Foros ›
2ª Andaina "A Camelia" 2019
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Nov 2018, 8:05
Asunto: 2ª Andaina "A Camelia" 2019

Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice organiza a 2ª Andaina “A Camelia”, que terá lugar o día 03 de Febreiro.
Este ano temos modificacións no trazado, que pensamos que vos van a gustar, quedando a distancia en 15Kms.
Vémonos en Vedra!.

Precio Inscripción:
Andaina-5€
(Seguros, regalo e pincho incluidos)

Inscripcións en Galitiming
Mais información na nosa paxina de Facebook: Maratón de Montaña "A Camelia"



Última edición por CDM_Vértice o Mér, 16 Xan 2019, 8:22; editado 2 veces
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Nov 2018, 8:09
Asunto: Re: 2ª Andaina "A Camelia" 2019

REGULAMENTO
2ª ANDAINA “A CAMELIA” 2019

1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o III Trail “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do 2019, con saída e chegada en Vedra (Pavillón de Deportes).

1.2.- Tipos de probas.

ANDAINA : Modalidade non competitiva con unha distancia de 15 kms.
Desnivel positivo aproximado de 350 m e un desnivel acumulado de 700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
1 Avituallamento (líquido+sólido)

Primeiro darase a saída o Trail (11:00h), desde o Pavillón Polideportivo de Vedra, e a continuación sairá a Andaina detrás. Estas probas terán lugar polo mesmo trazado, coincidindo este cos 12kms últimos da Maratón.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños do Concello de Vedra, sendas cheas de historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza.
Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas.

3.- PROGRAMA

03 de Febreiro (domingo)

07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
10:45–Fin da entrega de dorsais para o Trail e Andaina.
11:00–Saída Trail e Andaina desde o Pavillón Polideportivo de Vedra.
12:00–Chegada prevista dos primeiros corredores do Trail.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura 2000, Ruta do Pereiro-Sales), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do II Trail “A Camelia” 2018, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba) ou 16 anos con autorización firmada por pai/nai/titor legal. O límite de participantes será:
Andaina: 200 prazas
Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

Os prezos da inscrición son:

Andaina: 5€

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.-Andaina:

Obsequio os corredores do Trail e Andaina
Pincho Final na Meta para tod@s.

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:


Trail corto/Andaina
Km. 8– Monte de San Fins – Líquido + sólido

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS:

-Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207

-Saída Trail/Andaina: 42.773046, -8.483207


11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Xan 2019, 8:01
Asunto: Re: 2ª Andaina "A Camelia" 2019

Bos días a tod@s!
A duas semanas de pechar inscricións, esperamos contar con vos nesta 2ª edición, que nos trae novidades no percorrido, e como sempre, con todo ou traballo e bo facer deste Club.
Vemonos en Vedra!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos