Calendario
Info da proba

A Laracha

04/03/2018 9:30 - 15:30
Regulamento IV Trail A Laracha Polas cabeceiras do Anllóns

REGULAMENTO

1.Bases: A participación no “IV Trail e Andaina polas cabeceiras do Anllóns” suporá a aceptación deste regulamento.

2.Data: Terá lugar o 4 de Marzo de 2018. A saída será as 9:30 do pavillón do I.E.S. Agra de Leborís e o hora límite de chegada será ás 15:30.
O Minitrail sairá as 10:00 e a hora límite será ás 14:00.
A Andaina sairá as 10:00 e a hora límite será ás 14:00.

3.Distancia: O trail terá unha lonxitude de 24Kms. O minitrail de 16Kms.
A Andaina de 15Kms.

4.Categorías: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos e menores de máis de 16 con permiso de consentimento firmado polos seus titores legais.
As categorías serán as mesmas para o trail e para o minitrail.
MASCULINA: Absoluta, maiores de 18.
Veteranos, maiores de 45.
Promesas, 16 a 18.
FEMININA: Absoluta, maiores de 18.
Veteranas, maiores de 40.
Promesas, 16 a 18.
A Andaina non terá categorías nin trofeos.
CRONO-ESCALADA: farase unha cronometraxe especial en un tramo do percorrido con un gran desnivel do cal se fará unha clasificación.

5.Inscricións: Ata o 1 de Marzo ás 23:59.

6.Prezo:
Trail: 10€
Minitrail: 8€
Andaina: 6€
Que dan dereito a: participar nas probas, avituallamentos, duchas, aperitivo postcarreira, sorteo e seguro de accidentes para as probas.

7.Sinalización: O percorrido estará sinalizado con cintas de cor viva e as sinais necesarias para que o camiño a seguir non presente ningunha dúbida polo que o estrito seguimento do mesmo será obrigatorio para a continuidade na proba. Voluntarios do club dispostos ó longo do percorrido asistirán ós participantes nos cruces.

8.Tempos de paso: Os participantes que sobrepasen 2 horas o paso polo primeiro avituallamento e 3 horas o do segundo, entendendo como paso o do primeiro corredor do trail longo, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura e seguridade.

9.Condicións físicas: a organización resérvase o dereito de retirar da proba a aquelas persoas que considere que non reúnen as condición físicas necesarias para continuar na carreira sen por en serio risco a súa saúde como esgotamento agudo, lesión grave, síntomas de alteracións sensoriais, etc.

10.Avituallamentos: Haberá dous avituallamentos líquidos e sólidos e un avituallamento de meta.

11.Auxilio: os participantes están obrigados a respectar a integridade dos demais participantes así como a prestar auxilio ós accidentados.

12.Roupeiro:Haberá un servicio gratuito de consigna para enseres persoais.

13.Responsabilidade: A organización non se responsabiliza de:
-Consecuencias derivadas da participación da proba que non se recollan no seguro de accidentes.
-Pérdida ou deterioro de obxectos persoais.

14.Descalificación:
-O que non cumpra estas bases.
-O que non complete o recorrido nos tempos indicados nas bases.
-O que deteriore ou ensucie o entorno.
-O que non leve o dorsal ben visible.
-O que non respecte as ordes dos membros da organización.
-O que non preste auxilio.
-O que presente comportamento anómalo, mostre actitudes violentas, que tire lixo no medio natural, que moleste a fauna, que dane a propiedade pública ou privada, que non respecte os demais participantes ou membros da organización.

15. Dereitos de imaxe: A entidade organizadora resérvase en exclusividade o dereito sobre a imaxe do trail así como a explotación audiovisual, fotográfica e periodística do evento. Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá contar previamente co consentimento escrito da organización. Así mesmo a organización resérvase o dereito de realizar e publicar nas redes fotografías durante todo o evento nas que poderán aparecer calquera dos participantes.

16. Tráfico: A organización non cortará en ningún momento a circulación e os participantes polo tanto deberán respectar rigorosamente as normas de tráfico vixentes.