Foros ›
Maratón de Sevilla (15/02/26)
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
343 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Wed, 21 Jan 2026, 10:18
Post subject: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Estou anotado á maratón de Sevilla, pero non vou poder correla por lesión. Como estiven agardando ata o último momento, pasóuseme a data de cancelación Muro , e a pesar de que quedan 3 semanas non houbo maneira de que metesen a outro no sitio, así que me teño que comer o dorsal.
Vou ir igualmente a Sevilla, así que recollerei o dorsal. Se a alguén se lle pasou a data de inscripción e aínda lle interesa correla, que mo comente e miramos como facemos Pensando
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
222 Posts

Reply with quote Post Sun, 25 Jan 2026, 12:44
Post subject: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Sevilla sempre é bo sitio para ir jaja!!
Eu estiven inscrito pero no seu día tiven que darme de baixa por cuestións familiares nesta finde.
A ver se para o ano...
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
343 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Mon, 26 Jan 2026, 7:47
Post subject: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Xertiz escribió:
Sevilla sempre é bo sitio para ir jaja!!
Eu estiven inscrito pero no seu día tiven que darme de baixa por cuestións familiares nesta finde.
A ver se para o ano...
Eu tamén intentei darme de baixa, pero o último día era o 11 de xaneiro (só se contrabas o seguro de cancelación -nada barato, por certo: 15€-), e cando o quixen facer (o 18), xa foi imposible (non sei ben por que). Aínda que o primeiro culpable son obviamente eu, parecéronme moi intransixentes co tema, a pesar de que aínda tiñan a lista de espera aberta e con case un mes para a proba. Teño certo desencanto coa organización, pero bueno, a carreira en si, pinta ben. O dorsal supoño que acabará nunha papeleira en Sevilla, e probablemente máis de un na lista de espera sen poder correr....
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
524 Carreiras
3895 Posts

Reply with quote Post Mon, 26 Jan 2026, 19:46
Post subject: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

En facebook, hai unha páxina que se chama "mercadillo de dorsales", que é para a venda de dorsales, a cal cando se acercan as datas de celebración de grandes eventos, está moi movida pola oferta e demanda de dorsais.
Esta semana pasada na media de Sevilla ducias de ofertas, xa que ao estar pechado o tráfico ferroviario entre Sevilla e Madrid moita xente non pudo ir.
Sempre é unha opción para recuperar algo do que te valeu a inscripción.

Saudos e a recuperarse.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
343 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Tue, 27 Jan 2026, 8:38
Post subject: Re: Maratón de Sevilla (15/02/26)

Kurty escribió:
En facebook, hai unha páxina que se chama "mercadillo de dorsales", que é para a venda de dorsales, a cal cando se acercan as datas de celebración de grandes eventos, está moi movida pola oferta e demanda de dorsais.
Esta semana pasada na media de Sevilla ducias de ofertas, xa que ao estar pechado o tráfico ferroviario entre Sevilla e Madrid moita xente non pudo ir.
Sempre é unha opción para recuperar algo do que te valeu a inscripción.

Saudos e a recuperarse.

Antes de nada, gracias, creo que algo vou mellorando, pero espero non caer na tentación de probar o día da maratón Rezar (se non lograse colocar o dorsal antes, claro).

Graciñas tamén polo desa páxina; teño algunha outra vía aberta antes, pero senón supoño que lle botarei un vistazo.

O penoso de todo esto é que intentei facer ben as cousas e a organización pechouse en banda. É un pouco triste -pero desgraciamente frecuente- que antepoñan os intereses económicos antes que axudar ós participantes. Despois nos preguntamos por que unhas probas teñen máis éxito que outras (en Valencia podes facer cambio de dorsal ata uns días antes). Por certo, falando de facer ben as cousas, aínda me lembro dunha maratón onde era gratis inscribirse se antes correras o 10k e a MM da correspondente cidade, chegando a ter máis de 1k de finishers. Qué curioso que anos despois se deixara de celebrar por "baixa participación" Pensando





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum