Wed, 11 Nov 2020, 8:56
Post subject: 2020 Varna Marathon
Sempre nos quedará Bulgaria...
Recoñezo que me daba algo de pereza abrir un fío para comentar a experiencia, pero a día de hoxe hai que celebrar e difundir non só que se poda participar en eventos así, se non incluso saír do teu país, do teu concello... de feito chego a "escaparme" 2 días despois e estaría cometendo unha ilegalidade!
Ademáis agora xa o comentaron os xornais
aquí polo que mellor compartilo tamén no foro coas miñas palabras.
Despois do sabor agridoce de Sofia, quedeime coas ganas de "competir" un maratón, e claro, se na bolsa do corredor che meten un folleto sobre a carreira de Varna e un voucher para voar con Wizz Air... pois claramente te incitan a aproveitar a ocasión...
Varna está na costa leste de Bulgaria, no mar Negro, e o circuito consta de 4 voltas de 10.5k, pasando polo centro peonil e logo por un gran parque e a estrada que bordea a costa a pé de praia. A min sorprendeume bastante e pareceume máis bonito có de Sofia. Sobre o de dar voltas a un circuito, para gustos, pero eu prefiro ver os puntos positivos, como poder ir "recoñecer" o circuito os días antes dándolle unha volta...
En número de corredores o maratón é moi pequeno (100) e ao mesmo tempo saían os da media (150), e 15 minutos despois os da 10,5k (1 volta), que foron uns 200, así que en total nin 500 participantes... Outros anos obviamente a participación é maior, tamén tendo en conta que se celebra en Maio e este ano pospúxose polo que todos sabemos.
Eu destacaría o ben sinalizado e valado que estaba todo, con moitos voluntarios e policía en todos os cruces.
A nivel persoal moi contento. Os primeiros kms, coma sempre, sae bastante xente diante esprintando (hai que coller sitio, non vaia ser que queden encerrados e non podan adiantar), pero pouco a pouco vou atopando o meu ritmo e pasando xente, ata que comezo a ver ás que supoñía eran as 3 top (da media). A primeira vexo que leva un ritmo máis ou me nos acorde ao que eu quero levar así que decido ir con ela a partir do km 4, e imos xuntos ata o 12, cando por desgracia desacelera bastante a pesar de intentar animala para que se pegara a min (pilleille o gusto a iso de correr con mulleres

) pero non foi capaz así que seguín eu só ata o final. Unicamente adiantei a 2 persoas das que realmente ían diante miña:
- Un, curiosamente, nun dos xiros mira cara min e faime un xesto coa man de "frena" ou "espera" que non sei que significaba, pero uns poucos kms despois vino para ao lado dunha árbore
- Outro, a falta de 5k, vexo que se para e xusto cando o estou pasando dase volta, e mira ao dorsal con cara de preocupación, intenta arrancar e seguirme pero non o consegue...
Outra vantaxe de dar varias voltas e que haxa outras carreiras é que van pasando xente así que completamente só non corres, ademáis de que algúns te animan cando pasas (

)
O circuito ten tela. É bastante sinuoso pero o peor de todo é un xiro de 180 graos (como os odio!) e unha baixada pronunciadísima cando se chega ao final do parque e baixamos á estrada paralela á costa que bordea as praias.
Esta vez non tiven problemas coa hidratación. Fun ao seguro (bebida Maurten antes, e xeles Maurten durante a carreira). Pequenos sorbos de auga e baixando o ritmo para tragar o xusto e necesario sen atragantarse, e os xeles de medio en medio cada 5 km!!! Ao cruzar a meta esta vez a parte da alegría da marca (2:25:09 de tempo neto finalmente, a só 1:48 da milla mellor marca en Londres 2019... ) e da posición (sétimo, o que me fai subir ao podium e levar premio económico

) o que máis me satisface é a sensación natural de fame e sede, de saber que puideches dar o máximo posible sen que o estómago o estropease!
Resultados