Lun, 14 Abr 2008, 15:14
Asunto: Re: casi-athleta se presenta
Primeiro de nada darche a benvida e desesarche boa sorte e que disfrutes moito con esto tan simple de correr.
Como pides algun consello pois voucho dar, inda que se cadra non levo moito nesto como para andar a aconsellar. Polo que lin polo foro, preguntas moito polas distancias das carreiras, para evaliar como progresas e tal.
Penso que para determinar a evolución que se vai tendo é máis adecuado fixarse nos adestramentos de todos os días que non na competición que fas unha vez á semana. Fíxate nos pasos que fas no mil ou nalgunha referencia fixa cando rodas, ou como andas en entrenos de series se os fas.
Pode ser unha boa idea levar nota dos adestramentos, con ritmos, km, etc.
Nas carreiras populares polo xeral so podes ver a evolución na mesma proba dun ano pra outro. Para ter tempos e distancias comparables sempre hai que ir á pista....
Vémonos nas carreiras!