Foros ›
Autor
Mensaxe
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 10:52
Asunto: Nova era en Cataluña

Por fín....!!! Moi feliz Moi feliz Moi feliz

O 1 de Xaneiro de 2012 rematará unha xeira en Cataluña. Remata a barbarie e os actos dunha sociedade incivilizada. Rematan as prebendas e privilexios dunha minoría burguesa que vive (e moi ben) coa dor e o sangue alleo. Remata unha tradición (eles chámanlle así) exportada de Andalucía ao resto de España, que penetrou na sociedad coa indiferencia (cando non coa complacencia ou, inclusive, coa complicidade) da clase política dirixente. Porque esto move moitos cartos. Porque che din: 'Non te obrigamos a ir, se non queres, non vaias'. Se en vez de matar touros, fusilasen xente habíanche dicir o mesmo. Porque, de unha p.. vez, que se cumpla a lexislación europea. Porque cada vez mais, mais persoas estamos fartos. Porque en Galicia tampouco os queremos.

¡¡¡ NON ÁS CORRIDAS DE TOUROS !!!

Parabéns á sociedade catalana.
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 11:29
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

xiamenfroi escribió:
Se en vez de matar touros, fusilasen xente habíanche dicir o mesmo.
Pensa un pouquiño antes de escribir,que non costa nada
Confuso
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 11:44
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

Disimulando Por como falas parece que aboliron os titulos e privilexios nobiliarios,a corrupción, o enchufismo, os monopolios , os contratos basura e os privilexios fiscais dos ricos.
Cando fagan todo eso avisame e direi que comezou
unha nova era.
Mentras, esto non e máis que un baño de multitudes e popularidade,desos que gustan tanto os politico de turno.
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 11:45
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

corvo escribió:
xiamenfroi escribió:
Se en vez de matar touros, fusilasen xente habíanche dicir o mesmo.
Pensa un pouquiño antes de escribir,que non costa nada
Confuso

Teñocho mais que pensado, corvo. Porque me da moito medo cara a onde está derivando a dereita neste país, estou agora mesmo vendo na web de TVE as reaccións á noticia na calle, e realmente... buf, como algúns poideran (e souberan que quedaban libres), matávannos a moitos. E dígocho de corazón, non o digo por dicir, non hai mais que ver o odio nos ollos dalgúns... Confuso
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 12:12
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

Ademais, moita xente se cre que a plataforma PROU o fai cun afán catalanista e independentista. Eu non creo que sexa así, senón que o fai unicamente movido polo interés dos animais (metete na súa web e xa verás o que alí se fala, hai xente de tódolos ámbitos, de esquerda, dereita, cataláns, irlandeses, franceses...).

Eu, aínda que teña as miñas ideas sobre Galicia, apoio esta idea por sí mesma (ademais de pola miña profesión). Tamén apoio a abolición da festa que hai en non sei qué pobo que tiran unha cabra dun campanario de 12 metros de altura para que rompa os cadrís no chan. Joder, como se lle pode chamar festa a iso, a onde chegamos... No sei se o sabes, pero antiguamente había en certas zonas rurais de Galicia (miña nai viuno de nena), unha especie de xogo popular que consistía en enterrar vivo un galo cos pes atados nunha eira, só coa cabeza de fora. Logo había un grupo de persoas ás que se lles tapaban os ollos cun pano, se lles daban unhas voltas para desorientalos e iban pola eira adiante ás tentas, cun fouciño na man dando golpes, co resto da xente rindo a cachón, ata que algún lle cortaba a cabeza ao pobre galo. E o que o facía levaba o resto do galo para comer para a casa.

Afortunadamente, esto xa (que eu saiba), xa non se fai. ¿Pareceríache ben que o fixeran? ¿Pareceríache ben que legalizaran as pelexas de cans, que seica moven moitos cartos, dicindo que é bo para a economía? E dicir, ¿o que é correcto debe estar supeditado ao que é economicamente rendible? ¿Por qué a xente protesta se maltratan un animal nun circo, e non nunha praza de touros? ¿Por qué en Galicia se ten que importar algo tan cruel, e que non é propio de aquí? ¿Para que 2 gandeiros andaluces e 3 toureiros se lucren? ¿Con qué cara lle dis ao que aposta nas pelexas de cans, 'ti non podes gañar cartos, porque o teu non é tradición'. El respostará: 'Deixamo facer 150 ano e xa o será'. Hai 300 anos queimaban a xente, hai 40 anos en España executouse xente en 'garrote vil'... Eu creo que erradicar certas prácticas supón un progreso para toda a sociedade no seu conxunto.

Saúdos. Angel
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 22:29
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

Si a min non me gustan as corridas de touros,nin me gusta que se maten os touros,nin me parece digno de ningun merito enfrontarse a un animal agonizante
... pero creo que a noticia non da para máis
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 7:02
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

A mi me parece que esta prohibicion no viene por los derechos de los animales , ni nada parecido Nono , ya se prohibió en Canarias hace 20 años y no se armó tal revuelo , lo peor será para el aficionado Catalán , a mi me da igual , incluso mejor , mas corridas para las demas plazas.
PD: esta temporada tuve la suerte de ver a Manzanares junto con Morante de la Puebla , en la que el primero indultó al toro en una fantastica e impresionante faena con muchisimo arte.
Saludos.
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 9:44
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

killoke escribió:
A mi me parece que esta prohibicion no viene por los derechos de los animales , ni nada parecido Nono , ya se prohibió en Canarias hace 20 años y no se armó tal revuelo
Eso e o que opino eu,que é unha medida do máis populista, tanto por parte dos partidos que a defenden como pola parte dos que a critican.

PD: sigo sin entender que arte se pode ver a torear a un animal casi invalido e agonizante.Para cando un toreo sin banderillas nin as puñalas que lle meten ca lanza esa?
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 10:10
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

Hola Corvo , cada uno tiene su vision particular , lo que si te puedo decir , que uno no va a la plaza pensando en los sentimientos del toro , al toro se le pica para que pierda un poco de bravura , al igual que las banderillas y despues el torero se enfrenta a él, con valentia y casta , el abaniqueo , la verónica ....... ya depende de que el torero sea bueno o malo .Tambien te digo que al animal se le respeta y si se le hace sufrir , por una mala faena del torero , se le castiga , es lo que hay.
Podemos entrar hablar del Kandepalleiro , que toda su puñetera vida está atado a la cadena , de como se hacia las matanzas hasta hace unos años , de las ballenas , de los burros que hay en un pueblo de malaga para pasear a los turistas , de los sentimientos delfines o las focas del loro park , no sé , puestos falar, Guiño .
Un abrazo corvo .
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 10:56
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

killoke escribió:
Hola Corvo al toro se le pica para que pierda un poco de bravura , al igual que las banderillas y despues el torero se enfrenta a él, con valentia y casta , el abaniqueo , la verónica ....... ya depende de que el torero sea bueno o malo .Tambien te digo que al animal se le respeta
...menos poética.. porque o toro perde un "moito" de bravura e o torero dedicase a marear o animal, non a enfrontarse a el.Non dudo que os coiden moi ben,pero o respecto é outra cousa.
Os touros non deixan de ser un espectaculo para o divertimento da xente o igual que o son os circos ou os zoos,eu non puxen en duda nada diso.
O porco matabase porque a xente necesita comer, o igual que o leon mata a cebra ou o cocodrilo;conven recordar que nos non deixamos de ser animais.
A diferencia e que nuns casos servimonos dos animais para fins utiles e noutros para fins puramente ludicos.
Por certo,o meu can anda por donde lle ben en gana e vive de puta madre Moi feliz
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 13:48
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

¿ Por qué non as corridas de touros e sí as de correbous ?
¿ por qué se prohibe as corridas de touros e non as de toros embolados,que tanto sufren,por moito que digan que non os matan.
Por tanto,...¿ por qué non as outras corridas que non sean as que comunmente conocemos de touros ?. Pensando

Friends forever
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 14:33
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

corroseguro escribió:
¿ Por qué non as corridas de touros e sí as de correbous ?
¿ por qué se prohibe as corridas de touros e non as de toros embolados,que tanto sufren,por moito que digan que non os matan.
Por tanto,...¿ por qué non as outras corridas que non sean as que comunmente conocemos de touros ?. Pensando
Pensando Confuso Pensando pois porque prohibir eso non "vende" tanto como prohibir as corridas de toros
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 15:09
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

corroseguro escribió:
¿ Por qué non as corridas de touros e sí as de correbous ?
¿ por qué se prohibe as corridas de touros e non as de toros embolados,que tanto sufren,por moito que digan que non os matan.
Por tanto,...¿ por qué non as outras corridas que non sean as que comunmente conocemos de touros ?. Pensando

Buf... eu vexo varias motivos (que non razóns) para velo dificil:

1.- O animal non morre, aínda que lle peguen, o faigan correr, lle tiren do rabo, que prendan lume ás bolas que lle poñen nos cornos... Habería que ver onde está a línea entre a tradición e o maltrato.

2.- Antes que isto, habería que prohibir: O toro da Vega de Tordesillas, a cabra despeñada de Manganeses de la Polvorosa, o toro de San Juan de Coria, etc. Ahí sí que morren os animais. Por certo, o pobre bicho que van acribillar en Tordesillas este ano xa está elexido, chámase Bananero e, como din moi ben no seguinte enlace, o nome está que nin pintado (polo da república bananera).

www.farodevigo.es/cart...56944.html

Bueno, e é para mexar e non botar gota o que din na web do concello de Tordesillas (toro y torneante deberán estar en igualdad de condiciones). Podían poñer o home a correr e darlle a lanza ao touro... Guiño

3.- O turismo tamén inflúe moito. Imaxina o que sería prohibir os Encerros (non digo as corridas) en Pamplona. ¿Qué político tería h... para facelo, e perder miles e miles de votos? ¿Que farían os hosteleiros cando o turismo caera un 80%?

Ocorrenseme mais razóns, pero quedan para outro día. Saúdos.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 29 Xul 2010, 16:01
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

Tes razón xianmenfroi. Creo que o resultado da votacion catalana fai facer entrar aos politicos en contradiccions, en ambiguedades,.....¡ menuda papeleta ! Pensando

Friends forever
french_mondariz

Montañés
Montañés
25/01/07
0 Carreiras
1387 Mensaxes
Villasobroso - Mondariz
Respostar citando Envío Ven, 30 Xul 2010, 17:53
Asunto: Re: Nova era en Cataluña

Mis padres recuerdan una propaganda muy progresista en el mayo del 68, "prohibido prohibir". Ahora hacer cuentas cuanto va a costar en cerrar e indemnizar a los negocios legales montados con el toro. Os recuerdo que la Adm Pub. debe indemnizar esas concesiones con 99 años de equivalencia. Hagamos números en tiempos de crisis





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos