Resultados: Ordes, Sandiás e Bóveda

Ordes, Torre do Castro e Bóveda
Resultados de carreiras populares

Actualizamo resultados de xuño e maio. Esta fin de semana celebrouse unha nova edición da Carreira Popular de Ordes con máis de 300 participantes na proba absoluta e na cos vencedores foron Robertas Geralavicius e María Jesús Gestido. A semana pasada disputouse a popular Torre do Castro en Sandiás onde subiron ao máis alto do podio Álvaro de la Fuente Ibáñez e Sonia Teijeiro Ferro. Por último, chégannos as clasificacións da popular de Río Mao organizada a finais de maio en Bóveda gañada por José Manuel Teijeiro Vila e Luisa González Somoza, atleta do Horticelos Aventura, clube organizador da proba.

:: Carreira Popular de Ordes :: Resultados proba absoluta :: Comentarios
:: Torre do Castro, Sandiás :: Clasificación xeral :: Comentarios
:: Río Mao, Bóveda :: Resultados :: Comentarios

En breve os resultados definitivos das probas de montaña TAC e UTAC do Galicia Máxica Trail, de Esgos e o Trail do Mandeo. Das probas de ruta de Ordes, Sandiás e Bóveda xa podedes enviar o voso posto para o Circuíto 2012-13, que remata o 30 de xuño pero onde quedan aínda moitos puntos en xogo.

Correr en Galicia
"Las que conducen y arrastran al mundo no son las máquinas, sino las ideas." Víctor Hugo.

Enviado por Admin o 11-Xuñ-2013 (1114 Lecturas)
"Resultados: Ordes, Sandiás e Bóveda" | 0 comentarios

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.