Calendario
Info da proba

Ames

24/10/2010 11:00 - 13:30
Regulamento
XI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Data: domingo, 24 de outubro de 2010.
Hora: 11:00 h.
Lugar: Paseo fluvial de Bertamiráns, Ames.
Distancia: de 500 a 7.600 m.
Organiza: Concello de Ames.
Inscrición:
Email: inscricionsFGAsantiago@gmail.com
Prazo: ata as 14:00 h do día 22 de outubro
Datos: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, club e nº de licenza federativa (se procede)
Información: no teléfono 981 884 991
Web: Concello de Ames





- - Segue a Carreira de Ames no foro


REGULAMENTO

1. As probas disputaranse na localidade de Bertamiráns . A saída e chegada de cada proba farase no Paseo Fluvial e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.

2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

3. As inscricións poderanse facer no e-mail inscricionsFGAsantiago@gmail.com, ou no FAX 981191559, ata as 14:00 horas do venres 16 de outubro. Faranse constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, lugar de procedencia, club e nº de licenza federativa (se a ten). Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

4. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada no Paseo Fluvial de Bertamiráns ata media hora antes da proba correspondente.

5. Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Os premios non serán acumulativos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.

6. Todo corredor ou corredora que chegue á meta sen o dorsal será automaticamente descualificado .

7. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

8. Aos atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.

11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

Haberá servizo de duchas no polideportivo para quen o desexe.
Haberá sorteo de agasallos ao remate da carreira.
Percorrido das categorías superiores (7600 metros aprox.)

CATEGORÍA - ANO DE NACEMENTO - HORA
Prebenxamín - 2003 e posteriores - 11:00 h
Benxamín - 2001-2002 - 11:10 h
Alevín - 1999-2000 - 11:20 h
Infantil - 1997-1998 - 11:35 h
Cadete - 1995-1996 - 11:35 h
Xuvenil-junior - 1991-1992-1993-1994 - 12:00 h
Promesa-sénior - 1990 ata veteranos - 12:00 h
Veterano A masculino - Nados entre 1975 e 1965 - 12:00 h
Veterano B masculino - Nados entre 1964 e 1955 - 12:00 h
Veterano C masculino - Nados no 1954 e anteriores - 12:00 h
Veterana D feminino - Nados entre 1975 e 1960 - 12:00 h
Veterana E feminino - Nados en 1959 e anteriores - 12:00 h

CATEGORÍA - DISTANCIAS
Prebenxamín - 500 m
Benxamín - 500 m
Alevín - 1500 m
Infantil - 2500 m
Cadete - 2500 m
Xuvenil-junior - 7600 m
Promesa-sénior - 7600 m
Veterano A - 7600 m
Veterano B - 7600 m
Veterano C - 7600 m
Veterana D - 7600 m
Veterana E - 7600 m



- - Segue a Carreira de Ames no foro