Foros ›
XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 10:50
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Eu acabo de dar positivo en Covid, así xa evito a tentación Sorriso Todo ben, pero o último que me apetece é unha carreira subindo costóns dentro dun par de días...

Julio, gracias polos folgos para a maratón! De todos xeitos, parece que me vou ter que tomar obrigatoriamente uns días de descanso Sorriso Supoño que, dentro do malo, non vén en mal momento, con algo de bagaxe xa e con todavía moitos km por diante. Non virá mal para tratar de recuperar algunha mini-lesión. Quen non se consola....
JulioVázquez

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/07/11
70 Carreiras
321 Mensaxes
Betanzos y Sta. Cruz (Oleiros)
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 12:38
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8

Xpab, desexarte unha pronta recuperación da Covid - 19. E sorte unha vez máis pró maratón.

Xa indo á carreira de Betanzos, efectivamente tal como di Adrián ampliouse o prazo de inscrición un día máis. Termina hoxe.

E outra cousa máis, hai un novo percorrido...tranquildade...vai ser máis asequíbel...nin Valdoncel, nin Fonte de Unta nin tampouco os Ferreiros.

es.wikiloc.com/rutas-s...-110205457 Guiño
adriangb25

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/05/13
47 Carreiras
144 Mensaxes
Entre Narón y A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 14:20
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Soy débil...me acabo de inscribir Chorando Chorando Chorando Chorando
JulioVázquez

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/07/11
70 Carreiras
321 Mensaxes
Betanzos y Sta. Cruz (Oleiros)
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 14:42
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8

Bravísimo, Adrián. Aplauso
adriangb25

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/05/13
47 Carreiras
144 Mensaxes
Entre Narón y A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 15:32
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Graciñas Julio!! A ver o doblete con Cambre que tal vai jejeje
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 16:29
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Gracias polo do covid... É latoso, pero vou tirando con algún paracetamol. Pero bueno, xa tocaba Sorriso

Voulle dicir o do percorrido ós colegas que se rajaran polo anterior, a ver se se animan. Non sei se coñecedes o novo... Da parte vella é máis ou menos o de sempre, con algún inevitable repeito. Salienta o que sube dende o arco da ponte vella á farmacia Couceiro, polo que nos teñen metido ó rematar algunha edición do trail do Mandeo. É duro, pero ó ser unha vez sola penso que é abordable. Por outro lado, a parte que sae do centro do pobo é a pista que vai hacia os Caneiros, máis ou menos ata que se acaba a parte asfaltada (é común co principio do trail, a parte asfaltada antes de que pilla terra). Vai polo lado do río e volve por San Xiao. De San Xiao a Betanzos hai algún repeito de subida, pero tamén hacia abaixo que máis ou menos compensa.
Resumindo, hai algunha pequena "sorpresa" (ollo, que segue sendo dura) pero penso que é bastante máis amena de facer que o percorrido anterior.
A ver se ó final a xente se anima e vos achegades a 100 inscritos (malo será, sobre todo vendo como foron as últimas horas de anotación onte).


Última edición por xpab o Xov, 11 Ago 2022, 16:55; editado 1 vez
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 16:52
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Equivoqueime ó editar e puxen outra entrada. Non vexo onde borrar, ou cando menos non o atopo. Será o covid.... Silbar
JulioVázquez

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/07/11
70 Carreiras
321 Mensaxes
Betanzos y Sta. Cruz (Oleiros)
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 17:06
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Boas de novo, Xpab. Estou de acordo con que a estrada de Armea ten algunhas costas duras pero son curtas, é un rompepernas pero penso que a costa dos Prateiros non se sobe, báixase.
O percorrido en xeral é algo durecho pero non tanto coma o outro.
A ver se se animan os teus colegas e soben as inscricións.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 18:18
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Si, non é unha animalada como a outra, e estou dacordo co de denominala rompepernas. En fin, basicamente, que ninguén vaia pensando atopar algo cha (só hai que mirar o perfil...).

O dos Prateiros, ou moi mal estou mirando, ou é o piquiño entre o km 4,1 e 4,2. De todos xeitos, eso, 100 metriños...
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Ven, 12 Ago 2022, 5:47
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Nada, ó final non liei a ninguén. Un dixo o típico "Pues si al final se apunta alguien probablemente me apunte", pero non apareceu ese "alguien" (había outro "candidato" con coronavirus... nin que nos puxéramos dacordo Sorriso ).

En fin, espero que quede como crítica constructiva que o de andar a última hora, ás presas, e improvisando, non é boa idea. Esta carreira, con información "transparente", ben publicitada, e abrindo as inscripcións 1 ou 2 semanas antes, estou seguro que practicamente dobraría a participación. A anteriores edicións me remito. Pero bueno, nunca o saberemos xa...
Sorte ós participantes, a ver se me podo pasar cando menos de espectador, que o domingo dáme que todavía non vou estar para grandes fazañas adestrando... Chorando
JulioVázquez

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/07/11
70 Carreiras
321 Mensaxes
Betanzos y Sta. Cruz (Oleiros)
Respostar citando Envío Ven, 12 Ago 2022, 9:06
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8

A miña intención foi tamén facer unhas críticas construtivas e animar á participación. Se cadra fíxeno ao revés sobre todo ao falar da dureza do percorrido.
A verdade é que a carreira púxose moi tarde e nunha data con moitas carreiras polos arredores. Houbo pouca información e a pouca que houbo era confusa, xusto hoxe acábome de enterar que no cartaz das festas pon que a carreira comeza ás once. Supoño que será ás dez e media.
Penso que se no canto de pór a carreira esta fin de semana a chegan a poñer a seguinte fin de semana a participación podía ata triplicar pois non hai carreiras preto.
O tema do mapa non o sei ver moi ben, non sei se a costa dos Prateiros faise de subida ou de baixada.
Pra rematar agradecerche Adrián a túa participación e a Xpab o acudir como público a animarnos.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Ven, 12 Ago 2022, 11:16
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Bueno, a intención é ir, pero non me achegarei moito a vós Sorriso Non ía ir á carreira para facer a tirada de 26k (tiña pensado ir e volver a Miño), pero mira por onde, ó final nin unha cousa nin outra. Agora mesmo non sei nin cando poderei facer 5km Muro ... En fin, paciencia.

Ánimo e sorte!
adriangb25

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/05/13
47 Carreiras
144 Mensaxes
Entre Narón y A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 15 Ago 2022, 17:47
Asunto: Re: XXII Carreira Popular Festas San Roque de Betanzos (14/8/22)

Al final como sabéis me animé y salí satisfecho. Me encanta Betanzos, aunque el perfil era muy sube/baja y sufrí de lo lindo en la parte final, creo que la organización le puso cariño dentro de todos los condicionantes previos que fuimos comentando en este hilo. El speaker animando y el detallazo de la medallita de finisher, un aliciente para los que llegamos al final de la cola jeje!! Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos