As probas, tomarán a saída na
zona do Igresario da parroquia de Cela (bueu)con os seguintes horarios: as 10:05 para a
andaina e ás 10:00 para o trail.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza
federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN TRAIL E ANDAINA.
 É unha carreira de montaña, cunha distancia de 24 km, con saída e chegada na parroquia
de Cela(Bueu).
 Haberá unha andaina cun percorrido de 16 km,. con saída e chegada na parroquia de
Cela(Bueu).
 O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con cinta
e / ou pintura ecolóxica.
 Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
 A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
 O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 25
Kms será de 4h 30 minutos.
 Existirán tres postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 8 líquido
2) Km 13 líquido-sólido
3) Km 20 líquido-sólido
4) Km 25 meta líquido-sólido
 A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip (só no
caso do trail).
 Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de
Saída/Meta
 Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que
estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da da proba é necesaria unha condición
física, psíquica e deportiva.
 Existen duchas a 300 metros da chegada e haberá pinchos o rematar a proba para todos
os participantes.
Categorías Trail. (andaina sen categorías)
CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
ABSOLUTA 18 a 44
VETERÁN 45 en diante
3) NORMATIVA PARA O TRAIL/ANDAINA.
 Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
 Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
 Disporase de servizo de duchas.
 A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
 Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible (só no caso do trail) ou desatenda as indicacións da organización.
 A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
 Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
 A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxetos de cada
participante.
 Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
 A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto o medio ambiente,
a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
4) INSCRICIÓNS.
 Trail: As inscricións faranse na web www.galitiming.com ata o día 10/01/2018 cun costo
de 16€ por participante para a categoría absoluta de 24 quilómetros que inclúe o dorsal,
regalo conmemorativo (para as 250 primeiras inscricións), seguro deportivo, froita e
bebidas.
 Andaina: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 6€ por
participante que inclúe o dorsal, regalo conmemorativo, froita e bebidas.
 Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 10 de xaneiro.
 Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
 A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non
puidera participar
5) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
 Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba nas carpas situadas
xunto a saída, dende as 8:45 ata as 9:45h.
 Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
 A clasificación xeral oficial publicarase no Facebook do club e na web da empresa de
cronometraxe.
6) PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16477210
7) ENTREGA DE PREMIOS.
 Trail nas categorías Absoluta e Veteranos: Trofeos para os tres primeiros clasificados
tanto en categoría masculina como feminina.
 Andaina: Trofeos para os tres primeiros clasificados sen distinción do sexo
 Primeiro Local: Trofeo para o primeiro home e a primeira muller que cheguen a meta e
sexan da localidade de Bueu
 AGASALLOS: Entregarase unha bolsa a cada participante tanto do trail que conterá:
 Regalo conmemorativo
 Froita
 Auga
 Barra enerxética
 Outros pequenos detalles que puideran aportar as casas colaboradoras
Molón SEGUROS:
 Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis,
etc. Ademais os participantes do Trail estarán cubertos por un seguro deportivo. Tamén
quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/ dende o
lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a
Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación na VI TRAIL DE CELA
leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.