Mér, 20 Xan 2010, 21:26
Asunto: Re: Propostas para unha posible media de Montaña no Barbanz
A segunda proposta, ten saída e chegada no mesmo sitio. En Bouzachán, que é o cruce onde está a pista asfaltada que ven de Runs, a que vai A Graña, a Iroite e a de terra que ven dende Nebra.
Ben, pois saída dende ahí cara A Graña, e despois coller a pista que vai hacia Enxa, para ao igual que na anterior, baixar ata Raña.
A segunda parte sería de Raña cara a Torón, deixando esta aldea a dereita e O Catadoiro a esquerda e seguir polo camiño cara a Sendia.
Despois ven a parte máis laberíntica do asunto, e a que menos coñezo, de feito se esto vai adiante tería que ir a recoñecer o terreo.
Despois Foloña,Castrallón e Leste, para subir ata Calo, de alí xa todo o rato pola pista de terra cara arriba ata Bouzachán.
Chegando arriba iríamos por onde saímos ata aldea de A Graña, esta vez metémonos por ela, para ir pola pista de terra ata Noceda, para seguir como se fóramos a Balteiro pero xa volvendo pola pista que ven dende Runs ata Bouzachán, onde comenzou todo.
www.subeaobarbanza.blogspot.com