Calendario
Info da proba

San Cibrao das Viñas

17/12/2017 10:30 - 12:30
Regulamento

XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS

17 de decembro de 2017


SAÍDA E META
PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA


INSCRICIÓNS
Presenciais: Runmaniak (Avenida Buenos Aires, nº 17) ata o luns día 11 de decembro.
On-line: a través da web www.carreirasgalegas.com ata o martes 12 de decembro.

A carreira de adultos estará limitada a 500 participantes e a colaboración coa carreira será de 5€.
A carreira de escolares estará limitada a 100 participantes e a colaboración coa carreira será de 2€.
As inscricións da carreira de pitufos faranse o día da proba e non levarán chip. A inscrición é gratuíta.


INFORMACIÓN
www.carreirasgalegas.com
www.sancibrao.es
tlf. 647913079 - 680135711


HORARIOS
10:30 horas: saída carreira escolares
11:00 horas: entrega de trofeos ós escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos

REGULAMENTO XERAL

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

2. A recollida de dorsais efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.

3. O percorrido será de 200 m para a categoría Pitufos, de 2’5 km para as categorías A – B- C- D - E e de 10 km para as restantes categorías. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables. Para recibir o premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. En caso contrario, a organización entende que renuncia ó premio. A carreira da categoría Pitufos non é competitiva e non se entregarán premios ós vencedores/as.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal ou chip será desclasificado.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis.

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes na carreira de adultos e a 100 participantes na de escolares.. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais.


10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira escolar e a carreira de adultos.
• 60€ ós seis primeiros/as clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os Pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, sesións de fisioterapia, etc.
• Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

11. Establécense as seguintes categorías:


A) Sub10-Benxamín: 2009 e 2010
B Sub12-Alevín: 2007 e 2008
C) Sub14-Infantil: 2005 e 2006
D) Sub16-Cadete: 2003 e 2004
E) Sub18-Xuvenil: 2001 e 2002

Distancia a percorrer: 2’5 km (1 volta pequena)
Saída ás 10:30 horas

F) Sub23-Xunior/promesa: 1996 a 2000
G) Senior: 1995 ata veterán
H) Veterán A: de 35 a 44 anos
I) Veterán B: de 45 a 54 anos
J) Veterán C: de 55 anos en adiante

Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
Saída ás 11:30 horas

Pitufos: 2011 e posteriores

Distancia: 200 m.
Saída ás 13:00 horas


12. A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 145/2017: “Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Ruta, Marcha, Trail y Reuniones de Pista Cubierta y Aire Libre 2017-2018”
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/201768124315.pdf
13. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
14. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardarroupa.

15. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

16. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.