Dom, 01 Xuñ 2008, 0:36
Asunto: Re: VIII Memorial Manuel Barros (Gondomar )
Contra!!, vou ser o primeiro
Cheguei ben de tempo e habia que aparcar lonxe, cousa boa, logo moita xente haberá
E iso estaba de bote en bote, xente quecendo por todas partes, un exitazo. E un día estupendo, 20 gradiños, sol entre nubes. Eu a medias, toda a semana de gripazo, desde Betanzos, e practicamente recuperado pero non para correr ben e sen facer nada en toda a semana, como é lóxico. E o nariz escocito de tanto sonarme...
Sain tranquilo que con facer perto do ano pasado (40:20) xa quedo feliz.
E por se tiña alegrias ou tentacións o corpo xa me avisaba que non tirara de máis, pasei os 5 a 20:15, logo a cousa vai sobre o previsto pero coidado que non estou para festas, ao final 40:40 aproximadamente.
Moita xente e todo ben organizado, a única pega é que imos apretados de máis pola estrada de A Ramallosa, en fila de a dous e con coidado, temos pouco máis que o arcén.
E xa non vou participar en máis carreiras, agás a de San Xoán o luns 23 se non hai nada que o impida, por que saimos de contas a mediados de xullo, e aproveitarei para facer o descanso pertinente, e volver á comezar en agosto con ganas os rodaxes longos e lentos.
Desta temporada non me podo queixar, mesmo cos dous meses de sequia en outubro e novembro
, de onde aprendin o malo de entrenar moito senon podes descansar ben.
Saudos a tod@s e boas noites.