Foros ›
Autor
Mensaxe
burriquero

Novo foreiro
Novo foreiro
23/03/10
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Mar 2010, 17:16
Asunto: Entrenamento novato

Hola a todos!!

Bueno, son novato nesto de correr e tamén no foro, de feito, este é o meu primeiro comentario, así que acepto tódalas correccións, críticas... e demáis Moi feliz
Tampouco sei se debería ir aquí, se isto merece un novo fío, se non movereino a onde sexa ....non sei, vós me diredes, o caso é que vexo xa moito escrito sobre os entrenos que cada un fai, pero quizáis non estea todo iso ó meu nivel, quizáis sexan para algo máis adiante.

Comentovos un pouco: Teño 30 anos e levo un par de meses saíndo a correr, gracias, ou máis ben, por culpa dun colega que me quentou a cabeza.
Bueno...non é que empezase de cero fai un par de meses, senón que sempre fun unha persoa "deportista" Disimulando , xoguei ó fútbol ata os 22, deixándoo por unha lesión, e dende entón sempre fixen cousas, desde natación 3,4 días á semana, outras épocas de tenis, e tamén outras nas que me poñía a correr e saía 2,3 ou 4 veces á semana, intercalado todo iso con meses nos que me poñía en plan vago e non facía nada (bueno, teño que dicir que destas ultimas, de vaguerío e sofá houbo bastantes..... Moi feliz ).
O caso é que lembro de pequeno ir a algunha carreira con meu pai, e sempre me quedei coas boas sensacións que me deixara o tema, así que animado por este colega que comento arriba, e co gallo de baixar uns quiliños, probei na carreira de Padrón, e tamén repetimos na de As Pontes, entrenando un pouco, e teño que reconocer, que estou un pouco "enganchado", encántame esa sensación de nerviosismo do comezo, a sensación durante a carreira de que a pesar de correr con moita xente corres contra ti mesmo e o teu corpo, e como non, a sensación de benestar e do traballo ben feito ó rematar.

O problema é que tampouco sei moi ben como entrenar, estou saíndo 2,3 ou incluso 4 días á semana, e gustaríame que alguén me orientase como debo facelo, como debería plantexarme o asúnto para sair a entrenar sobre 3 días á semana, algunha 4 e outras 2 (ASEJÚN Ríndose ),como combinalos de xeito de saca-lo mellor resultado deles.
Bueno, a finais do ano pasado saía tamén a correr un par de días á semana, ía a nadar e xogar ó tenis de vez en cando e incluso cambiaba as saídas pola elíptica cando chovía moito, e tras unha temporada metendo elíptica, notábame moito mellor despois correndo, a pesares de que saía poucos días a correr.

Agora sen embargo, estou un pouco empecinado co de "correr" e non noto esa mellora de sensacións.Saio a correr simplemente, 2,3 ou 4 días, meténdolle días dende 40´ata 80´, a ritmo baixo, eso sí, pero todo moi ó "TUN TUN", según me dea cada día e según me vaia o corpo.

Así que non sei, gustaríame que me derades consellos para organizarme un pouco, como debería organiza-las saídas, polo que vexo, leo que é moi positivo facer series algún día á semana..., se hai que entrenar con pulsómetro....

En conclusión gustaríame que o pouco ou moito que fago, face-lo o mellor posible, e aínda que hai momentos que teño que frenarme, posto que arrastro aínda unha lesión en forma dunha pequena descompensación pélvica, que me carga máis dun lado, pois espero que o aliciente das carreiras faga que non se quede en algo esporádico que me vaia durar 4 meses.

Bueno, sinto todo este chorizo, saíume un pouco larga a cousa Muro , saúdos
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Mér, 24 Mar 2010, 18:17
Asunto: Re: Entrenamento novato

Benvido!

Eu non son un experto pero podo darche algunhas indicacións.

Si podes busca un entrenador, hai algúns polo foro.

Si vas a entrenar 4 días á semana. Eu faría o seguinte:

Botar un mes facendo rodaxes para ir acostumbrando ó corpo (polo que vexo este paso pódelo saltar)

1 día: Cambios de ritmo (Fartlek) ou series cortas
2 día: Rodaxe
3 día: Series largas (1000, 2000)
4 día: rodaxe larga

Si o que queres é preparar carreiras sobre 10km ou medias deberías recuperar pouco tempo entre series. (1min 30seg)

MOI IMPORTANTE: Faille caso ó corpo e si che doe algo descansa e vai ó fisio.

Eu agora estou lesionado por non facer eso. Muro Muro

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
Pipe

Mods
Mods
8/01/09
0 Carreiras
6294 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mér, 24 Mar 2010, 18:37
Asunto: Re: Entrenamento novato

Bienvenido al foro, burriquero. La verdad es que da "cosa" llamarte así.

Estás en el foro correcto, el de Entrenamientos y técnica. Aunque, sobre el entrenamiento de los corredores populares hay un hilo ENORME abierto. Es cierto que te puedes perder entre sus más de 260 páginas escritas, pero así te darás cuenta que, como tú, somos muchos más los que tenemos dudas. Échale un vistazo cuando tengas tiempo; es curioso leer mensajes de foreros de hace años, que comenzaban a correr por afición... y que ahora llegan entre los primeros (o segundos) a meta.

Puedes seguir el hilo en este mismo foro o accediendo directamente al enlace: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=297

"El que no corre, vuela"

Esprintes Ourense
www.esprintesourense.es
burriquero

Novo foreiro
Novo foreiro
23/03/10
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Mar 2010, 11:35
Asunto: Re: Entrenamento novato

Gracias por contestar, un día destes armareime de paciencia e tentarei ler o fío que me indicas Pipe, a ver se saco algo en limpo

Sochas, sí, o que quero é ir a carreiras de 10km e a algunha media, pero o das medias por agora aínda non o vexo moi cercano; tamén me gustaría ser capaz de algún día baixar dos 4 min por km en 10, pero....non sei se entrenando so 3 días poderei chegar a esa meta.

O tema dos adestradores que me comentas que hai algún no foro, ¿como vai? ¿sabes algo?

Por certo Pipe, o de Burriquero é polo de "Trote Burriquero", por aquí polo foro xa lin que se utiliza outra animal para metaforizalo: o "Trote Cochinero" Moi feliz , pero eu vou seguir co estilo do burro que ten zancada máis grande e augura mellores resultados Mr. Green

Saúdos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos