Foros ›
Autor
Mensaxe
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Dom, 15 Ago 2010, 20:42
Asunto: Arde Galicia!

Ben, pois xa estamos coma todo-los anos. Mirese para onde se mire, o que se ve é unha columna de fume. A pesar de que telegaita teña enviados especiais a todas e cada unha das romarías de toda Galicia por pequena que esta sexa, e apenas digan nada sobre o que estar a suceder nos nosos montes, agochar o problema, non fai desaparecer o problema. Levamos máis de 24 horas vendo dende Boiro como arde a parroquia de Cures case por completo. O Xoves vimos arder A Curota, no son tamén ven arder o seu monte, e dende a AG-11 no seus puntos máis altos vense moitas columnas de fume na outra beira da ría.
Agardo que quedemos lonxe do acontecido no 2006, pero como non chova cedo, a cousa podelle andar por aí.
Os montes están secos, sucios e non so pola maleza e a incultura popular de moito descerebrado, que por desgraza campa as suas anchas por estes nosos montes, fan cunha vez máis teñamos que ver como destruimos un dos nosos bens máis valiosos, ainda que non o sepamos.
Cando un pasea polos bosques e fragas da Rioxa, Aragón, Navarra, Burgos, Soria... dase de conta que ter unha mása forestal grande limpa é posible. Alí coidan o monte, alí queren o monte, saben que é unha gran fonte de ingresos , aprezan o que teñen, e non hai tanto mameluco descerebrado, entre outras cousas, porque alí, a estes, os veciños enseguida o poñen no seu sitio, xa que non lles da todo igual, e senten o monte como algo seu, e non queren que ninguén estropee o que é deles. E porque as comunidades de montes fan os seus deberes todo o ano e o coidan, e non son unha banda de palanquíns que ven o seu monte sucio e lles dea igual.
Unha vez máis, os galegos estamos a dar unha imaxen penosa e lamentable de como tratamos a nosa terra.
LUMES NUNCA MAIS!!!+ Enfadado Enfadado Enfadado Enfadado

www.subeaobarbanza.blogspot.com
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Ago 2010, 21:24
Asunto: Re: Arde Galicia!

Aplauso Aplauso Aplauso Tes toda a razón.

Hoxe mesmo (domingo) pasei cerca de Sta Comba e había lume por todos lados, coa UME (os militares) correndo pra riba e pra baixo... E en certos medios de comunicación parece coma se non pasara nada. E os políticos coma sempre ('Queremos envíar á cidadanía unha mensaxe de calma e tranquilidade, e dicirlles que estamos a realizar todos os esforzos humanamente posibles... bla, bla, bla'). Parece que debe de haber por algures un libro para políticos chamado 'Antoloxía de frases feitas que che poden sacar as castañas do lume'.

Os que saben disto (os que apagan os lumes) sempre dín que os lumes se apagan no inverno (rozando, desbrozando...). E os políticos de turno habían de conseguir dunha p... vez facer unha reestructuración do monte galego para poñelo en valor PARA TODOS (e non só para ACCIONA, Iberdrola, Endesa..., que para beneficiar a esos perden o cú a correr)
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Ago 2010, 9:48
Asunto: Re: Arde Galicia!

semella que este ano o sr feijo non se fai a fotiño coa manguerita apagando
o lume coma no 2006, pero claro fiestorras e cuchipandas desas fanse dabondo e logo pedimoslle ao apostol en compañia do president valenciano
que chova, que chova la virgen de la cova.'' por matusalem'' Muro Muro Muro
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Ago 2010, 10:05
Asunto: Re: Arde Galicia!

Esta primavera púdose comprobar que nos montes galegos había excesiva maleza, debido sobre todo á climatoloxía vivida nos derradeiros meses. Nin unha sóla vez puden comprobar un monte recén rozado. Un grupo de amigos comentamos no seu día que como viñese un verán seco non íbamos a andar moi lonxe do 2006. O resultado xa o estamos vendo...bueno, como dí Boirinho, si subes ó monte poderás velo, porque nos medios non se está informando do drama.
Coma sempre, os politiquiños bótanse flores polo traballo ben feito en materia forestal (si chove!), e baixan as orellas (si ben seco!), porque traballo no monte, nada de nada!
Outra cousa, como tamén comentaba o meu paisano barbanzán, é o feito da despreocupación e distanciamento que duns anos a esta parte, vive o paisanaxe galego co seu monte. Perdón, co monte da administración, porque "seu" xa non o considera; e ás veces casi diría que xa non lle doe (a non ser que o lume estea cerca das súas propiedades, of course!!)
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Ago 2010, 15:55
Asunto: Re: Arde Galicia!

URKO escribió:
Outra cousa, como tamén comentaba o meu paisano barbanzán, é o feito da despreocupación e distanciamento que duns anos a esta parte, vive o paisanaxe galego co seu monte. Perdón, co monte da administración, porque "seu" xa non o considera; e ás veces casi diría que xa non lle doe (a non ser que o lume estea cerca das súas propiedades, of course!!)

Tes razón, e enlazo con boirinho: me explico.

O labrego xa non sinte o monte coma seu porque ve que a Administración lle pon moitas obrigas que non o fan rendible: 'Tes que desbrozar, manter distancias cos lindantes, poñer as especies que eu che diga, non podes talar sen permisos, non plantar cerca de cursos de ríos, non podes cortar NEN LIMPAR CAUCES OU RIBEIRAS DOS RIOS (esto merecería un tema por sí só), etc...'. E debido, en xeral, ao pequeno tamaño das fincas froito do minifundio aínda existente (outro tema) e da cuasi-nula actuación das Administracións Públicas para sacar adiante unha Ordenación eficaz do monte (inclúo a todos os partidos, o único que o intentou algo foi o Bloque coas Unidades de Xestión Forestais), resulta que o monte galego está en números vermellos. O que produce hoxendía o monte galego (salvo montes en man común, comunidades de montes,... ben xestionados, que son a minoría en canto a porcentaxe de superficie total) non che da para pagar a ningúen para que che pode e desbroze un monte. Eu teño algún terreno no monte, de pequenas dimensións (máx: 1 Hectárea), e para poder limpalo teño que pagar co meu soldo de traballador, porque el non me da. Como dín na miña terra: 'Non da a peza para o tacón'. Sendo así, encima pagando os impostos por eles, e mellor regalarllos á Administración (que os montes públicos tipo Reservas Forestais, etc. os limpan grazas aos Orzamentos, non polos beneficios económicos que den).

Menuda chapa...!! Moi feliz Moi feliz Moi feliz
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Ago 2010, 21:00
Asunto: Re: Arde Galicia!

Eu creo que o principal culpable de que se queime o monte non é o paisano que non o limpa, senon os "pirómanos".
E despois pasa o que di xiamenfroi, co minifundismo existente en Galicia. Meu abo tiña 5 fillos, e repartiu entre eles os poucos montes que tiña, e meu pai a sua pequena parte entre nos 3 irmáns, que nos queda, uns pitancos de monte que caseque nin sei onde están; e algúns deles ainda a medias con algunha das miñas tías. Ese é un dos grandes problemas do noso monte. Hoxe por hoxe non é rentable coidalo, polo caro que che custa pagar a alguen que cho limpe ou plante árbores. E por enriba o precio d madeira está polo chan, así que non hai quen lle saque rendemento o monte.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 23 Ago 2010, 13:00
Asunto: Re: Arde Galicia!

E non vai arder,hai moito toxo no monte. Guiño
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Mar, 24 Ago 2010, 15:28
Asunto: Re: Arde Galicia!

Esta explicación que dan en El País tampouco está nada mal: www.elpais.com/articul...iopi_6/Tes

Se te paras a pensar, noutras Comunidades Autónomas con bastante bosque, como todas as do Cantábrico, non se producen estas queimas ano a ano.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos