Resultados: Subida ao Castro e Corre con Nós

Probas en Vigo e Lugo
Subida ao Castro e Corre con Nós

Tamén en Vigo celebrouse o pasado domingo a orixinal proba da Subida ao Castro sobre unha distancia de pouco máis de 2 kilómetros pero unha pendente dun 9% moita choiva e 357 escalóns dispostos entre a liña de saída e a meta. Este ano José Antonio Ramallo foi o único en conseguir baixar dos 9 minutos logrando un "ritmo de carreira" de prácticamente 40 escalóns por minuto. A primeira muller en alcanzar a meta foi María Jesús Gestido cunha media de subida de 33,8 escalóns/min. A certa distancia do gañador entraron Álvaro Prieto Fervenza e Diego González Martínez, este últimodo Club Deportivo Pinarium. O podio feminino o completaron Patricia Mendes e Agueda Blanco.

:: Resultados con ritmo en escalóns/minuto
:: Comenta a túa subida no foro
:: Fotos da proba (por Serafín)

Tamén en Lugo e a falta da Monumental que se celebrará nos próximos meses o Corre con Nós celebrou a segunda proba desta vez no polígono das Gándaras. Os primeiros en cruzar case emparellados a liña de meta foron Gustavo Platas e Carlos Villamor chegando terceiro Nicolás Arrojo. En mulleres a victoria foi máis ampla para Ester Navarrete por diante de Raquel Suárez Pedrosa e Carmen Vagace Núñez.

:: Resultados proba absoluta
:: Comenta a carreira no foro
:: Fotos da proba (por Monte Segade /Suso e La Voz)

Ambalas dúas probas son puntuables para o Circuíto 2012-13e xa está aberto o envío de resultados.

Correr en Galicia
"Se necesitan 2 años para aprender a hablar y 70 para aprender a callar." Ernest Hemingway.

Enviado por Admin o 20-Dec-2012 (698 Lecturas)
"Resultados: Subida ao Castro e Corre con Nós" | 0 comentarios

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.