Calendario
Info da proba

Ribas de Sil

15/07/2012 12:00 - 13:30
Regulamento
I Carreira Popular Concello de Ribas de Sil, Lugo

Data: domingo, 15 de xullo de 2012.
Hora: 12:00 h.
Lugar: Ribas de Sil, Lugo.
Distancia: 7.000 m.
Organiza: Concello de Ribas de Sil.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Concello Ribas de Sil


:: Segue a proba no foro ::


REGULAMENTO DA PROBA
- Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

- A idade tomarase en referencia a data de celebración da proba.

- dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu.

- Todos os corredores terán a obriga de devolvelos Chips ao finalizar a proba (agás propietarios do chip amarelo), baixo penalización de 20 €.

- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRA ABSOLUTA
A carreira está aberta a todas as persoas nadas dende o ano 1996, diferenciando dúas categorías unha masculina e outra feminina.

INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado "REXISTRATE" e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes en www.championchipnorte.com

PERCORRIDO:
A carreira iníciase na Praia fluvial, dirección San Pedro pasando por debaixo da Ponte Nova polo paseo fluvial ata chegar "Os Lameiriños".

En dito lugar cruzamos a estrada e a vía do tren mediante un túnel, ata chegar "A Cova" xirando a esquerda dirección "Relosio".

Unha vez en Relosio xiramos a dereita dirección San Clodio ata chegar ao primeiro paso a nivel, continuando a carón da vía ata o seguinte paso a nivel (Pumares) continuando pola Rúa Deputación ata chegar o barrio de "San Román".

Aquí xiramos a dereita pasando por debaixo dun túnel e xiramos a esquerda pola "Rúa O Barco" ata chegar o río onde pasamos unha pasarela de madeira que nos leva polo paseo fluvial ata chegar a meta.

O percorrido ten unha lonxitude de 7 km.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (15 de xullo) na carpa da organización sita na Praia Fluvial de San Clodio de 9:00 a 11:30.

Ao rematar a proba todos os corredores terán a obriga de devolvelos Chips (agás propietarios do chip amarelo), a súa perda ou non entrega suporá unha penalización de 20€.

PREMIOS DAS CARREIRAS ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA
1º/1ª Clasificad@……………………AGASALLO
2º/2ª Clasificad@……………………AGASALLO
3º/3ª Clasificad@……………………AGASALLO

Camiseta oficial da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento na praza do concello e inmediacións.
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas.

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina web do Concello de Ribas do Sil www.concelloribasdesil.es


:: Segue a proba no foro ::