Foros ›
Autor
Mensaxe
Kebebe Deprisa

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Dom, 16 Out 2005, 11:02
Asunto: Clasificación de Rois

Acabo de ve-la clasificación e ten que haber un erro:No posto 10 figura Israel Benítez e tamén o mesmo polo posto 80,e por outra banda Miguel Cabo non aparece,e quedou entre os 15 primeiros.Polo demáis,ben a non ser polo reparto de camisetas,que houbo quen se embolsou un feixe delas e outros quedáronse coas ganas.O das categorías parece que se xeraliza e en vez de favorecer ós atletas por igual,perxudica enormemente: esas edades en que un xa non pode competir en igualdade de condicións.Cada organización fai o que lle da a gana e as categorías oficiales poucas veces se teñen en conta.Aínda así,moi bo recorrido e mellor ambiente atlético.Un bo recordo
boullón

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Lun, 17 Out 2005, 10:46
Asunto:

Falando das clasificacións, alguién me podría decir en que tempos chegaron os primeiros...e si vos parece que a distancia de 6,5 km estaba ben medida. A mín me parece que salía bastante menos porque se non fixen un tempo de escandalo dentro das miñas posibilidades.
etíope

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Lun, 17 Out 2005, 11:29
Asunto: carreira de rois

Hola sobre os tempos non che podo decir nada, pero si das distancias, non 6,5 senon que 6 Km.
A carreira pareceume moi bonita a tódolos niveis; percorrido, participación, ambiente,...
Un saúdo atodos
elena miguens

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Mér, 19 Out 2005, 17:51
Asunto: carreira de Seira-Rois

benqueridos amigos e amigas:
Son a membro principal da organización da carreira de Seira, no Concello de Rois e quixera antes de nada, dar a grazas a todos e a todas pola grande participación deste ano. Isto anímanos, sobre todo a persoas que coma mín ten unha grande islusión e cariño ás carreiras populares e de pouco presuposto, logrando o fin de diversión, amistade e deporte entre todos e todas.
Por outro lado quixera aclarar algunhas cuestións que se estan a plantexar no foro para que non leve a equivocacións; logo cada quén que diga o que entenda.
Primeiro quixera explicarvos para quen non o sabe que esta carreira está orzamentada con moi poucos cartos (500 euros) e con moito traballo de peticións e voluntariado, polo tanto non hai mais trofeos para as categorías porque non podemos. De todos modos, cada ano intentamos incrementar o número de categorías, sobre todo para os de maior idade, pero logo non podemos.
Segundo: As clasificacións só podemos ofrecervolas polo nº de dorsal e nome, pois temos que ir buscandoo un a un. Xa é ben sabido que o facemos todo a man. Non me imaxino o que sería se chovese. Hai que telo en conta para o ano, pero os tempos non os podemos facilitar non temos tantos adiantos. Temos por exemplo en moitos lugares carreiras levadas a cabo por xuices da federación e tampouco o logran facer e eles cobran.
As camisetas é un caso que persoalmente me doeu moito, pois foi un dos anos que mais camisetas conseguín (200 -doadas por un viciño) e intentando que todos e todas os que correron a carreira principal levaran un detalle puxen a unha amiga a repartilas, e sorpréndenme coa información de que houbo xente que lle amarraron as mans para poder levar o maior nº de camisetas para a casa. Iso é algo que desborda o meu pensar deportivo. Creo que ante todo hai que ter educación e respecto cara as persoas, ben sexan da organización, que boamente conseguimos gratuitamente ese detalle, como para a persoa que as repartía (francamente era a primeira vez que me axudaba e quedou asustada e dorida do comportamento). Eu xa sei que non todos somos así pero a imaxe foi deprimente.
Con respecto á distancia quixera aclarar que forono 6 km.xustos, pois quixemos eliminar un cacho de percorrido que pensamos había perigo de accidente, por haber unha curva moi perigosa e por iso se acortou, pero en próximas carreiras se correxirá ese dato.
Por todo isto, só me queda dárvolas grazas igualmente a todos e a todas por participar, especialmente ó meu clube de atletismo que traballamos a reo, e con moito agarimo cara todos e todas, e a esas casas colaboradoras con agasallos que puxeron un grande gran, como sempre, para que unha proba atlética feita con amor supere as perspectivas de outras que invirten só moitos cartos. No noso caso non pode ser.
Lamento e pido disculpas, a todos/as os/as cos que tivemos algún erro que espero non sexa tan grande como para non confiar outro ano en nós. Non podemos estar en todo, e unha organización pode facelo mellor ou peor, pero sempre coa axuda de todos e todas vos. Grazas d todo corazón.
un de Marín

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Mér, 19 Out 2005, 22:29
Asunto: carreira

Amiga Elena ti non tes que pedir disculpas, si algun levou moitas camisetas que lle aproveite e que volva que para o ano tendrá mais,lembrome daquel ano que chovia e tivemonos que abrigar no campo de futbol.xa choveu e so pedir que tiña ganas de correr en Dodro.
Cansino

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Xov, 20 Out 2005, 14:23
Asunto:

Elena, moitas felicitacións pola carreira e pola traballo desinterasado que realizades todolos anos para que siga adiante. Os premios son unha verdadeira chulada e a carreira e das máis bonitas do circuito, o digo en serio (recorrido por aldea, mezclando partes de cross).. Un saudo, e ata o ano que ven





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos