Foros ›
Trail Nocturno de Boborás 02/11
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
TrailBoboras

Novo foreiro
Novo foreiro
12/06/19
3 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2019, 7:08
Asunto: Re: Trail Nocturno de Boborás 02/11

Bós días a tod@s. A golpe de luns lembramos as categorías do Trail Nocturno de Boborás que se levará a cabo o sábado 2 de novembro a partir daa 18.30 horas:
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1979 e 1984
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1970 e 1978
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1969 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores.
Xa entramos na recta final da proba. Compre lembrar que podedes consultar a información e formalizar a vosa inscrición no ligazón Frecha eventos.emesports.es/i...ion_datos/


TrailBoboras

Novo foreiro
Novo foreiro
12/06/19
3 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Out 2019, 12:10
Asunto: Re: Trail Nocturno de Boborás 02/11

Boas tardes.

A 9 días para o peche de inscricións, lembramos a seguinte información sobre o Trail Nocturno de Boborás:

HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META. O Trail Nocturno de Boborás terá os seguintes horarios e lugares de saída/meta:
18:30 h SAIDA TRAIL NOCTURNO - 16,7 km aprox. desde a Ponte da Cruz
(Pazos de Arenteiro);

META Frecha Polideportivo Municipal de Boborás
Os participantes no TRAIL NOCTURNO serán trasladados en autobús desde a zona ubicada a carón do polideportivo municipal do Concello de Boborás ate o punto de SAÍDA ubicado na parte inferior da Ponte da Cruz a partir das 17:30 horas.

MATERIAL OBRIGATORIO
Será obrigatorio o uso de luz frontal e teléfono móvil con batería cargada.
Establecerase un control de saída para revisar este material. Ninguén poderá
participar sen este material obrigatorio. Recoméndase ademáis levar hidratación propia, inda que non será obrigatorio pois a
organización establecerá un punto de avituallamento intermedio e outro en meta.

A animarse que xa queda menos!! Frecha eventos.emesports.es/i...ion_datos/ .


TrailBoboras

Novo foreiro
Novo foreiro
12/06/19
3 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 26 Out 2019, 18:06
Asunto: Re: Trail Nocturno de Boborás 02/11

Pouco máis de 5 días para o peche de inscrición do Trail Nocturno de Boborás 2019.

Este ano coa novidade da introducción no percorido da ruta de Pozo dos Fumes (ver foto abaixo) con esas pasarelas de madeira nas ribeiras do río Arenteiro que vos darán a beleza necesaria no solpor da noite de novembro no Concello de Boborás.

Lembrade que :

> Os dorsais poderán recollerse a partir das 16:30 horas no polideportivo municipal de Boborás;
> Os autobuses que vos trasladarán ata a Ponte da Cruz (lugar de saída, na súa parte de abaixo) sairán a partir das 17:30 horas desde o lugar de recollida de dorsais (onda o colexio público).

> Haberá agasallo técnico para todos/as os/as participantes e 2 puntos de avituallamento (1 no percorrido e outro na meta).

> Será obrigatorio o emprego de luz frontal con batería e teléfono móvil tamén con batería. Farase un control na saída.

Inscríbete e consulta toda a información no ligazón Frecha
eventos.emesports.es/i...ion_datos/



TrailBoboras

Novo foreiro
Novo foreiro
12/06/19
3 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 31 Out 2019, 13:07
Asunto: Re: Trail Nocturno de Boborás 02/11

Bós días a todos/as.

Hoxe ás 23.59 horas rematará o prazo de inscrición da proba. Lembrade que podedes facela no ligazón Frecha eventos.emesports.es/i...s/?lang=es

Anímadevos que xa queda pouco!. Grazas.


TrailBoboras

Novo foreiro
Novo foreiro
12/06/19
3 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Nov 2019, 15:52
Asunto: Re: Trail Nocturno de Boborás 02/11

Boas tardes.

Mañán sábado 2 de novembro celebrarase o Trail Nocturno do Concello de
Boborás.

Foi remitidoo Track da ruta para que carguedes no voso smartphone se o desexades a través de email a todos os participantes.

Informamos a través deste correo do cambio ha hora de saida do trail que
será as 18.00 horas porque anoitece antes polo clima e para que a zona das pasarelas a collades coa posta de sol.

Os autobuses estarán disponibles a partir das 17.00 horas no lugar de
meta (Polideportivo municipal de Boborás).

Lembrade o uso obrigatorio de luz frontal e tf móvil ambos con batería. Levaredes teléfonos de emerxencias no dorsal para estar en contacto coa organización.

Moitas grazas agardamos que todo sea do voso agrado.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos