Lun, 29 Xul 2019, 14:58
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)
CesGti escribió: |
pasou o dia,e pasou a romeria.
eu xa estou co desmarcaxe.
contademe que vos pareceu,que votachedes en falta.... |
Encántame que sexa un dos organizadores o que pida que lle demos a nosa opinión sobre o trail
Foi a miña primeira participación, e fun animada, asesorada e acompañada por outro foreiro (Ajacast) que me contou maravillas deste trail. Inscribinme o mércores no último intre, que por certo, chamoume moito a atención que a hora de peche de inscripcións fose as 22.00 e non as 23.59 como soe suceder. De feito, sei do caso dunha persoa que quedou sen ir o trail por pensar que o peche era a media noite.
Chegamos con tempo abondo á zona de saída, e debo dicir que non so o trail estaba ben marcardo, tamén había carteis de sobra na estrada indicando a localización do Naturfest. O aparcadoiro estaba a pé de saída, a recollida do dorsal foi moi fluida e regaláronnos uns manguitos que serán moi útiles na tempada invernal.
Vimos sair e animamos os da andaina, que partiron 30 minutos antes. Logo un pouco de quecemento e xa nos puxemos na saída.
O percorrido foi súper bonito, e certamente un rompepernas. ¡Menudas costas! Era duro subilas e igualmente duro baixalas. De feito fun parte do camiño cun indio da Tribu Trail e cando cheguei a meta tiven que ir a felicitalo polo ben que baixaba as costas. Eu adiantávao cando subíamos e logo él quitábame as pegatinas cando baixábamos.
Como dixen xa antes, todo moi moi moi pero que moi ben marcado, ¡¡¡e con pintura rosa!!!, así da gusto correr polo monte
(superpunto para Manuel Ces polo traballo!!).
Avituallamento final abuntante, do que deu boa conta todo o mundo e mesmo un canciño branco que andaba arrepañando o que caía no chan. Ainda botei unha boa risa, recordoume a miña cadela que morreu o ano pasado que era igualiña, comía de todo coma un porquiño.
Tamén o de ducharse con auga quentiña agradeceuse mil, porque tivemos un día que parecía inverno total de toda a auga que nos caeu.
En resumo, todo de 10: voluntarios, organización, speaker (que caña de tío, tiña resposta para todo o que lle dicían), e mesmo fotógrafa, que aunque non tiñamos ninguén no percorrido para inmortalizarnos, sí que había unha rapaza tomando fotos na zona de meta antes da saída e tamén na chegada. Espero que publiquen ese álbume axiña
Gracias a todos!