Foros ›
Autor
Mensaxe
diego080782

Organización
Organización
28/11/08
0 Carreiras
993 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 17 Xan 2009, 13:20
Asunto: carreiras do circuito

Que datos mirades para engadir as carreiras? rexidesvos por algunha baremacion? dificultade, popularidad da proba?
Solo son carreiras de galicia ou poden entrar foraneas como a de viana do castelo do dia 25?
Sei que son moitas preguntas pero se me respondedes a algunha xa estaria contento.
[align=right]1 saudo
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Xan 2009, 15:40
Asunto: Re: carreiras do circuito

Para que unha carreira entre no circuito ten que a organización da proba solicitalo, comprometéndose a remitir a clasificación da proba na que aparezan homes e mulleres. En canto a baremación das probas aparece no menú principal premendo no apartado circuito 08/09 e a súa vez en calculadora. Por último, en canto a probas de fora de Galicia non entran.

Se cometo algunha inexactitude que algún correlega me corrixa.

Saúdos
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3128 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Dom, 18 Xan 2009, 10:35
Asunto: Re: carreiras do circuito

- Carreiras puntuables: aquelas nas que homes e mulleres participan na mesma distancia e cunha clasificación conxunta.

- Baremación: coeficiente segundo a distancia. En probas duras polo seu perfil (subida Monte Aloia, Monte de San Roque...) este coeficiente pode ser un puoco maior do que lle correspondería por distancia.

- Localización: este ano só entran carreiras galegas por motivos de facilitar a xestión do Circuito.

Espero que fóra de axuda.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Xan 2009, 22:36
Asunto: Re: carreiras do circuito

Admin escribió:
- Carreiras puntuables: aquelas nas que homes e mulleres participan na mesma distancia e cunha clasificación conxunta.

- Baremación: coeficiente segundo a distancia. En probas duras polo seu perfil (subida Monte Aloia, Monte de San Roque...) este coeficiente pode ser un puoco maior do que lle correspondería por distancia.

- Localización: este ano só entran carreiras galegas por motivos de facilitar a xestión do Circuito.

Espero que fóra de axuda.

A carreira de Boborás pódese considerar de dureza media por ser cross polo monte, con dúas subidas longas.
???????????????

www.jeffxavi.blogspot.com
Pache

Maratoniano
Maratoniano
3/10/06
0 Carreiras
797 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 7:54
Asunto: Re: carreiras do circuito

...Pues que esta carrera que es casi un 10000 por monte con 2 cuesta largas con tramos del 8 %, donde la gente hace mucho más tiempo por Km, tenga el mismo baremo que la Corre con nos de 4km en llano...a mí las cuentas no me cuadran Nono
En cualquier caso es una sugerencia para venideras carreras...no una exigencia.
Gracias por vuestra dedicación al circuito. Guiño
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 8:57
Asunto: Re: carreiras do circuito

Eu penso que este ano o sistema debemos deixalo asi porque funciona ben Angel , pero se hai futuras edicións o que se debería cambiar é o coeficiente e facelo por unidade kilométrica como se dixo en outra intervención con respecto o mesmo tema. É dicir, se por exemplo ,lle asignamos un valor de 0.1 a cada km, podia ser que a marathon tivera 4.5 de coeficiente(subindo un pouco os 4.2 para darlle o plus que se merece) e a media marathon 2.25 (o mesmo redondeo que no marathon) e a partir de aí pois 1.5 en 15 kms, 1 en 10 kms, 0.4 en 4 kms, etc. Pero só como suxestión para vindeiras edicións e para que o valor obxectivo (o do tema das costas e demais factores quizais é algo mais subxectivo e dificil de valorar Pensando ) de cada proba se corresponda cos kms disputados.

Saudos

Se eu puiden, ti tamén...
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 15:44
Asunto: Re: carreiras do circuito

O tema do coeficiente variable tal e como plantexa tartarugo xa foi tratado e preferiuse facelo por tramos porque, como observaredes moitos, a distancia das probas (incluso das mais senlleiras como a 'camiño de santiago') non é exacta segundo con que sistema de medición se tome e teríamos que "certificar" as distancias...

O tema da dureza; dende logo polo de agora estamos aplicando un criterio 'apreciativo' que non nos permite indicar 'a priori' si unha proba ten este ou aquel coeficiente; teremos que estudar un criterio obxectivo para este asunto tratandose o noso dun pais que non se caracteriza por ser chan.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Lois

Foreiro Senior
Foreiro Senior
22/10/07
0 Carreiras
472 Mensaxes
Ourense, A Valenzá
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 21:33
Asunto: Re: carreiras do circuito

Admin, Kandpalleiro, quixéravos propor que establezades un criterio a propósito de engadir carreriras no calendario do circuito en datas próximas á celebración das mesmas.

