Mar, 07 Mar 2006, 0:31
Asunto: Consello
Alpha:
Se fas 40 min. en 10 quilómetros, 1,41 na media, e te consideras un novato, está claro que tés unhas moi bóas condicións para divertirte correndo. Esa é a clave, divertirse, progresar, e sentir como evolucionas paulatinamente.
Ademáis dos sabios consellos de Charly, Yomismo e Paquete eu douche un consello: intenta sair de 3 a 4 días por semana antes de un obxectivo concreto.
A) Dous días suaves, caprichosamente suaves de 1 hora cada ún.
Un día lixeiro (entre 20 e 30 seg. máis por quilómetro máis lentos ca nunha carreira de 10.000), no teu caso a 4,30 durante 20 minutos, descansa 3´ e outros 20 minutos.
C) E o 4 día día correr 1 hora e 15´a ritmo suave, tentando rematar en progresión (Sóese facer o domingo. Cando vaias avanzando, xa che chegará o tempo das series e dos intervalos e do fartlek.
E NUNCA:
* Máis de 3 días seguidos de entreno.
* 2 días de velocidade ou series consecutivos.
* Deixes de estirar despóis do entreno.
* Deixes pasar a oportunidade de facer abdominais e lumbares.
* Deixes de te hidratar con xeito antes e despóis de correr. E no dia da "tirada larga" durante a carreira tamén.