Foros ›
Author
Message
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
102 Posts
Marín
Reply with quote Post Tue, 04 Jul 2023, 11:18
Post subject: +10K Marín. Manuel Rosales

X Edición 2023
Regulamento.
Data: Venres, 28 de xullo de 2023.

• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Venres, 28 xullo de 2023 , “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.

• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA.
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda –
Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.

- Categorías escolares, a categoría de Biberóns (2021-2022-2023), terá que estar no punto da saída as 20:30.

- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados.




• CATEGORÍAS.
- As categorías biberóns, pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
- O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.

CATEGORÍA MENORES:
▪ 20:40, Carreira biberóns (100 metros) (2021-2022-2023).
▪ 20:50, Carreira Pitufos - 150m aprox. (2018-2019-2020).
▪ 21:00, Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (2016-2017).
▪ 21:10, Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2014 – 2015).
▪ 21:20, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2012 - 2013).
▪ 21:30, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m aprox. (2010 - 2011).
▪ 21:40, Carreira Cadete/sub. 16 - 1000m aprox. (2008 - 2009).
▪ 21:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m aprox. (2006-2007).

• CATEGORÍA ABSOLUTA:
SAÍDA: 22:00.
- Sub 18/20/23: Nados desde 2001 ata o 2007.
- Sénior: 2000 ata 34 anos..
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL (Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.

*So podrán correr os atletas Xuvenil/Sub 18 na categoría absoluta (10km), por invitación da organización, poñendose en contacto con esta por correo milerunningclub @ gmail.com
*Na carreira de adultos non haberá premio para a categoría Sub 18 (entrarían na categoría (Sub 18/20/23).



• CIRCUÍTO.
- Saída na Alameda, parada de Autobús. (Av. Ourense sentido Pontevedra – Marín – Bueu) – dirección paseo Antonio Blanco – entrada no porto (ida e volta) dirección nave de Ceferino Nogueira - saída do porto e entrada no paseo Antonio Blanco (ida e volta) - ``Farola´´ – Av. Ejército y Marina – Rúa do Forno – Rúa da Calzada – Rúa Serafín Tubío - Rúa Augusto Miranda - “Farola” e Av. Ourense (dirección Concello) - Cantodarea – Av. Ourense (giro 180º) – – Av. Ourense (sentido Pontevedra → Marín) – Farola - Av. Ejército y Marina – Rúa do Forno – Rúa da Calzada – Rúa Serafín Tubío - Rúa Augusto Miranda - “Farola” e Av. Ourense (dirección Concello) - Cantodarea – Av. Ourense (giro 180º) – Av. Ourense (sentido Pontevedra → Marín) - ``Farola´´ - Av. Ejército y Marina – Rúa do Forno – Rúa da Calzada – Rúa Serafín Tubío - Rúa Augusto Miranda - “Farola” - A META está sita na calle Almuíña (altura O Casino).


Perfil da proba.

• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 7 € a través de www.carreirasgalegas.com ata o 21 de xullo
ás 23:59h (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na Alameda de Marín.
- Dende o 22 de xullo a o 25 de xullo 10€ a través de www.carreirasgalegas.com. As 22.00 h (peche definitivo). Recollida de dorsais será o mesmo día da carreira na alameda de Marín.
- Menores: A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse
ata o 25 de xullo en www.carreirasgalegas.com
- Poderán participar atletas federados e non federados.

CLUBS DO CONCELLO DE MARÍN.
- Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas gratuítas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.
Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín terán unha tarifa especial, o realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en www.carreirasgalegas.com, tendo que facer a inscrición antes do 16 de xullo as 23.59 h, a partir do 17 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.

• RECOLLIDA DE DORSAIS:
Inscricións anteriores a o 21 de xullo.
- Recollida anticipada de dorsais, ‘Tenda MILER’ (horarío comercial), rúa Peregrina 6, sótano, Pontevedra, dende o mércores, 26 de xullo de 2023 ata o xoves, día 27 de xullo as 20:00.
Ou o venres, 28 de xullo de 2023, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.
Resto de inscritos:
- O venres, 28 de xullo de 2023, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos.

• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas.



• SERVIZOS:
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher para os corredores que entren na liña de meta.
- Camiseta técnica.
- Avituallamento liquido (durante o percorrido), e avituallamento líquido e sólido o rematarla proba.
- Espectáculo musical durante a carreira.
- Servizo de duchas (Polideportivo da Cañota).
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de Gardarroupa.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en www.carreirasgalegas.com
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
- Servizo de ambulancia medicalizada.
- Servizo de gardería.
- Zumba.
- Cervexa.
- Mexillóns.
- Concerto o finalizar a proba.
- …..


• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil” - “xuvenil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” - “prebenxamin- pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.





• NORMAS XERAIS.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saída xeneral da carreira.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento

• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

• RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais

• LOPD
- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.

• COMPROMISO.
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

• CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.

• CONSIDERACIÓN FINAL.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.

• PARA MAIS INFORMACIÓN.
- Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub @ gmail.com

• ORGANIZA:
- Concello de Marín.

• PATROCINADOR INSTITUCIONAL.
- Concello de Marín.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
248 Posts

Reply with quote Post Tue, 04 Jul 2023, 14:46
Post subject: Re: +10K Marín. Manuel Rosales

Inscritos!
O pasado ano estivemos por primeira vez e desde logo repetimos besta edición.
Sorte!!
maltes

Novo foreiro
Novo foreiro
6/04/09
0 Carreiras
43 Posts

Reply with quote Post Fri, 07 Jul 2023, 10:18
Post subject: Re: +10K Marín. Manuel Rosales

que pena que a carreira sexa tan tarde,,,,,,,,,,,





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum