Foros ›
Autor
Mensaxe
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
296 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 15:32
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Mirando agora no Facebook de Esther Pedrosa vin esto:

Proposta de Calendario CORRESAN
No FORNO
#facendodeporte #compostela

Fai uns días a Federación Galega realizoume a proposta do calendario do Corresan e xa está en marcha. So falta o visto bo do departamento de Tráfico.
Ide tomando nota das datas.
Imosss

Así como as datas que pon Pedrobg37 máis arriba.


VAMOSSSSSS!!!!!!!!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2019, 12:40
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

O circuíto vaise anunciar (porque todavía non o fixo) máis tarde ca nunca e case non hai queixas. Ata o PP fai unha crítica constructiva no seu comunicado acompañando ao alicio polo cambio de mandato. Está claro que a maioría de persoas de aquí, algunhas é obvio que si, non temos nin idea do que hai nin de como se moven as cousas na organización da Corresan, pero tamén é evidente que a vara de medir non é a mesma que noutros anos. Será porque isto de correr é un lobby no que todos nos coñecemos, non? Ríndose

Por outra banda, boa nova o anuncio do circuíto! A ver se este ano podo volver participar nalgunha carreira, que por unha cousa ou outra, o ano pasado non puiden. Oxalá se estabilicen as datas e se consolide como dicides Aplauso
manueleiras

Organización
Organización
4/07/13
3 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 11:43
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Continuamos sen noticias do Corresan e concretamente da nocturna verdade? Pareceme un pouco desafortunado que esta bonita carreira se trate desta maneira. Hai xente que fai unha planificación da temporada e de vez en cando quere correr populares. Esta carreira é unha desas populares que gusta correr, pero lamentablemente con esta organización resulta complicado poder asistir a ela. Unha pena!!!

Esperemos que en breve comuniquen algo polo ben de todos! Unha aperta
JacoboDC

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/06/13
65 Carreiras
704 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 13:09
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Pois anda que non lle caeron paus ao antigo goberno por non ter Corresan en marcha por estas datas nos últimos anos... Sobre todo da man de coñecidas persoas en FB... pero este ano nin unha sola queixa chico!
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 01 Set 2019, 18:29
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Eu sempre me queixo jajaja, pero quéixome do trato que se lle da nese sentido, a nivel concello, algo falla cando sempre pasa o mesmo e solo pasa en Santiago, eu o que sempre defendo é que non podemos atacar a unha organización, dependente da delegación de atletismo que precisamente vendo o que pasa dende o concello, sacan adiante as probas penso que de xeito excepcional, que pasaría co CorreSan de facerse con xeito, con meses de antelación, con publicidade, con medios, con tempo para conseguir patrocinios, organizar máis número de carreiras, incolucrar a clubes da cidade etc... ? Pois na miña opinión, que sería un éxito inimaxinable para moitos, pero namentres tocanos seguir difrutando deste xeito, e parece que dando gracias por que salga adiante un ano máis.

www.youtube.com/channe...subscriber
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2019, 11:32
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Bós días.

Resulta complicado que ninguén rebata todo o que se dixo neste fío, pois moitas cousas non están faltas de razón, pero a verdade é que quizais debemos ter fé en que a partir de agora as cousas se planifiquen con maior antelación e se melloren algúns aspectos desde o respecto, como ben di MacRay, a xente que cada ano bota a andar o circuito, sexan de seguridade, organización, persoal técnico, ...; do que teño coñecemento, esa é a intención de todas as persoas que rodean este circuito, e sendo consciente do traballo que agora xenera en tan pouco espazo de tempo, tentemos poñer o noso grao de area e participar un ano máis. E a única forma de reivindicar certas melloras, porque se o deixamos morrer, entón todos sairemos perdendo.

Hoxe presentouse o circuito en Raxoi, e haberá Gala 2018. Nun ppio abrirase esta noite a inscrición na plataforma www.carreirasgalegas.com e despois irase actualizando a páxina web www.corresan.com .

Eu serei da partida porque me encanta o circuito, porque son da cidade e porque creo que é unha oportunidade.

Saúdos.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2019, 5:14
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Presentación del Circuito CorreSan, ahora sí que se mueve Sorriso


XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2019, 6:22
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Aplauso


gracias a todas as persoas que TRABALLAN por sacar estas carreiras adiante Bailar

-- Chámame "ghose"
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2019, 12:40
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Inscricións abertas!!!!

Regulamento e plataforma de inscrición en Carreiras Galegas

Agora xa dispoñemos de todolos datos necesarios.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
500 Carreiras
1562 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 07 Dec 2019, 20:33
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

Como siempre realmente espectacular correr por las monumentales calles de Santiago. No conocía bien el recorrido de esta carrera del barrio de San Pedro, muchos tramos adoquinados y algunos giros resbaladizos por el día de llovizna que justo respetó durante la carrera; el Santo se alió con los corredores. Salida y final en el último tramo del Camino de Santiago, el Panteón dos Galegos Ilustres.. poco más que decir por lo tanto.

A mejorar el paso por el avituallamiento, se formó un buen embudo y no se daba avanzado, deberían colocarse unas vallas de acceso y seguro iría más rápido. El susto, la caída del gran Jesús Bernal, aunque creo que al final solo chapa y pintura.
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 07 Dec 2019, 21:29
Asunto: Re: CORRESAN 2019?

El recorrido durillo y resbaladizo, espero que no fuera nada la caida de Jesus.
Una alegria ver a tantos conocidos por las calles de Santiago.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 08 Dec 2019, 9:54
Asunto: Re: Circuito CorreSan 2019

Hai documento gráfico? Supoño que si Demo sorrindo En vídeo mellor Chupete


Espero que as persoas que caeron non se mancasen moito e poidamos desfrutar da súa compañía en breve Aplauso

-- Chámame "ghose"
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
27 Carreiras
52 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mar, 10 Dec 2019, 17:40
Asunto: Re: Circuito CorreSan 2019

Terminado o CorreSan 2019, agradecer a todos os organizadores Aplauso e desexando que chegue a do ano que vén. Razz
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Xan 2020, 9:52
Asunto: Re: Circuito CorreSan 2019

Boas, rematado o circuito teño que decir que me pareceron un conxunto de probas bén organizadas con trazados bonitos e en certos casos algo durechos. Bueno xa sabemos que Santiago non é chan....
Agradecer a iniciativa de sacar a diante/organizar éste circuito ano tras ano que supoño debe dar moito traballo.
Por certo, alguén me pode indicar onde ver a clasificación final do circuito tanto individual como de equipos pq me parece raro que pasado maís de un mes dende que rematou dito circuito ninguén fora capaz de sacar/facer dita clasificación.
Senón que sentido ten facer un circuito con clasificacións?
Un saudo e grazas.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mar, 14 Xan 2020, 17:23
Asunto: Re: Circuito CorreSan 2019

O curioso é que hai unha noticia no Correo Gallego onde anuncian aos gañadores do circuito, pero tampouco son quen de atopar a clasificación por ningures Triste

www.elcorreogallego.es...ia-1217808





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos