Foros ›
Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 25 Dec 2018, 21:16
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO

malu escribió:
Danielpato puso: EU quería participar, non él suficiente?
Noraboa os ganadores!
Danielpato escribió:
jajaja moitas graciñas! Iremos igual a carreira! e disculpade non especificar que quería participar no sorteo, e so poñer que quero participar! jajaja un saudo e felices festas!

Ola malu e Danielpato!

Sabemos que é unha sutileza e que esteticamente non queda ben eliminar a alguén por iso. Sabémolo. E por iso avisamos varias veces nalgúns dos sorteos de que non vos esquezades de indicalo de forma explícita. O motivo é que os foreiros poden comentar neste fío, como ten pasado, dicindo que van participar na carreira pero sen que a súa intención sexa participar no circuíto. Entón, para facilitarnos o traballo, pedimos que a xente o diga de forma explícita, que é unha sinxela frase que non costa nada escribir. Seguramente se podería facer doutra forma e estaría igual de ben, ou mesmo mellor, pero os colaboradores no seu momento pensamos que esta era a mellor opción.

Por suposto, estamos abertos a críticas e todo tipo de comentarios para cambiar cousas que pensades que son mellorables. Nós só intentamos facelo da forma que nos permita ser máis obxectivos e deixar o mínimo de cousas posibles ao azar ou a decidir nós, para non ter que facer interpretacións e así errar o menos posible. Seguro que hai opinións de todo tipo, loxicamente, pero nós só intentamos facelo coa mellor intención.

Sentimos que quedaras eliminado do sorteo Danielpato! Para a próxima seguro que xa non se queda a frase a medias jejeje Guiño

Un saúdo aos dous e bo nadal!
malu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/14
2 Carreiras
60 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2018, 18:53
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO

Buenas!
Mi duda es la siguiente: entonces hay que poner "quiero participar" y no vale poner "quería participar"?
Mas que nada para tenerlo claro para los siguientes sorteos Razz
Igualmente alli estaremos en Viana comiento natas!
Saudos e felices festas!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2018, 20:59
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO

Ola de novo Malu!

Entendo que a pregunta vén orixinada porque ti si estiveches no sorteo mentres que Danielpato non. A diferencia non está no tempo verbal que empregues ao usar "querer", nin é requisito indispensable usar o verbo querer. O único que se pide é que o desexo de participar sexa explícito.

Ti entraches porque a túa mensaxe contén de forma literal "desexo de participar no sorteo":
malu escribió:
Entonces no llego tarde para el sorteo no? porque quiero participar! [...]
Con pregunta e resposta, cunha única afirmación ou como sexa, pero é explícito ese desexo. Mentres que na mensaxe de Danielpato non é explícito o desexo de querer participar no sorteo:
Danielpato escribió:
Eu quería participar. [...]

Eu son consciente de que Danielpato quere participar no sorteo. Pero como xa se explicou noutras ocasións, o que queremos evitar é non ter que interpretar as mensaxes. Por iso, poñemos unha liña vermella que está moi clara para que así se saiba o que está dentro e o que non. Persoalmente, non me gusta ser tan quisquilloso e dende fóra pode que eu mesmo pensase que somos un pouco gilipollitas por andar con estas cousas jejej Seino e dígoo moi en serio. Pero despois de falar entre os colaboradores e pensar cal era a mellor fórmula, consensuamos entre todos que esta.

Polo tanto, respondendo á túa pregunta sobre que hai que poñer: unha frase na que de forma explícita se diga que queres participar no sorteo. "Quero participar no sorteo", "gustaríame anotarme ao sorteo", "Por favor, que o meu nick esté no bombo do sorteo", ... O que queirades.

Tomamos nota deste tipo de comentarios, pregúntas e dúbidas para intentar mellorar as cousas. Moitas veces entre os propios colaboradores non estamos dacordo, e iso é mostra de que hai distintas formas de facer as cousas. Só intentamos buscar o que é o mellor para o foro, e iniciativas coma o sorteo de dorsais poden ser boas, pero crean este tipo de situacións que non sempre gustan a todas as persoas. Así que disculpade e espero que agora quede claro! Sorriso

E iso, moitas gracias polos comentarios!

Apertas e espero estar eu tamén por Viana! Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos