Voltar

Clasificación equipos 06-Feb-2009

Os Chispas seguen en cabeza
Récord de participantes por equipos

Despois de tres meses de competición o equipo ourensano de Os Chispas é o líder destacado na clasificación por equipos nesta edición do Circuito Correr en Galicia, cunha cómoda vantaxe sobre os Escornabois de máis de 1.500 puntos. A loita pola terceira praza está máis axustada coa chegada de novos competidores, Os que faltaban, que xa conseguiron adiantar ó Relámpago Coruña. Así vai a cousa na parte alta da táboa:

1. Os Chispas - 6.965,01
2. Escornabois - 5.424,17
3. Os que faltaban - 4.708,46
4. Relámpago Coruña - 4.641,50
5. Los desconocidos - 3.830,32

- - Clasificacións completas na web do Circuito 08/09

Como formar un novo equipo
Un total de 18 equipos xa están inscritos, o que significa un récord de participación, e aínda tedes de prazo ata o 15 de Marzo para buscar xente e formar un. Só tedes que abrir un tema no foro do estilo "Busco xente para formar equipo" e esperar que os compañeiros se animen a sumar puntos entre todos para darlle máis diversión á competición, logo só queda buscar un nome e designar un capitán. Moita sorte a todos.

- - Foro oficial do Circuito 08/09

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org