Sáb, 11 Feb 2006, 20:31
Asunto: Fermoso
Foi moi agradable pórlle rostro aos que compartimos este espazo virtual. Estou desexando ver a foto que o Sr. Adm. colgue na páxina.
Temperatura excelente, co único problema do vento, que nos quilómetros 4 e 10 daba con moita forza.
A carreira fíxoseme durísima. Prepareina mal, cheguei moi pesado, e desmotiveime a partir do qm. 8 ao ir totalmente sóo. Non sei a distancia que percorremos. Eu creo que estaba arredor dos 12,6 quilómetros.
Xente de Noia, de Compostela, de Ourense, de Grove, etc.
Moi chaira, salvo na entrada das pontes que se atravesaban e moi alta participación, quizais superior ás previsións da organización.
Tentarei lembrar as caras de Mario, Pitti, Suso, Ferrolano, e Edu Morais, e dalgún máis: esto foi, sen dúbida o mellor desta carreira de Padrón.
Ata a próxima.