Foros ›
Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): PECHADO
Forum Index / Arquivo sorteos 2018-19
This topic is locked: you cannot edit posts or make replies.

Author
Message
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1332 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 19 Aug 2018, 10:10
Post subject: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
XV Carreira Pedestre Concello de Moaña
Sábado 22 de setembro de 2018


Que se sortea?
3 dorsais

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Moaña, sábado 22 de setembro de 2018.
Web da carreira: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1560/xv-carreira-pedestre-concello-de-moana
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6013&date=20180922
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 19 de 2018 ao xoves 23 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 23 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
-Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 19 de agosto ata as 23:59 do 23 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A comunicación coas persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Contactarase con estas persoas exclusivamente a través dunha mensaxe privada no foro de Correr en Galicia para confirmar que aceptan o premio e solicitar os datos persoais necesarios para realizar efectiva a inscrición na carreira. É responsablidade de toda persoa participante comprobar a súa carpeta de mensaxes privados do foro nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by sonsuso on Thu, 23 Aug 2018, 23:59; edited 1 time in total
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
300 Posts
Redondela
Reply with quote Post Sun, 19 Aug 2018, 22:11
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Estoy interesado en participar pues esta es una de las primeras carreras que corrí cuando empecé en este maravilloso mundo del running. Además, es excelente el recorrido para hacer marca y también es extraordinario el trato al corredor...
davidtorron

Maratoniano
Maratoniano
22/11/15
55 Carreiras
44 Posts
VIGO
Reply with quote Post Tue, 21 Aug 2018, 6:38
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Participo en el sorteo, esta es una de mis carreras preferidas de la temporada. Esta será mi tercera participación tanto mía como de mis hijas. Me gusta mucho por el cuidado que pone el organizador en los detalles y lo que se cuida la iniciación de los niños en el deporte con unas pruebas infantiles fantásticas.
A nivel personal espero aprovechar el recorrido de esta prueba para mejorar mi marca en el 10k.
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
102 Posts

Reply with quote Post Tue, 21 Aug 2018, 13:21
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Quero participar pq me apetece
NandezFR

Novo foreiro
Novo foreiro
13/12/15
1 Carreiras
29 Posts

Reply with quote Post Tue, 21 Aug 2018, 17:00
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Quero participar porque o recorrido ten boa pinta para reactivar as pernas despois dun verán de empachos e zozobra prolongada, e así recuperar ritmo nos 10k
kinki

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/01/13
20 Carreiras
135 Posts
cambados
Reply with quote Post Tue, 21 Aug 2018, 21:26
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Quero participar no sorteo,seria a miña primeira participacion nesta carreira e tamen intentar mellorar a marca nos 10k
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1072 Posts

Reply with quote Post Wed, 22 Aug 2018, 10:20
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Weder escribió:
Quero participar pq me apetece

Ola Weder.
Comentarche que non estás inscrito no circuíto. Polo tanto, segundo o punto 4 do regulamento, non podes participar no sorteo. Xa che pasou nalgún outro sorteo con anterioridade e noutro que tamén está aberto neste momento. Inscríbete que non costa nada!
E por certo, ese "pq me apetece" está no límite de cumplir ese requisito de "explicar por que lles gustaría ir" eh! Pensando
Grazas por querer participar e moita sorte nos sorteos (cando poidas participar Mr. Green )!

>> Visita a web do Circuíto 2019-20
a_rodal

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/12
162 Carreiras
12 Posts

Reply with quote Post Thu, 23 Aug 2018, 16:45
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/

Quero participar no sorteo, xa levo varios anos , carreira totalmente chá.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1072 Posts

Reply with quote Post Thu, 23 Aug 2018, 22:00
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): ata 23/8

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participar. Publicaremos en breve los nombres de los ganadores. Saludos y mucha suerte!

>> Visita a web do Circuíto 2019-20
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1072 Posts

Reply with quote Post Fri, 24 Aug 2018, 12:20
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): PECHADO

Ganadores: NandezFR, A_rodal, davidtorron

Enhorabuena a los ganadores de los dorsales para la XV Carreira Pedestre Concello de Moaña del sábado 22 de septiembre de 2018
Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

• Nombre y apellidos
• Fecha de nacimiento
• DNI
• Localidad
• Talla de camiseta
• Email
• Teléfono
• Si estáis o no federados
• Nº de federado
• Club en el que estás federado
• Número de chip (para carreras de CCNorte)

Link al resultado: http://www.randorium.com/es/zKj5GaZp



>> Visita a web do Circuíto 2019-20
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
102 Posts

Reply with quote Post Sat, 25 Aug 2018, 8:39
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais para Carreira Moaña (22/9/18): PECHADO

Quero participar, pq me apetece





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum