Calendario
Info da proba

Redondela

08/07/2012 10:30
Regulamento Regalmento adultos;

V Carreira Popular Concello de Redondela
HOMENAXE A JUAN CRESPO

percorrido; https://maps.google.es/maps/ms?msid=203394228991493826416.0004694e51c8ad168d200&msa=0

REGULAMENTO
Data: Domingo 8 de Xullo de 2012 Hora: 10:30 h. Distancia: 6 Km
Lugar: Redondela (Saída e meta sita diante do Concello)
Organiza: a recén fundada ASOCIACIÓN C.A.R. – Clube Atletismo de Redondela- coa colaboración de SERVIOCIO e o Excmo. Concello de Redondela – CONCELLERÍA DE DEPORTES.
Inscripcións: ata as 24:00 horas do miércoles 4 de Xullo de 2012.
Máis infomación: no teléfono 647 21 88 68 e nas webs www.championchipnorte.com, www.asociaciondeportivacar.com ou www.correrengalicia.org
REGULAMENTO XERAL:
1.-A Asociación C.A.R. – Clube Atletismo de Redondela- coa colaboración de SERVIOCIO e o Excmo. Concello de Redondela – CONCELLERÍA DE DEPORTES organiza a V edición da carreira Popular Vila de Redondela, que este ano ademáis inclúe na nomenclatura do evento un homenaxe a o atleta redondelán, xa finado, JUAN CRESPO.
2.- Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización, quedando prohibido dóblalo ou cortalo. Tamén deberán levar o chip ChampionChip debidamente atado nos cordóns das zapatillas. Será motivo de descalificación o non cumprir este artigo.
3.- Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal e chip de outro participante ou que falsifique os datos da inscripción.
4.- Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.
5.- A Asociación C.A.R. non se fai responsable dos danos morais ou materiais que poidan sufrir nesta carreira o Concello de Redondela e os colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.
6.- A V Carreira Popular Concello de Redondela - HOMENAXE A JUAN CRESPO ten carácter competitivo.
7.-Somentes poderán participar as persoas maiores de 16 anos.
8.- Se establecen catro categorías: CATEGORIA A : MASCULINA -16 a 25 anos-
CATEGORIA B: FEMENINA -16 a 25 anos-
CATEGORIA C: MASCULINA -26 a 35 anos-
CATEGORIA D: FEMENINA – 26 a 35 anos-
CATEGORIA E: MASCULINA – 36 a 45 anos-
CATEGORIA F: FEMENINA – 36 a 45 anos-
CATEGORIA G: MASCULINA – >46 anos-
CATEGORIA H: FEMENINA – >46 anos-
9.- Premios: haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da orde xeral, para os tres primeiros de cada categoría, para o primeiro veciño e para a primeira veciña de Redondela en chegar á meta e para o corredor con máis idade, ademáis de un detalle para o último corredor e a última corredora. Os trofeos non serán acumulativos, únicamente o entregado ó primeiro/a veciño/a de Redondela.
10. Polo seu carácter estrictamente deportivo e popular da carreira non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a aceptación do regulamento da proba.
11.- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido. Disporase de coche escoba para aqueles corredores que por alguna razón non poidan ou non desexen remata-la proba.
12.-Avituallamentos: haberá pequeño avituallamento na meta.
13.- Servicios de vestuarios e duchas: Na Piscina Municipal de Redondela.
14.- INSCRIPCIÓNS: 3 euros de dereitos de inscripción + 1 euro por alquiler de Chip o que non o teña). Os propietarios/as de chip amarelo ChampionChip non pagarán o aluguer. Terán que precisar, DNI con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono móvil de contacto e o correo electrónico se o desexa- Poderanse facer ata as 24:00 horas do día 4 de Xullo na central de inscripcións na web www.championchipnorte.com. (De cada inscripción darase un 1 euro para a Asociación de atención a persoas con enfermedades mentais LENDA).
Todas as persoas que non aparezan o xoves 5 de Xullo nos listados definitivos da web de ChampionChipNorte, non estarán correctamente inscritas. A forma de pago pola web é por medio de tarxetas de crédito habilitadas para PAGO SEGURO por Internet. Deben seguirse todas as indicacións que se dan na web.
Non se aceptarán inscripcións fora de prazo ou sen todos os datos obrigatorios.
15.- Os dorsais poderánse recoller o sábado de 16:00 a 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira de Redondela ou de 08:30 a 09:30 horas do día da proba na zona de saída, situada diante do Concello.

Reglamento de niños;

V Carreira Popular Concello de Redondela
HOMENAXE A JUAN CRESPO

‐‐menores de 16 anos NON COMPETITIVA‐‐
Data: Domingo 8 de Xullo de 2012 Lugar: Redondela (Saída e meta diante do Concello)
Organiza: a recén fundada ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R. – Clube Atletismo de Redondela‐ coa
colaboración de SERVIOCIO e o Excmo. Concello de Redondela – CONCELLERÍA DE DEPORTES.
Por segundo ano, na Carreira Popular inclúense probas para nenos dirixida a todos aqueles que desexen
participar polo que serán unhas distancias doadas para as distintas categorías.
A carreira constará de catro categorías con diferentes percorridos:
CATEGORÍA PITUFOS (NADOS EN 2007 E POSTERIORES) inicio ás 11:45 –150 metros, número máximo de
inscricións 50 nenos.
CATEGORIA A (nados entre 2006 e 2004) inicio ás 12:00 –600 metros, número máximo de inscricións 50
nenos.
CATEGORIA B (nados entre 2003 e 2000) inicio ás 10:00 –1000 metros, número máximo de inscricións 100
nenos.
CATEGORIA C (nados entre 1999 e 1996) inicio ás 10:15 –1500 metros, número máximo de inscricións 100
nenos.
Inscricións: ata as 24:00 horas do martes 4 de Xullo enviando un e‐mail na páxina
web da ASOCIACION DEPORTIVA C.A.R. www.asociaciondeportivacar.com, no
apartado CONTACTO ou na recepción da Piscina Municipal de Redondela, no e‐mail
deben aparecer os seguintes datos: NOME e APELIDOS do NENO, DNI –se o ten‐ e
DATA DE NACEMENTO.
Os dorsais poderanse recoller o sábado de 16:00 a 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira de
Redondela ou de 08:30 a 09:30 horas do día da proba na zona de saída, situada diante do Concello.
NON SE MEDIRÁN OS TEMPOS POLO TANTO NON HABERÁ CLASIFICACIÓNS e HABERÁ PREMIOS PARA
TODOS. O IMPORTANTE DESTA CARREIRA É PARTICIPAR E PASALO BEN.
NOTA: A ORGANIZACIÓN DESTA CARREIRA QUERE COLABORAR COA ASOCIACION LENDA, DONÁRASE UN
EURO DE CADA UNHA DAS INSCRIPCIÓNS DOS ADULTOS. A INSCRIPCIÓN DOS NENOS É GRATUITA MAIS SE
LLES INFORMA QUE O MESMO DÍA DA CARREIRA HABERÁ UN POSTO ONDE PODERÁN RECIBIR TODA A
INFORMACIÓN NECESARIA PARA QUEN DESEXE COLABORAR LENDA.[b]