Foros ›
I ANDAINA DO PEREIRO: RUTA DOS MUIÑOS
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Set 2008, 14:52
Asunto: I ANDAINA DO PEREIRO: RUTA DOS MUIÑOS

A PRIMEIRA ANDAINA DO PEREIRO DE AGUIAR terá lugar o 21 de setembro a partir das 10.30 horas.



A proba discorrerá ó longo do Río Loña, disfrutando dun entorno moi agradable, e coñecendo os diferentes muíños que antigamente foron unha fonte de ingresos para a xente do lugar. Visitaremos o encoro de Cachamuíña (recentemente acondicionado), voltando cara o río Loña polos montes da Chaira. O percorrido ten unha lonxitude de 15 km.



DATA: Domingo 21 de Setembro de 2008
HORA: 10.30 Horas
ORGANIZA: Concello de Pereiro de Aguiar.
SAÍDA E CHEGADA: Campo de Fútbol da Caravina (Loñoá)
LONXITUDE: 15 km.
INSCRICIÓNS: As inscricións realizaranse en: CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR (Antiga casa do concello) Telefono 988.25.98.39 Fax: 988.25.93.95 Tienda de deportes "Red 1" Rúa da Sainza, 18. Ourense



O importe será de 3 euros por persoa · As datas de inscrición serán do 1 ó 18 de setembro (ambos inclusive) · Haberá un limite de 250 participantes · O ingreso farase no nº de conta de Caixanova 2080 0326 1 1 0040007438, indicando nome e apelidos do participante. En calquera caso terase que envíar por Fax ao nº 988.25.93.95 o xustificante bancario de ingreso na conta.



RECOMENDACIÓNS E DETALLES DA ORGANIZACIÓN DA ANDAINA:
O importe será de 3 euros por persoa
As datas de inscrición serán do 1 ó 18 de setembro (ambos inclusive)
E preciso estar na SAIDA 20 minutos antes do comenzo da proba para que os participantes que fagan a reserva telefonicamente, recollan o dorsal.
O ROTEIRO está debidamente sinalizado, e o longo do percorrido haberá persoal da organización.
Habrá varios puntos de AVITUALLAMENTO
1º AVITUALLAMENTO: Área recreativa de Santa Marta (KM. 3,00) (BEBIDAS)
2º AVITUALLAMIENTO: Embalse de Cachamuíña (KM 7.400) ( BEBIDA E COMIDA)
3º CAMPO DE FUTBOL DA CARAVINA (15,00 KM) (BEBIDA) E XANTAR O REMATE DA PROBA NA ÁREA RECREATIVA DE LOÑOA.
DUCHAS: Vestiarios do campo de fútbol
Non poderán participar menores de 18 anos,(menores de idade baixo a responsabilidade dos seus pais)
Non tirar o lixo polo chan.
Levar en todo momento o dorsal a vista
Levar roupa axeitada para camiñar
En caso de abandonar a proba, notificalo a organización
Pasar polo control de chegada, para dar o número do dorsal e recoller o regalo conmemorativo
AGASALLOS: Despois do xantar, efectuarase un sorteo de agasallos achegados polos diferentes patrocinadores.



www.jeffxavi.blogspot.com
Cativo

Novo foreiro
Novo foreiro
20/06/08
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2008, 19:28
Asunto: Re: I ANDAINA DO PEREIRO: RUTA DOS MUIÑOS

Eu xa me apuntei, alguen sabe como chegar a saida
Moitas grazas
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2008, 22:16
Asunto: Re: I ANDAINA DO PEREIRO: RUTA DOS MUIÑOS

Cativo escribió:
Eu xa me apuntei, alguen sabe como chegar a saida
Moitas grazas

Maña márcoche coma chegar dende Ourense con Google maps

www.jeffxavi.blogspot.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos