Foros ›
XIV CARREIRA PINGA PINGA:12 OCT. 1 DÍA SÓ PARA PECHE INSCRIC
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Wed, 18 Sep 2024, 1:52
Post subject: XIV CARREIRA PINGA PINGA:12 OCT. 1 DÍA SÓ PARA PECHE INSCRIC

XIV PINGA-PINGA (12 OUTUBRO 2024): Proba do calendario oficial da Federación Galega Atletismo
Continuando co obxectivo de seguir dinamizando o deporte na nosa comarca,o Club Deportivo Pinarium convoca a 14ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de futbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
Estes participantes Terán a responsabilidade de acudir en bo estado físico para participar en dita proba que se disputará en Santomé, no concello de Marín

NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada. No campo de futbol o acceso estará controlado pola organización, debido ao aforo limitado para este tipo de eventos deportivos.

II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuices da competición.

III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

IV) Será obrigatoria a utilización do dorsal en todas as categorías da carreira. O chip de cronometraxe ofrecido pola organización irá nos dorsais das carreiras sub14-sub16 ata a carreira absoluta, para facilitar o control dos tempos destas carreiras que transcurren polo circuito do exterior do campo de fútbol.

V) Cada participante que se inscribe nesta carreira pon de manifesto que considera ter un estado físico apto para completar a proba sen que poda afectar a súa saúde.

VI) A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”. Se completará a información desta norma.

VII) Reclamacións: deberán ser feitas nun prazo máximo de 30 minutos desde a publicación dos resultados oficiais.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou manipulalo ou falsificar datos persoais.

IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou nas RRSS relacionadas coa carreira.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou desantendimento das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

2.- HORARIOS E LUGARES (Horarios estimados que poden sufrir algunha variación. Recoméndase acudir con tempo suficiente)
Data: sábado, 12 de outubro de 2024
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)

VIII ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 10:30H.

CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES:

PITUFOS (nados 2017-2018) HORA: 12:45 (DISTANCIA 200m)
CHUPETES (nados 2019-2022) HORA: 12:50 (DISTANCIA 100m)
AS DE PITUFOS E CHUPETES SON CARREIRAS NON COMPETITIVAS


BENXAMÍNS (SUB 10):
Hora: 12:30 (nenas)/ (nenos)
Benxamíns = nados 2015/2016
Percorrido: 500 mts aprox.

ALEVÍNS (SUB 12):
Hora: 12:40 (nenas)/ (nenos)
Idade: Alevíns = nados 2013/2014
Percorrido: 750 mts aprox.

INFANTIS (SUB14)
CADETES (SUB 16), teñen 1 € de inscrición polo chip de cronometraxe do circuito exterior
Hora: 12:05 (ao finalizar a carreira de adultos, horario aproximado)
Idades: Sub14- Nados 20011/2012
Sub16- Nados 2009/2010
Percorrido: 2.000 m aprox. – unha volta pequena de circuito.

MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 11:00h.
Percorrido: 7.500m – tres voltas.
Idade: desde nados en 2008
Categoría Promesa: que agrupa desde Sub18 a sub23, son os nad@s de 2002 a 2008
Senior: nados ano 2001 e anteriores (ata veteráns)
Masterillo: De 35 a 44 anos
Veteranillo: De 45 a 54 anos
Super veterán: Desde 55 anos xa cumpridos


3.- INSCRICIÓNS, En www.carreirasgalegas.com:
ANDAINA: 2 € Para os participantes maiores de 14 anos. Os participantes da Andaina menores desa idade para inscrición enviar datos a clubdeportivopinarium @ gmail.com

CATEGORÍA DE MENORES: Gratuita (excepto os que corren en circuito exterior, que teñen cuota de inscrición de 1 € e levarán chip de cronometraxe e terán clasificación para estas categorías de intantís e cadetes)
Todas as Inscricións na web www.carreirasgalegas.com

MAIORES: En www.carreirasgalegas.com será a pasarela de inscricións, dorsais-chips e resultados da Categoría Adultos. AS INSCRIPCIÓNS se poderán levar a cabo ATA 8 OUTUBRO as 23:59h.
A inscrición individual dos adultos serán 7€ (1 € de cada inscrición individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro)
AQUELAS PERSOAS QUE FAGAN INSCRICIÓN NALGUNHA DAS CARREIRAS E TEÑAN CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE FÍSICA OU INTELECTUAL, COMUNICALO A MAIORES AO CORREO ELECTRÓNICO clubdeportivopinarium @ gmail.com, ATA O MARTES 8 DE OUTUBRO


4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).


5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
MENORES: @s 3 primeirs clasificad@s de cada categoría recibirán un trofeo (na categoría de pitufos e chupetes tod@s Terán a súa medalla conmemorativa)
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta (non acumulativos).

Hai Premio para o primeiro e a primeira atleta de Marín, unha comida/cea para dúas persoas nun Restaurante da zona que se anunciará antes da celebración da Carreira.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:

ABSOLUTA MASCULINO
1º - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo de 10 días (premios en concepto de gastos de desprazamento e estancia)

Nota: A organización non otorgará o premio económico si un d@s 3 primeir@s da clasificación absoluta ten algunha sanción por dopaxe en vigor. De darse o caso o premio económico correspondente sería para o seguinte posto da xeral absoluta.

Novidade: Haberá premio para os 3 primeiros equipos mixtos. Premio de 100 € para o mellor equipo, de un máximo 8 e mínimo de 6 integrantes, no que puntuarán os 4 mellores postos. Un dos integrantes que sumen puntos ten que ser de outro sexo, para que o equipo sexa mixto. Importante: Os que queran participar nesta clasificación por equipos “Equipo popular” deberán comunicar o nome dos integrantes e o nome do equipo antes de peche de inscricións ao correo: clubdeportivopinarium @ gmail.com.

III CRONOESCALADA PINGA PINGA - GRAN PREMIO DISALMO
Esta cronoescala se levará a cabo no trascurso da carreira absoluta (na subida da segunda volta desde o campo de futbol ata a Fonte PingaPinga) e haberá premio para os mellores tempos masculino e feminino nesta subida (condición para levar este é que @s que obteñan estes mellores tempos, terminen a Carreira Absoluta entre os 60 primeiros homes ou as 60 primeiras mulleres. Para este premio quedan excluidos os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres da clasificación xeral)

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITAR A SÚA IDENTIDADE

6.- AGASALLOS
Haberá agasallo conmemorativo para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta. Haberá avituallamento para os participantes.

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM, O CONCELLO DE MARÍN e A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro.


Last edited by PINGA-PINGA on Tue, 08 Oct 2024, 7:02; edited 3 times in total
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Thu, 19 Sep 2024, 19:32
Post subject: Re: XIV CARREIRA PINGA PINGA: SÁBADO 12 OCT. INSCRICIÓNS ABERTAS

Todas as inscricións para o 12 outubro na web de Carreiras Galegas:
Andaina, Carreira de Adultos e Carreira de Menores con moitas sorpresas, na PingaPinga de Marín.
link directo de inscricións:
www.carreirasgalegas.c...a/v6mxP2m4

Vemonos o sábado 12 outubro en Santomé de Piñeiro!!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Sun, 22 Sep 2024, 22:45
Post subject: Re: XIV CARREIRA PINGA PINGA: SÁBADO 12 OCT. INSCRICIÓNS ABERTAS

No link que poñemos a continuación vos indicamos algúns datos relevantes doutra proba importante para nós, A Andaina PingaPinga que o 12 de outubro contará a súa 8ª edición. Animádevos!!!
www.youtube.com/watch?v=vUzpEKnZaTU
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Wed, 25 Sep 2024, 17:49
Post subject: Re: XIV CARREIRA PINGA PINGA: SÁBADO 12 OCT. INSCRICIÓNS ABERTAS

Poñemos tamén link con información de aspectos importantes da Carreira Pinga Pinga.
Nos vemos o 12 outubro en Santomé de Piñeiro- Marín!!!
www.youtube.com/watch?v=1wDvxvjsDo0
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
490 Posts
San Xulián-Marín
Reply with quote Post Thu, 03 Oct 2024, 23:07
Post subject: Re: XIV CARREIRA PINGA PINGA:12 OCT. ULTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIR

14ª Pinga Pinga de Santomé. Para min cita ineludibe. Aí esperamos estar correndo por 14ª vez. Vemonos!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Sat, 05 Oct 2024, 22:07
Post subject: Re: XIV CARREIRA PINGA PINGA:12 OCT. ULTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIR

Tenemos nuevo Canal de whatsapp con información actualizada para la Carrera y para la Andaina.
Para estar al día hay que darle a "Seguir" el Canal.

whatsapp.com/channel/0...Vvelesfa1Z

Nos vemos el 12 octubre!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Tue, 08 Oct 2024, 8:14
Post subject: Re: XIV CARREIRA PINGA PINGA:12 OCT. 1 DÍA SÓ PARA PECHE INSCRIC

OLLO!!! ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN en www.carreirasgalegas.c...a/v6mxP2m4

Nesta edición a homenaxe será ao deportista galego Iván Raña Fuentes, triatleta que foi diploma olímpico en 2 ocasións e cun amplísimo palmarés internacional. Todo un referente, Iván!!!

link do facebook coa nova da homenaxe: www.facebook.com/share...vw9neuxqB/





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum