Calendario
Info da proba

Boimorto

01/09/2018 18:30 - 21:00
Regulamento
XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO:
O Concello de Boimorto celebra a XII edición da Carreira Pedestre Popular o sábado 1 de setembro de 2018
na localidade de Boimorto baixo o control e cronometraxe de championchipnorte e de acordo co seguinte
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. A
cronometraxe da carreira estará a cargo de championchipnorte.
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFO atletas nados no 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN atletas nados no 2011, 2012 e 2013
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2009 e 2010
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2007 e 2008
INFANTIL: atletas nados nos anos 2005 e 2006
CADETE: atletas nados nos anos 2003 e 2004
PROMESA: atletas nados nos anos 1999, 2000,2001 e 2002
SENIOR: atletas nados en 1998 ata veteráns
VETERANO A: atletas nados entre 1983 e 1974
VETERANO B: atletas nados entre 1982 e 1964
VETERANO C: atletas nados en 1963 e anteriores
VETERANA A: atletas nadas entre 1983 e 1974
VETERANA B: atletas nadas en 1973 e anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
18:30 h PITUFO(200 mts) (3.167 m) (1 volta ó circuito)
18:45 h. PREBENXAMÍN (500 m)
19:00 h. BENXAMÍN e ALEVÍN (1000 m)
19:15 h. INFANTIL e CADETE ) (3.167 m)
19:45 h. CARREIRA ABSOLUTA (aprox. 10km)
21:00 h. ENTREGA DE PREMIOS (Pavillón polideportivo)
4. INSCRICIÓNS.
As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com
A inscrición é gratuíta para os participantes das categorías escolares, os da Carreira Absoluta
deberán aboar 5 €uros os propietarios do chip amarelo e 6€uros os non propietarios (1€ en
concepto de aluguer de chip)..
Os atletas locais (censados no concello mínimo dende o día 2 de xaneiro de 2018) deberán indicalo
cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.
Os atletas da proba absoluta que non son propietarios do chip correrán cun que lles será entregado na
SECRETARÍA no momento de recoller o dorsal; unha vez crucen a liña de meta deberán entregalo de
xeito obrigatorio nuns recipientes habilitados para tal efecto. De perdelo deberán aboar 15 €uros e serán
descualificados.
Para formalizar a inscrición é obrigatorio facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, dirección
postal, concello, data de nacemento, DNI, teléfono, mail, clube (se se ten) e nº de licencia (se se ten).
Admitiranse inscricións ata o xoves 30 de agosto de 2018 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais recolleranse na Secretaría da Competición sita no colexio público de Boimorto (Campo do
Rosario) ata media hora antes do inicio de cada proba.
Para calquer información adicional ou incidencia chamar ó teléfono 645 98 01 35
CONCELLO DE BOIMORTO (A CORUÑA)
Rúa Vilanova, 1 - 15817 BOIMORTO Teléfono: 981 516 020 - Fax: 981 516 045
E-mail: correo@boimorto.es Web: www.concellodeboimorto.es
5. Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de tódolos atletas sito no polideportivo municipal (a
carón da saída).
6. PREMIOS
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en homes e mulleres), agás
na categoría Pitufo que levarán medalla todos os que rematen a proba. Os 3 primeiros/as clasificados/as
da proba absoluta (categorías PROMESA, SENIOR e VETERÁNS), percibirán trofeo da proba e non
computarán a efectos da premiación por categoría. Tamén outorgarase trofeos os 3 primeiros
clasificados/as censados no Concello. Os trofeos non serán acumulativos.
No caso de non haber 4 participantes na categoría haberá só trofeo ó gañador (agás nos locais).
Trofeo ó atleta máis xoven e máis veterán que sexan capaces de finalizar a carreira polos seus propios
medios e sen axudas externas.
Tamén haberá agasallo conmemorativo da carreira para os corredores da proba absoluta, así como
froita e bebida a quen finalice a proba (para absoluta e escolares).
Os atletas das probas escolares que rematen a proba tamén terán un obsequio da organización.
Premio especial Fidelidade: para todo aquel que esta sea a súa 5ª carreira consecutiva rematada.
7. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a
súa decisión inapelable. Dado o carácter popular e festivo desta proba, a organización agarda de todos os
participantes o mellor espíritu deportivo.
8. A realización da inscrición implica que se aceptan os compromisos de estar en bo estado físico, que
se superaron os pertinentes recoñecementos de saúde e que se autoriza á organización para a utilización da
imaxe en carteis, publicacións, medios de comunicación e outros para a promoción do deporte.
9. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes
na carreira antes, durante ou despois, se ben en todo momento haberá un posto de primeiros auxilios nas
inmediacións da saída e da meta.
10. Conforme á Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos persoais pasarán a formar parte dun
ficheiro do que é responsable o Concello de Boimorto. A súa finalidade é levar a cabo a xestión de datos para
a carreira popular e informalo de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo rúa Vilanova. 1, 15,817 Boimorto
(A Coruña), achegando unha fotocopia do seu DNI.
11. Entre os inscritos para a Proba Absoluta sortearanse entradas para o Festival da Luz. O sorteo
será público e realizarase durante a entrega de premios.