Sun, 02 Dec 2018, 0:00
Post subject: Re: Diario de Sonsuso
Hoxe
sábado 1 participei na
VIII Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive. Unha carreira de aproximadamente 6km con moitos subes e baixas, que realmente son 4 voltas (1 pequena e 3 grandes). Moi familiar, tan só 300 inscritos, e cun trato espectacular ao corredor. Ademais de ser un percorrido distinto ao habitual e nocturna. Unha das fixas ás que sempre intento ir.
Chegaba coa idea de correr rápido pero sen nada en mente. A miña categoría era de 20 a 29 anos, así que sabía que ao mellor podía rascar un pódium. Unha motivación que normalmente non teño, pero nada que me fose preocupar. Falando xa da carreira, pequeno quecemento dun quilómetro e directo para a saída con Sanmikel.
Saímos moi moi rápido, no grupo cabeceiro. Quitando o gañador da proba que nos quita rapidamente uns 20-30 metros, o resto imos todos xuntos nun grupo dunha docena de corredores. Primeiro paso por meta, a
volta pequena (duns 500m) fágoa en 1'29", estou dentro do grupo cabeceiro.
Tan dentro que na costa máis dura que hai no comezo da
1ª volta grande, póñome en cabeza do grupo e vexo que todos van frenándose, como esperando a ver que alguén se mova. A pesar da subida, sae o
km 1 en 3:27. Son consciente de que eles van de paseo esperando o seu momento e de que eu non vou poder manter ese ritmo moito, pero para unha vez que estou aí e vendo como corren os galgos durante a carreira, dígome que o obxectivo é aguantar con eles todo o posible. Comezan os ataques e os cambios de ritmo, e quedo na parte traseira do grupo. Aguanto. É irreal pero aguanto. A cousa segue acelerándose e paso o
km 2 en 3:23. "Susito, pero ti que andas a facer..." Paso por meta en 8ª posición. Agora o grupo do 2º ao 7º quítannos uns 3-4 segundos, e eu vou tirando dun trío.
Comeza a
2ª volta grande e na subida volvo a ir con ritmo alegre. Cando remata a subida as forzas xa flaquean. Aguanto varios metros máis detrás deles, pero xa non ten sentido. Así que coa sensación de ter vivido durante uns 10 minutos algo novo, deixome levar e baixo o interruptor. É certo que xa non había moitas forzas, pero tampouco pinchei nin explotei, simplemente me deixei levar. Comezan a adiantarme corredores como se fose un goteo:
km 3 en 3:56 e
km 4 en 4:03.
A
3ª volta grande é máis do mesmo, eu sigo rodando como se dunha tirada se tratase, sen apretar.
Km 5 en 4:12 e siguen alcanzándome corredores, un deles Sanmikel. Intercambiamos unhas palabras e aumento o ritmo para ir xuntos. Parece que volvo a coller ritmo pero nada, volvo a deixarme levar.
Km 6 en 3:44 e durante os últimos cen metros adiántanme varios corredores. Un deles a falta de 20 metros para meta, que será o 3º clasificado da miña categoría.
Tempo oficial: 23'08" (6,1km según gps)
Os últimos metros resumen como foi a segunda parte da carreira. Nin esprintei, nin acelerei, nin reparei no feito de que podía estar xogándome o pódium. Non fun consciente ata que nada máis chegar a meta, Sanmikel dime que ao mellor perdín o pódium por ir tan lento ao final. O que se confirmou minutos despois coas clasificacións.
A verdade é que volvo para casa moi contento. Certo é que se me deixara levar un pouco menos, ao mellor tería subido ao pódium. Pero foi o que me pediu o corpo e o que me saiu inconscientemente. Así que moi contento por poder correr con esos galgos máis de 2km e poder disfrutar de algo distinto. Bonita experiencia!