O meu plantexamento xurde polo seguinte: ó non ver nada no calendario do circuito para os días 24-25, apunteime a Meia de Viana, e agora que vexo que a de Rábade é "puntuable" teño a tentación de non ir a Viana e ir a Rábade...

Entendo que por un lado está ben promocionar as carreiras propias (galegas), pero que se debería evitar a inscripción infructuosa a outras carreiras, entendendo que se xenera un trastorno para os eméritos organizadores.

Tende en conta que incluso se poden xerar conflicto entre 2 ou máis carreiras galegas. Confuso

O que propoño é simplemente que para incorporación de probas marquedes un límite máximo de proximidade a data de celebración (tendo en conta os períodos habituais de peche de inscripción).

Así cada quen pode esperar a ver o calendario regularmente, e anotarse as carreiras que mais satisfagan os seus criterios persoais, entre os cales parece indiscutible que está o de participar en carreiras puntuables.

Grazas polo circuito e as miñas felicitacións polo voso traballo (esforzo+resultados) :=D>

Saúdos.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 21:37
Asunto: Re: carreiras do circuito

Lois escribió:

Publicouse hoxe que se engadía Rábade non??? Semella que un pouco tarde verdad???

Que acontece con Mos???

Lois, se vas a Rábade eu acompañote se queres, pero non pra correr, senón pra pasar o día, que estou có Aquiles tocadísimo

www.jeffxavi.blogspot.com
Lois

Foreiro Senior
Foreiro Senior
22/10/07
0 Carreiras
472 Mensaxes
Ourense, A Valenzá
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 21:49
Asunto: Re: carreiras do circuito

Ó final estou nun lío en canto ó correcto da miña actuación:
. Manter a inscripción de Viana
. Ou satisfacer a miña ambicion de puntos en Rábade.

Teño que pensalo. Pensando

En calquera dos casos, si fose a Meia Maratona, e che apetecese e podes, tamen creo que vai haber un moi bo ambiente de coñecidos en Viana.

Se che parece imolo falando ó longo da semán, xa que por outra banda a min tamén me está a molestar un pouco o rotuliano do xeonllo esquerdo. Chorando
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 21:53
Asunto: Re: carreiras do circuito

ok meu, se decides en ir a Viana tamén me animo acompañarte e ata podemos xantar por ali.Falamos, unha aperta

www.jeffxavi.blogspot.com
Lois

Foreiro Senior
Foreiro Senior
22/10/07
0 Carreiras
472 Mensaxes
Ourense, A Valenzá
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 22:02
Asunto: Re: carreiras do circuito

JEFFXAVI escribió:
ok meu, se decides en ir a Viana tamén me animo acompañarte e ata podemos xantar por ali.Falamos, unha aperta

De feito tomarlle un bacallao ou calquera dos moitos pratos dos nosos veciños é un aliciente en si mesmo para ir a carreira... Ríndose
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 22:06
Asunto: Re: carreiras do circuito

Lois escribió:
Ó final estou nun lío en canto ó correcto da miña actuación:
. Manter a inscripción de Viana
. Ou satisfacer a miña ambicion de puntos en Rábade.

Lois non te comas "o tarro". Fai o que te apeteza. Calquera decisión é correcta tendo en conta as circunstancias que comentaches. Desde logo o teu comentario amosa un sentido da responsabilidade digno de salientar.

Un saúdo
rafita

Montañés
Montañés
13/10/08
0 Carreiras
774 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2009, 23:10
Asunto: Re: carreiras do circuito

Lois animate a Viana e nos metemos un bacalhau de esos a medias

saudos
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Mar, 20 Xan 2009, 6:12
Asunto: Re: carreiras do circuito

Lois escribió:
O que propoño é simplemente que para incorporación de probas marquedes un límite máximo de proximidade a data de celebración (tendo en conta os períodos habituais de peche de inscripción).

O problema é que o motivo para ir publicando si as carreiras puntúan cando se fai non é outro que coñecer si a organización vai ofrecer resultados compatibles. Eu entendo o que plantexades porque, como todo corredor, gosto de planificar o 'traballo' mais, polo de agora, a cousa está así.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos