Xov, 21 Set 2006, 16:55
Asunto: Maratón de montaña
Ola, xa pasou máis de unha semana da maratón, pero eu tamén quero deixar aquí a miña felicitación para todos os participantes e especialmente para a ORGANIZACIÃ?N.
A carreira foi estupenda, a paixase impresionante, o tempo tamén acompañou... ¿que máis podemos pedir?
Miña noraboa especialmente para os organizadores. Todos os que algunha vez organizamos ou colaboramos con algo sabemos da dificultade de organizar calquer evento, e da cantidades de detalles que cómpre ter en conta. Pois ben, quitanto o pequeno fallo do inicio da carreira (non sei que pasou), todo o demais estivo perfecto: o percorrido, as bandeiriñas de sinalizados ó longo dos 42 km, o avituallamento, a comida despois da carreira, a bolsiña de regalo... e a BICA!!!... estaba boísima, foi unha sorpresa moi agradable.
E mais nada, felicidades para todos e ánimo para o ano que vén.