Foros ›
MARATON BARCELONA VS MARATON MADRID
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2007, 13:12
Asunto: MARATON BARCELONA VS MARATON MADRID

Xa sei que ainda falta moito tempo, pero teño que planificar ca familia á viaxe con moito tempo de antelación. Abraiado
Gustaríame moito participar nun dos dous, ainda non sei en cal, os dous teñen moi boa pinta, poderíades botarme unha man para decidirme?. Cal pensades que está millor? (valorando un pouco todo...) creo que o percorrido de Madrid é mais durillo, ainda que tampouco se trata de ir a facer marca nin moito menos, senon de disfrutar do maratón, si podo claro Ríndose Ríndose
Moitas gracias de antemán.
Saudos
Montrove

Maratoniano
Maratoniano
12/05/07
125 Carreiras
229 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2007, 13:23
Asunto:

Na miña curta experiencia preferín Madrid por aquelo da humidade de Barcelona. O percorrido de Madrid ten algunhas subidiñas pero aquí é imposible atopar ningún recorrido longo que sexa plano. Por iso preferín Madrid
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2007, 15:52
Asunto:

Moitas gracias Montrove, moi amable Moi feliz
E que mais me podes decir do maratón de Madrid?, gustouche?, en liñas xerais supoño que merece a pena?
Saudos Guiño
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2007, 16:14
Asunto:

E que me decides de Valencia......o problema parece ser a alta probavilidade de vento, (non poderían encargalo a favor?) porque o circuito din que e totalmente chairo. Sobre o de Madrid solo sei decir que e unha festa para calquer corredor popular, e que a dureza do percorrido está sobradamente compensada coa axuda que supon non ir so, en ningún intre, pois entre 8000+- que participan e imposible que non se atopen compañeiros de viaxe
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2007, 16:41
Asunto: Percorrido

Totalmente dacordo con Afiador: o MAPOMA en ambiente, de momento penso que é inigualable.
Eu corrín as últimas 5 edicións e cando o calor apreta - finais de abril, os últimos quilómetros fanse duros. Pero se teño que debutar, sen obxectivos de tempo, faríao en Madrid.
Barbanzón.
Tamén corrín Donosti, que soe ter mellor temperatura, pero ten o handicap de que é un circuito e o ambiente no é o de Madrid.
Na próxima primavera provaremos con Barcelona, que despois de moitos cambios de percorrido e organización, semella consolidar un trazado urbano, e prevése moita participación en marzo do 2008.
En fin, eu para comezar, recomendo Madrid - da igual 10 minutos máis ca menos - e a festa do atletismo popular e a xente nas rúas está garantizada. Esquecíao: a organización soe ser excelente.
Oín falar ben dos de Sevilla e Valencia, que son duas provas de nivel, chairas, e cunha particiación razonable.
Saudos;
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2007, 18:30
Asunto:

Si creo que nas últimas edicións do maratón de Madrid apretou a calor, supoño que nesas datas xa será normal que en Madrid faga bastante calor ¿non?
Bubela non sería o meu debut, fixen dous maratóns de asfalto, o de Oporto e mailo do Baixo Miño. Pero este ano que ven gustaríame facer un con moita participación, porque en eses dous fun practicamente só durante case a metade do percorrido... e faise duro.
Si oín falar de que o ambiente no Maratón de Madrid é impresionante, que compensa a dureza do percorrido.
Moitas gracias polas vosas opinións.
Saudos.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2007, 23:48
Asunto: Erro

Disculpa.
A verdade é que eu cometín algún erro como o de correr o Maratón de Mallorca, tomando como unha mistura de deporte e pracer (creo que é a vindeira fin de semana). E resulta que eramos pouco máis de 200 participantes, e a partires do quilómetro 15 faise moi moi duro ir só todo o percorrido.
Nesta prova na que a capacidade de sufrimento, e a mente - sobre todo despóis do quilómetro 30-32 - influen tanto, é prácticamente necesario ter xente que te arroupe todo o camiño. En maratóns coma o de Nova Iorque, Berlín, ou Londres, daste conta do importantísimo que é levar corredores á beira, e persoas animando na beirarúa todo o percorrido.
Sorte, tomes a decisión que tomes.
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
908 Mensaxes
Valdeorras/Lugo
Respostar citando Envío Xov, 04 Out 2007, 18:03
Asunto:

aínda non tiven a ocasión de probar na Maratón de Barcelona, por iso non podo comparar, pero de MAPOMA so teño boas palabras, aínda que é certo que cada un fala da "feira" según lle vai... Disimulando

para empezar, o tema do ambiente... impresionante. Non foron 8000 os participantes na última edición, como apuntaba o amigo Afiador, se non 13000 (8000 foron os chegados, os outros 5000 xa podes imaxinar que quedaron polo camiño...). Non sei ti, pero eu nunca vira tanta xente xunta nunha carreira popular, e o certo é que impresiona... Abraiado
outro punto a favor e a animación que hai na rúa... hai zonas menos concurridas que outras, como é lóxico, pero hai determinados puntos (Puerta del Sol, Alcalá, a chegada no Retiro...) onde a xente che fai poñer os pelos de punta, animándote coma tolos, con charangas e bandas de música... Moi feliz

moi ben tamén a bolsa do corredor, e os avituallamentos, con isotónicas, auga, froita, vaselina...

é certo que o recorrido se fai durillo, sobre todo a segunda media, con moito tobogán (aínda que soen cambiar o percorrido cada ano), pero compensa con creces... Razz

non sei cando, pero teño claro que repetirei



sexo, zume de melocoton & rock'n roll
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Xov, 04 Out 2007, 21:23
Asunto:

Boas Yosi, non e por correxir pero o de 13000 inscritos saliu publicado este ano que e un farol e que o maior número de inscritos foi xa hai uns anos cuns 8000+- ......pero sigue sendo mooooooita xente....un saudo
linkinpark

Montañés
Montañés
11/02/07
0 Carreiras
4003 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Xov, 04 Out 2007, 22:28
Asunto:

No quisiera parecer chauvinista,ni mucho menos,ni tampoco puedo opinar sobre el maraton de madrid,q no conozco,pero si puedo afirmar,y acepto apuestas,a que en 2 o 3 años ,el maraton de barcelona esta por delante,en participacion ,almenos ,sobre el MAPOMA..........

ademas el tema de los participantes en madrid,ya es un tema q ha quedado contado en diversos lugares q es un farol q se marcan los organizadores.....no se porq !.....
BARRACHINA

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/06/05
0 Carreiras
456 Mensaxes
Milladoiro
Respostar citando Envío Sáb, 06 Out 2007, 9:47
Asunto:

Llevo un tiempo pensando en correr el martón de París, pero desde hace pocos días me ronda por la cabeza el de Barcelona.
Mi experiencia es escasa. Debuté este año en Madrid y reafirmo todo lo dicho por Yosi. El ambiente, el recorrido, la alta participación ( nunca estas sólo) hace q algún año, si puedo repita en Madird
Pero creo q toca cambiar y me estoy planteado lo de Barcelona. El único problema q le veo es q es muy pronto ( 2 de marzo)y en plenas navidades ya hay q estar dándole duro y para mi es una época en la q solía descansar un poco.
Bueno saludos y a decidirse.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2007, 12:35
Asunto:

Moitas gracias polas vosas opinións e suxerencias Moi feliz
Agora mesmo está a coller forza a idea de facer o de Barcelona, teñolle medo ao calor de Madrid nesas datas e ao percorrido. E Barcelona parece un percorrido mais levadeiro e tamén parece que vai ter moita participación.
Saudos Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos