Dom, 15 Xan 2006, 21:11
Asunto: Xinzo
Amigo Celanova:
Hoxe pola mañán estiven vendo o Cross de Itálica (Sevilla), e había uns etíopes, keniatas e eritreos que corrian a 2:55 en herba, e con subidas e baixadas.
¿Qué é iso de atrás ou adiante? Eu seguro que neste cross, chegaría a varios minutos dos doblados (que houbo varios).
Se análisamos as carreiras pedestres coma algo competitivo, tan só ten sentido competir contra un mesmo. Sempre existe na vida a dialéctica entre compararse e contemplarse.
Eu se me contemplo síntome moi ben comigo mesmo porque progreso máis do que eu mesmo esperaba fai dous ou tres anos; pero se me comparo son moi mediocre porque son realmente do montón.
Ademáis, Celanova, ti sempre fuches un exemplo de orgulllo, sentido de equipo e camiseta, competitividade ben entendida, e nobleza no deporte: no C.V. , nos xogos do Sector de Futbol (como lider dentro e fora do campo), nos xuvenís do Celanova, no Pincha Precios, nos Suaves, e nos últimos tempos na BTT.
Unha aperta, e vémonos en Boborás...