Calendario
Info da proba

Redondela

17/05/2011 10:00 - 11:30
Regulamento
IV Carreira Popular Vila de Redondela

Data: martes, 17 de maio de 2011.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Redondela, saída e meta sita no Concello de Redondela.
Distancia: 6.000 m.
Organiza: Concello de Redondela, colabora Serviocio, empresa xestora da Piscina Municipal de Redondela
Inscrición: ata as 14:00 do xoves 12 de Maio en Championchip Norte
Mais información no teléfono da instalación: 986 400 586
Remate da proba: 11:30 h.





... Participa no foro de carreiras populares

Recorrido

REGULAMENTO XERAL
1. A concellería de deportes do Concello de Redondela coa colaboración de Serviocio empresa Xestora da Piscina Municipal de Redondela organiza a terceira edición da carreira popular Vila de Redondela E COMO NOVIDADE ESTE ANO TAMÉN PARTIPAN OS MAIS PEQUENOS CONSULTADE OS ÚLTIMOS PUNTOS DE ESTE REGULAMENTO.

2. Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización, quedando prohibido doblalo ou cortalo. Tamén deberán levar o chip ChampionChip debidamente atado nos cordóns das zapatillas. Será motivo de descalificación o non cumprir este artigo

3. Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal e chip de outro participante ou quen falsifique os datos da inscrición.

4. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.

5. A Piscina Municipal de redondela (serviocio sl) o Concello de Redondela e os colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.

6. A IV carreira Popular Vila de Redondela ten carácter non competitivo.

7. Somentes poderán participar as persoas mayores de 16 anos.

8. Se establecen catro categorias unha masculina e outra femenina de 16 a 35 anos e unha masculina e outra femenina de maiores 35

9. Premios; trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, un regalo para o último clasificado de cada categoría e un detalle para o primeiro abonado da Piscina Municipal de Redondela en chegar a meta.

10. Obsequio para todolos participantes dunha camiseta técnica de recordo o finalizar o percorrido e algunha sorpresa mais

11. Dado o carácter estrictamente deportivo e popular da carreira non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a aceptación do regulamento da proba.

12. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
Disporase de coche escoba para aqueles corredores que por algunha razón non poidan ou non desexen remata-la proba.

13. Avituallamientos: haberá un avituallamento líquido na meta.

14. Servicios de vestuarios e duchas: Piscina Municipal de Redondela.

15. INSCRIPCIÓNS: 3 euros de dereitos de inscrición+1 Euro por alquiler de Chip o que non o teña. Os/as propietarios/as de chip amarelo ChampionChip non pagarán aluguer. Terán que precisar, DNI con letra, nome e apelidos e fecha de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono movil de contacto e o correo electrónico se o desexa. Poderanse facer ata as 14:00 horas do día 17 de xuño, na recepción da Piscina Municipal de Redondela (Paseo do Pexegueiro Nº 5), ou na central de inscripcións na Web www.championchipnorte.com

Todas as persoas que non aparezan nos listados definitivos o venres 13 de Maio nos listados da Web de ChampionChipNorte, non estarán correctamente inscritas. A forma de pago pola Web é por medio de tarxetas de crédito habilitadas para PAGO SEGURO por Internet. Deben seguirse todas as indicacións que se dan na Web.

Non se aceptarán inscricións fora de plazo e sen datos obrigatorios.

16. Teléfono de informacion: 986400586, e información publicada na web www.championchipnorte.com correrengalicia.org xunto con un enlace para ver o recorrido.

17. Os dorsais poderanse recoller de 08:30 a 09:30 horas do día da proba na zona de saida, situada nos arredores da alameda de Redondela. E durante a tarde do sábado de 16:00 a 20:00 ata o luns as 20:00 na piscina Municipal de Redondela

Carreira de nen@s de carácter NON COMPETITIVO

18. Este ano na Carreira Popular inclúense unhas probas para nenos dirixida a todos aqueles que desexen participar polo que serán unhas distancias doadas para as distintas categorías.

A carreira constará de catro categorías con diferentes percorridos:

CATEGORÍA PITUFOS (NADOS EN 2006 E POSTERIORES) inicio ás 11:45 --150 metros, número máximo de inscricións 50 nenos--
CATEGORIA A (nados entre 2005 e 2003) inicio ás 12:00 –600 metros,
número máximo de inscricións 50 nenos--
CATEGORIA B (nados entre 2002 e 1999) inicio ás 10:00 –1000 metros, número máximo de inscricións 100 nenos--
CATEGORIA C (nados entre 1998 e 1995) inicio ás 10:15 –1500 metros, número máximo de inscricións 100 nenos--

Inscricións: ata as 14:00 horas do xoves 12 de Maio na recepción da Piscina Municipal de Redondela ou enviando un e-mail a redondela@serviocio.es , no e-mail deben aparecer os seguintes datos: NOME e APELIDOS do NENO, DNI –se o ten- e DATA DE NACEMENTO.

NON SE MEDIRÁN OS TEMPOS POLO TANTO NON HABERÁ CLASIFICACIÓNS e HABERÁ PREMIOS PARA TODOS. O IMPORTANTE DESTA CARREIRA É PARTICIPAR E PASALO BEN.

NOTA: A ORGANIZACIÓN DESTA CARREIRA QUERE COLABORAR COA ASOCIACION LENDA, DONÁRASE UN EURO DE CADA UNHA DAS INSCRIPCIÓNS DOS ADULTOS. A INSCRIPCIÓN DOS NENOS É GRATUITA MAIS SE LLES INFORMA QUE O MESMO DÍA DA CARREIRA HABERÁ UN POSTO ONDE PODERÁN RECIBIR TODA A INFORMACIÓN NECESARIA PARA QUEN DESEXE COLABORAR.


... Participa no foro de carreiras populares

Recorrido