Foros ›
V andaina "Ourense Termal"
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Xuñ 2008, 12:47
Asunto: V andaina "Ourense Termal"

V ANDAINA OURENSE CAPITAL TERMAL
A V Andaina Ourense Capital Termal celebrarase o domingo 15 de xuño a partir das 8 horas, con saída e chegada nas Termas de Outariz. O percorrido será de 28 quilómetros e discorrerá pola beira dos ríos Miño e Lonia, atravesando lugares emblemáticos da cidade como son o Castro de Santomé o Camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro y Sartédigos, e fundamentalmente pola zona termal do Río Miño, polas termas do Muíño e de Outariz, que lle dan nome a proba e proporcionan á Andaina un espírito de sosego e paz.

REGULAMENTO

1.- INSCRICIÓN

O custo da inscrición é de SEIS EUROS (6 €) deberá de facerse efectivo na máquina expendedora do Pavillón dos Remedios ou nas contas bancarias:

Caixanova 20800260820040074423

Caixa Galicia 20910450473110002450

Co comprobante de pagamento realizarase a inscrición en:

Pavillón dos Remedios
Rúa Pardo de Cela, 2
32003 Ourense - 988 370 539

Deportes Redonet
Rúa Ervedelo, 21
32002 Ourense - 988 222 692

No momento de realizar a inscrición, os participantes recibirán un polo conmemorativo da proba.

Data de inscrición: dende o 2 o 13 de xuño.

Número de participantes: máximo 600

Idade mínima : 18 anos

2.- SAÍDA E CHEGADA

Saída: Ás 8 horas das Termas de Outariz.

É preciso estar na saída quince minutos antes do comezo da proba.

Ás 7.30 horas sairán dos Remedios dous trens para trasladar os participantes que o desexen as Termas de Outariz.

Na estrada de Alongos poderase aparcar durante o tempo da proba.

Chegada: O tempo máximo é de 7 horas (final da proba ás 15 horas)

A chegada haberá agasallos sorpresa.

3.- BALIZAMENTO

En cor branca e amarela. Cada 50 metros cinta de cor amarela co anagrama do Consello Municipal de Deportes de Ourense

4.- AVITUALLAMENTO

O longo do percorrido haberá catro puntos de avituallamento, coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.

Estarán situados en:

1.- Baixo Ponte Novo (km. 5,2).- Auga
2.- Os Viros (km. 10,3).- Auga e refrescos
3.- Baixo Ponte Ctra. de Santiago (km. 15,3) Auga, refrescos e froita
4.- Astrés (km. 21) Auga
5.- Outariz (km. 28) Auga, refrescos, cervexa, froitos secos, froita, bocadillos e agasallos sorpresa.

5.- CONTROIS

Os controis estará situados nos puntos de avituallamento. Tódolos participantes terán a obriga de pasar por eles.

6.- RECOMENDACIÓNS

É aconsellable levar unha gorra ou viseira, imprescindible para protexerse do sol e evitar insolacións.
Crema de protección solar a ser posible de máxima protección.
¡COIDADO COAS VINCHOCAS!. Elixi-lo calzado máis adecuado, preferentemente zapatillas.

Nas termas de Outariz atenderase aos participantes que o precisen con tódolos coidados necesarios.

Haberá baños termais e duchas para os participantes.

A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles os participantes, pero tratará por tódolos medios de evitalos.

É recomendable que os participantes dispoñan de licenza federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidentes ao longo do percorrido.

7.- OBSERVACIÓNS

Se en calquera momento da proba algún/ha participantes se amosa canso/a ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participantes ou se é posible, achegarse ó control máis próximo. A Organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.

¡RESPETA O MEDIO AMBIENTE, NON TIRES LIXO O CHAN!

Datas:
Data de inicio: 15/06/2008
Data de fin: 15/06/2008

Horario:
De 08.00 horas a 15.00 horas


Lugar de celebración:
Saída desde as Termas de Outariz


Billeteira:
Prezo: 6 euros

Organizado por:
Concellaría de Deportes - Consello Municipal de Deportes, Tenencia de Alcaldía - Deportes, Clube Universitario de Cultura e Ocio

Consello Municipal de Deportes de Ourense

www.jeffxavi.blogspot.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos