Calendario
Info da proba

Silleda

13/06/2015 19:00 - 21:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR “ABANCA - SEMANA VERDE DE GALICIA”



I CARREIRA POPULAR “ SEMANA VERDE DE GALICIA”
1. A Fundación Semana verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo
organiza a Carreira Popular Semana Verde de Galicia que se celebrará o sábado 13 de
Xunio.
2. Poderán participar a atletas federados en non federados. Realizarase unha clasificación
conxunta. Proba incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
3. Categorias:
CATEGORIA ESCOLAR CATEGORÍA ABSOLUTA
Categorías Anos Categorías Anos
PITUFOS 2008 e posteriores JUNIOR 1996 / 1997
BENXAMÍN 2006 / 2007 PROMESA 1993 / 1994 / 1995
ALEVÍN 2004 / 2005 SENIOR 1992 e anteriores ata veteráns
INFANTIL 2002 / 2003 VETERÁN A De 35 a 44 anos
CADETE 2000 / 2001 VETERÁN B De 45 a 54 anos
XUVENIL 1998 / 1999 VETERÁN C De 55 a 64 anos
VETERÁN D Maiores de 65 anos
4. DISTANCIAS Y HORARIOS
Hora Categoría Distancia Voltas
19:00 PITUFOS 150 m.aprox.
19:10 BENXAMÍN - ALEVÍN 1.800 m.aprox. 3 Voltas
19:20 INFANTIL - CADETE - XUVENIL 3.000 m.aprox. 5 Voltas
19:40 JUN-PRO-SEN-VET A-B-C-D 10.000 m.aprox.
5. LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO
O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feira
Internacional de Galicia en Silleda - Pontevedra (ver plano anexo)
a. Percorrido Pitufos
b. Percorrido Benxamín – Alevín (3 vueltas, 1.800 m)
c. Percorrido Infantil – Cadete (5 Vueltas, 3.000 m)
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9672500
d. Percorrido absoluta 10k (95% asfalto e 5% terra)
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9794709
6. INSCRIPCIÓNS
Dende o 28 de maio de 2015 todos os atletas federados ou non, poderán inscribirse no
formulario habilitado na web www.carreirasgalegas.com. O custe da inscrición será de 5€ para a categoría absoluta e gratouito para as categorías escolares
para as categoría absoluta e gratuíta para a categoría escolar, e dispoñen de prazo para a
inscrición ata as 20:00 do día 11 de junio.
Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada
polo Comité Galego de Xuíces. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e
secretaría será realizado por procedementos automatizados.
Por norma xeral nas competicións de calendario autonómico non poderán participar
atletas españois con axuda económica da RFEA, nin atletas estranxeiros segundo as
seguintes condicións:
En ambos casos, esta prohibición non afectará as probas do Calendario Autonómico da
Comunidade pola que o atleta teña tramitada a súa licenza.
Na regulamentación deberá aparecer, expresamente, a posibilidade de descualificación de
calquera atleta que, a sabendas da súa imposibilidade de participar na proba, proporcione
datos erróneos para poder facelo. O organizador reterá o premio ata que o atleta presente
a documentación que permita a súa participación na proba.
En tódolos casos o atleta debe ter permiso da Federación Nacional do seu pais de acordo
ca normativa IAFF.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o longo de todo o día no punto informativo do
Pavillón 2 e unha hora antes da proba nas inmediacións da liña de saída.
8. PREMIOS E AGASALLOS
 Tod@s @s participantes da categoría Pitufos recibirán un diploma da súa
participación na proba e unha camiseta de agasallo.
 Os tres primeiros clasificad@s do resto das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV
recibirán un trofeo e unha camiseta para todos os participantes.
 Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán
un trofeo.
 Trofeo o atleta mais veterano.
 Trofeo o atleta local millor clasificado.
 Medalla para tod@s os participantes.
 Ademais establécense os seguintes premios en metálico na categoría absoluta:
Clasificación Masculino Femenino
1º 300 € 300 €
2º 150 € 150 €
3º 100 € 100 €
4º 50 € 50 €
5º 50 € 50 €
6º 50 € 50 €
7º 50 € 50 €
8º 50 € 50 €
 Na proba absoluta coa retirada do dorsal entregarase unha camiseta e outros
agasallos
9. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado por diante,
ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de
Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
A organización establece un peche de control 60’ despois da chegada do 1º clasificado
absoluto da proba.
10. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización
ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós
participantes. Non se permite a participación con mascotas. A organización recomenda ós
participantes, pola súa seguridade, que non participen con dispositivos reprodutores de
música con auriculares.
12. SERVIZOS
Na zoa de saída e meta atoparanse os sevizos médicos, ambulancia, avituallamento,
duchas e aparcamento.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes.
13. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da
FGA, RFEA e IAAF en vigor
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13 15008 A Coruña



REGULAMENTO E INFORMACIÓN

INSCRICIÓNS