Foros ›
XXII M.M. TERUEL 07/11/2026 (CRÓNICA
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
547 Carreiras
3970 Posts

Reply with quote Post Mon, 26 Oct 2026, 19:15
Post subject: XXII M.M. TERUEL 07/11/2026 (CRÓNICA

En 12 días conto correr esta media maratón, vai pola sua 22 edición. Son 3 voltas a un percorrido urbano, xa hai moitos anos que non corro unha media a 3 voltas.
Os anos anteriores moi pouca participación e este vai polo mesmo camiño, a unha semana do peche das inscripcións só 165 na media, a ver se chegan os 200, se non imos ir moi espaciados.
O mesmo día como é un percorrido a 3 voltas fan tamén unha carreira de 7 kms. e outra de 14 Kms., pero incomprensiblemente estos saen xuntos, pero 10 minutos máis tarde ca nos.
Nestes momentos 368 anotados nas 3 probas, saindo xuntos non estaría tan mal a cousa.

Respecto o perfil, atopei que é bastante exigente, con continuos tobogáns e un desnivel acumulado de 220 mts.
A inscripción vai por tramos de 25€, 27€ e agora o final de 29€, ca licencia de día da federación, eu anotado no 2º tramo.
A ver que tal vai a cousa.

www.hj-crono.es/evento...eruel-2026


Last edited by Kurty on Mon, 09 Nov 2026, 21:38; edited 1 time in total
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
547 Carreiras
3970 Posts

Reply with quote Post Wed, 04 Nov 2026, 19:36
Post subject: Re: XXII M.M. TERUEL 07/11/2026

Rematadas as inscripcións, entre as 3 distancias 513 corredores.
Na media 204, poucos como en anos precedentes, magoa non correr cos de 14 Kms, que son 134, así polo menos 2 tercios da carreira ainda seríamos un número axeitado.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
547 Carreiras
3970 Posts

Reply with quote Post Mon, 09 Nov 2026, 22:05
Post subject: Re: XXII M.M. TERUEL 07/11/2026 (CRÓNICA

De volta desta nova viaxe, na capital de provincia con menos poboación de España algo máis de 37000 habitantes, coñecida polo seu frío e famosa polo arte mudéjar, os amantes de Teruel e o seu Xamón, como o máis destacado. Ainda que tamén descubrín as construccións modernistas do centro da cidade e os refuxios antiaeros da guerra civil, xa que foi unha das cidades máis destruidas durante a contienda.
Cheguei o venres a tarde e xa aproveitei para facer unha visita guiada na fundación amantes de Teruel. Despois xa fun buscar o dorsal, os organizadores da proba Atletismo Teruel Parque, moi atentos e amables, ademáis moi sorprendidos de que fora dende Galicia a correr.
O sábado tiña unha visita guiada pola mañán, polo que despois de comer xa me quedei a facer tempo dando un paseo e despois nunha terraza ata a hora da saida.
Tarde fabulosa para correr, temperatura moi agradable e nada de aire. Saida e meta no punto neurálxico da cidade a Praza do Torico. Eu como case sempre de moi atrás, non eramos moitos (rematamos 168) así que enseguida paso polo arco de saida e toca dar 3 voltas o percorrido.
Escomenzamos en baixada e ó pouco a constante desta carreira longas subidas ainda que sen un desnivel excesivo, sacando 2 delas dentro do casco histórico e as suas correspondentes baixadas.
Eu co obxetivo de disfrutar da carreira sen ir pendente do crono, e con baixar de 1h45' xa me daba por satisfeito.
Animación non había moita, salvo nos pasos polo casco vello e nalgún sitio puntual. Pese a ser 3 voltas non se me fixo monótono, ademáis había varios grupos de animación e ainda que en cada volta fun empeorando o ritmo, rematei cun máis que aceptable 1h43'36 e forzándome moi pouquiño.
Despois de beber fun a ducharme e voltei, a praza a tomar algo, xa que había un máis que xeneroso avituallamento, aproveitando para tomar uns cantos pedazos de xamón entre outras cousas.
Recordoume moito o fin de festa dos 21 do Camiño, con corredores e resto da xente comendo do que había.
Despois no aloxamento mirando as clasificacións vin que quedei de 4º na miña categoría, sacándome o 3º so 42 segundiños, (os dous primeiros competían noutra liga), de ter sabido que tiña algunha posibilidade de quedar 3º si que houbera forzado a máquina bastante máis.
Contento con facer unha media máis e Aragón finiquitada.
Saudos.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum