Foros ›
Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Mar 2019, 23:10
Asunto: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): PECHADO

XL CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN
Sábado 20 de abril de 2019


Que se sortea?
4 dorsais segundo o seguinte reparto:
2 dorsais femininos
2 dorsais masculinos

IMPORTANTE: é imprescindible indicar se se opta a dorsal feminino ou masculino. De non indicarse, o comentario non se considerará válido

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Padrón, sábado 20 de abril de 2019.
Web da carreira: eventos.emesports.es/i...mp;lang=es
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190420
Enlace ao fío do foro: www.correrengalicia.or...mp;t=21470

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 25 de marzo ao xoves 28 de marzo de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 28 de marzo. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 25 de marzo ata as 23:59 do 28 de marzo). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 29 Mar 2019, 16:13; editado 1 vez
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 8:48
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Gustariame participar no dorseo do sortal masculino. Nunca participie nesta carreira da pascua de Padrón, polo que non estaría de mais probar unha carreira nova para min.
jotaeme

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/06
0 Carreiras
1056 Mensaxes
OURENSE / A CORUÑA
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 11:45
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Bos días

Gustaríame participar no sorteo de esta carreira. Dorsal Masculino.
Participei varios anos nela, pero cando era o antiguo percorrido de 13 km por varias parroquias do entorno e cando nos obsequiaban con un chocolatiño ó rematala, polo que me gustaría probar co novo trazado.

Un saúdo
milis89

Novo foreiro
Novo foreiro
8/01/18
2 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 12:25
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Gustariame participar nun dos dorsais (dos masculinos) que se sortean.

Si que fun a outras carreiras en padrón pero nunca a esta así que gustariame probar e ver que tal xa que a outra a que fun era moi llana e rápida non sei esta que tal....

Un saúdo e sorte a todos.
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 12:59
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Hola:
Gustariame participar no sorteo de esta carreira (Dorsal masculino)

Nunca he corrido en PADRÓN, pero me gustaría estrenarme en la esta bonita localidad de la cuna de ROSALIA de CASTRO

Nos vemos...
kartiza

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/11/07
0 Carreiras
199 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 16:15
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Buenas tardes! Me gustaría participar en el sorteo del Dorsal Masculino de esta carrera. Es una de las carreras míticas, junto a la Popular de Padrón y siempre me gusta correr allí.
Es una carrera muy bien organizada, y espero, me toque o no me toque el dorsal estar en la línea de salida!

Un saludo!
Pipe

Mods
Mods
8/01/09
0 Carreiras
6294 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 16:40
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Quería participar no sorteo do dorsal MASCULINO para a carreira de Pascoa en Padrón, porque sempre me gustou esta carreira, dende o sol que papamos nalgunha ocasión ata a tormenta que rondou todo o percorrido outro ano... e quero voltar a correr ahí. Claro... e por saber si se sigue dando ese chocolate ao final...

"El que no corre, vuela"

Esprintes Ourense
www.esprintesourense.es
Vitoreiras

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/18
30 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 17:01
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Buenas gustariame participar no sorteo dun dorsal masculino,un bó regalo de Pacua...
JaimeRV

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/06/13
35 Carreiras
125 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 17:30
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Me gustaría participar en el sorteo de un dorsal masculino.
Nunca participé en esta carrera pero me apetece mucho por quedarme cerca de casa y poder aprovechar para visitar Padrón.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 17:30
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

A min gostaríame participar (dorsal masculino) no sorteo. Xeralmente vou a esta carreira para puntuar co equipo. Ademais son medio padronés, aínda teño familia alí e sempre ten o plus de correr (case) na casa.


Última edición por gefreiter o Xov, 28 Mar 2019, 22:08; editado 2 veces
JaimeRV

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/06/13
35 Carreiras
125 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 17:30
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Me gustaría participar en el sorteo de un dorsal masculino.
Nunca participé en esta carrera pero me apetece mucho por quedarme cerca de casa y poder aprovechar para visitar Padrón.
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 17:49
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Quiero participar en el sorteo (dorsal masculino).
Participé los dos últimos años y consideró que desde el cambio de recorrido, el anterior tenía 13km, ganó la prueba en vistosidad. Recorrido llano y rápido. Además, con Padrón en fiestas, siempre es un plus añadido para correr esta prueba.
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 18:03
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Gustariame participar no sorteo para o dorsal masculino, nunca me cadrou de facer esta carreira, e creo que xa vai sendo hora.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Mar 2019, 13:27
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Quero participar no sorteo do dorsal masculino.
Xa levo anos indo a esta carreira , e llana e moi rapida, a min gustabame mais o circuito anterior pero esta non esta mal.
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Mar 2019, 19:14
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais XL Pascua Padrón (20/04): ata o 28/03

Hola! Me gustaría participar en el sorteo del dorsal masculino
Nunca he corrido esta carrera, es mas del nuevo circuito no se nada, pero al ser en padrón doy por supuesto que será rápida y además queda cerca de casa.

Que tenéis pensado hacer si no hay participación para los dorsales femeninos?





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos