Foros ›
04.06.2022 Carreira da Guía - 1ª Milla carreirense
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2022, 7:37
Asunto: 04.06.2022 Carreira da Guía - 1ª Milla carreirense

Bos días a tod@s:
"Otra vez a la rueda...." que cantaban Os Suaves... Bailar

Queremos informarvos dunha nova edición da tradicional Carreira da Guía, na súa 17ª edición, pero en este ano de empezar a "desengraxar" os oxidados engranaxes organizativos, decideuse modificar o formato de xeito experimental, con dous cambios significativos: cambio do asfalto das estradas pola herba sintética do campo de futbol, (o novo sistema TRAZA da DGT fíxosenos "grande", a pesar, todo hai que decilo, da amable oferta dunha funcionaria para axudarnos cos trámites, pero xa tíñamos decidido non tocar estradas; e a segunda o cambio de distancia dos 10k á distancia da milla da que aínda quedan moitos nostálxicos que a botan de menos.
Esperamos que os que participedes nos contedes logo as vosas sensacións!! Apertas!!!



XVII Carreira Popular Virxe da Guía.
Novo formato!!!: 1ª MILLA CARREIRENSE
Data: Sábado, 4 de Xullo do 2022.
Hora: 18:00 horas
Lugar: Campo de Fútbol da Guía. Carreira (Ribeira).
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira e
Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 120 corredores.
Precio: Inscricións Gratuitas
Web: aavvcarreira.wordpress.com




A Asociación de Veciños de Carreira e o Concello de Riveira, organizan a décimo séptima edición da súa Carreira Virxe da Guía, o sábado, 4 de Xuño, a partir das 18:00 horas, nas instalacións do Campo Municipal da Guía, na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
As carreiras celebraranse dentro do campo de fútbol de herba sintética, nun circuito ovalado duns 250 m de longo, aproximadamente.
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

CATEGORIA - ANOS DE NACEMENTO

PITUFO - Atletas nados no 2018 e posteriores
PREBENXAMÍN - Atletas nados nos anos 2015, 2016 e 2017
BENXAMIN - Atletas nados no 2013 e 2014
ALEVIN - Atletas nados no 2011 e 2012
INFANTIL - Atletas nados no 2009 e 2010
CADETE - Atletas nados no 2007 e 2008

XUVENIL - Atletas nados no 2005 e 2006
JUNIOR - Atletas nados no 2002, 2003 e 2004
SENIOR - Atletas nados entre 1988 e 2001
VETERANS A - Atletas nados entre 1977 e 1987
VETERANS B - Atletas nados entre 1967 e 1976
VETERANS C - Atletas nados entre 1957 e 1966
VETERANS D – Atletas nados en 1956 ou anteriores.


2. DISTANCIAS E HORARIOS (aproximados):

BENXAMIN – 18:00 250 m.
ALEVIN – 18:10 500 m.
INFANTIL – 18:20 750 m.
CADETE – 18:35 1.000 m.

MILLA FEMENINA: (1.609 metros) 19:00 horas
XUVENIL - JUNIOR - SENIOR - VETERANS A - VETERANS B - VETERANS C - VETERANS D –

MILLA MASCULINA A : (1.609 METROS) 19:20 horas
- VETERANS A - VETERANS B - VETERANS C - VETERANS D –

MILLA MASCULINA B: : (1.609 METROS) 19:40 horas
XUVENIL - JUNIOR - SENIOR

(En función do número de inscritos por categoría, e para tentar equilibrar o número de participantes por proba, poderíanse reestructurar as categorías)

PREBENXAMÍN – 20:00 150 m.
PITUFO – 20:10 100 m.

ENTREGA DE PREMIOS: 20:15 HORAS.

As inscricións realizaranse a través da web: www.galitiming.com

O tope de inscritos será de 120 atletas adultos (de xuveniles a veteranos D) e 120 atletas escolares (de Pitufos a Cadetes).

Admitiranse inscricións ata o mércores, 1 de Xuño ás 24 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 120 participantes. DEBIDO A QUE SE CONCERTARÁ UN SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODOS OS PARTICIPANTES, NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse no Campo de Futbol da Guía, a partir das 17.00 horas e ata 15 minutos antes do comezo de cada proba.

4. PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados de cada categoría, (excepto Pitufos e Prebenxamins, que terán todos os participantes unha medalla conmemorativa).


5. DUCHAS E VESTIARIOS:
Haberá servicio de duchas e vestiarios no propio Campo de Fútbol A Guía.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos