Voltar

Carreiras febreiro 2022 25-Feb-2022

Próximas carreiras populares
Rábade, Trazo e Santa Comba

Esta fin de semana temos tres novas carreiras anotadas no calendario, todas a celebrar o sábado 26 de febreiro.

Pola mañá a sexta edición da carreira do Entroido de Trazo e a segunda Solidaria Xalleira de Santa Comba e, xa pola tarde, unha nova edición do Memorial Eduardo Fernández Villamarín en Rábade.

Deixámosvos ligazóns aos regulamentos no calendario, onde podedes consultar os horarios das probas:

:: XIX Memorial Eduardo Fernández Villamarín, Rábade

:: VI Carreira do Entroido, Trazo

:: II Solidaria Xalleira de Entruido, Santa Comba

E, por suposto, animámosvos a comentar nos foros a vosa opinión sobre estas ou calquera outra proba.

Correr en Galicia
«Se xa sabes o que tes que facer e non o fas, entón estás peor que antes.» Confucio

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org