Foros ›
XXXIII M. MARATON AVILÉS 03/11 (CRÓNICA)
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
497 Carreiras
3792 Posts

Reply with quote Post Mon, 07 Oct 2024, 19:34
Post subject: XXXIII M. MARATON AVILÉS 03/11 (CRÓNICA)

Aproveitando a ponte de todos os santos, correrei esta media maratón a cal xa fixen hai moitísimos anos, ainda que o percorrido non se parece en nada.
Acabo de inscribirme agora, xa que mañán pasa de 15 €+3€ da licencia de corredor a 28€, se non tes a licencia.
Poucos inscritos, neste momento só 208, algún máis o fará antes de que remate o día, pero non imos ser moitos corredores.

Toda a información aquí: www.321go.es/Carrera/D...aavilesina


Last edited by Kurty on Mon, 04 Nov 2024, 21:41; edited 1 time in total
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
497 Carreiras
3792 Posts

Reply with quote Post Sat, 26 Oct 2024, 16:27
Post subject: Re: XXXIII M. MARATON AVILÉS 03/11

Rematado o prazo de inscripción cun bo número de inscritos, somos 439, unha cantidade xeitosa para unha media maratón.
En 8 días voltaremos a estar na liña de saida doutra media maratón.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
497 Carreiras
3792 Posts

Reply with quote Post Mon, 04 Nov 2024, 21:41
Post subject: Re: XXXIII M. MARATON AVILÉS 03/11

Rematada a media de Avilés, a cal correra no 2012, non pensaba que facía tantos anos e dende o 2016 que non corría en Asturias, estando ahí o lado.
Chegamos con tempo a Avilés, xa que fixemos noite de regreso de Cantabria a 17Kms da saida. Aparcados a 300 mts. da saida e recollida rápida de dorsal, breve quecemento e para a saida. Hora de comenzo as 10:30 e cun sol radiante. Non eramos moitos, así que saida fluida, os primeiros kms. un continuo sube e baixa por Avilés, podendo aproveitar as sombras dos edificios. No km. 3'5 collo a "lebre" de 1h40', que ia un pouco máis rápido e como noto pesado o estomago, por almorzar bastante no buffet do hotel e tarde, xa que abría as 8:30, decido quedarme alí, pouco a pouco vai ralentizando o ritmo e xuntamonos un bo nº de corredores.
A temperatura vai subindo e cada vez atopome máis incomodo pola calor, (23º),pero decido seguir no grupo, xa que estamos na parte máis fea da media, varios kms. por un polígono, similar a media de Coruña. Km. 10 en 47 alto.
A partir do 13 descolgome un par de veces e xa ao paso do avituallamento do 15, collo 2 botellíns e ralentizo a marcha, ese km. en 5'02".
Así que toca modo supervivencia e collo un ritmo cómodo para chegar a meta en 1h40'59", xa que os derradeiros kms. son bastante chans, exceptuando un par de subidas, sobre todo unha larga e dura do 19 ao 20 e buscando unha sombra na que me resguardar para recuperar.
Duchas cerquiña da meta e a xantar a Luarca, ca familia de Ribadeo. Media moi correcta en todos os aspectos e para repetir, pero espero non tardar outros 12 anos.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum