Foros ›
X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois
Forum Index / Andainas
Reply to topic

Author
Message
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Posts

Reply with quote Post Mon, 24 Oct 2016, 18:38
Post subject: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Cita:

10ª EDICIÓN
Sábado 1 de Abril 2017
Amig@s andareg@s:

“El tiempo galopa”: Parece que fué ayer cuando un grupo de amigos decidimos meternos en la aventura de organizar una Andaina de 50 Km. Y gracias a vuestra fiel participación, a los voluntari@s que nos ayudan, a las casas comerciales colaboradoras, a los medios de comunicación que nos promocionan, a los Concellos de Rois y Padrón que nos apoyan; alcanzaremos en el 2017 la 10ª edición que abrira el telón de la Copa Galega de Andainas.

Estamos de cumpleaños y queremos celebrarlo con precios muy especiales para los que completen la inscripción en Enero, que este año podrá hacerse a través de una plataforma de pago evitando comisiones bancarias.

Como siempre habrá un recorrido con muchos Km inéditos, dividido en 2 anillos. Además, para los que prefieran correr, hemos preparado un trail de 15 Km (desnivel + 630 metros).

L@s participantes de esta edición que acrediten haberlo hecho en las 9 anteriores, recibiran un reconocimiento antes de la salida. Además a un grupo de andareg@s, por su trayectoria en el mundo de las andainas, le brindaremos un merecido homenaje.

A Bisbarra do Sar esperavos unha vez maís e esta organización desexa que gozedes de un bo día.

Saúde.

Cita:

10ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 1 de Abril de 2017

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32 + 18), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.

Os dous aneis teñen inicio e fin en Padrón.

COMO FACER A PROBA

A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CAMIÑANDO:

* Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:40 e 11:45 horas

* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2017”.

* (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2017)

* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.

Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.

2/ CORRENDO :

* Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.

* Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 4:00 horas no km: 32. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.

* Terán a obrigación de levar mochila para recoller provisions nos avituallamentos.

* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.


Nº DE PRAZAS

* No modo “CARREIRA” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.

* A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

Mais información na web da andaina: www.andainabisbarradosar.com
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Posts

Reply with quote Post Mon, 21 Nov 2016, 19:14
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Cita:

PARTICIPANTES

* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON)
* A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
* Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
* Aqueles que só poidan o queiran facer o 2 anel: deberán recoller os dorsais entre as 13:30 e as 14.00. A saída será as 14:15.
* Aconsellase levar unha pequena mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
* É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.
* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
* Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

Cita:

REGULAMENTO

* A Andaina Bisbarra do Sar é unha proba de sendeirismo de 50 Km, organizada pola Asociación Colectivo Remonte e as Concellerías de deportes dos concellos de Padrón e Rois, e na que colabora a Federación Galega de Montañismo.
* A organización: Poderá facer as modificacións que sexan necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba.
* A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda non se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio. Así como descalificar a os participantes que na proba de “Camiñando” corran, troten ou no respecten os tempos de retención establecidos.
* A organización: Aínda que subscribirá un seguro de accidentes, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
* Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular.
* Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
* Os participantes saben que os tramos do percorrido que vaían por estradas o rúas de poblacións non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo gardar as normas xeraiss de Tráfico ou as indicacions da Organización. Obrigatorio cruzar as estradas polos pasos de peóns ou sitios balizados.
* Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
* Os participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal; e antes da saída da proba terán que firmar obrigatoriamente na folla de control.
* O importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos.
* O feito de facer a inscrición conleva que: tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.

Período de inscrición: 01/01/2017 ao 29/03/2017.

Máis información no foro e na web da andaina: www.andainabisbarradosar.com

rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Posts
redondela
Reply with quote Post Mon, 09 Jan 2017, 11:46
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

ALLI ESTAREMOS EN VUESTRO 10 ANIVERSARIO ,ENHORABUENA . Y YA ESTA ABIERTA LA INCRIPCION Y EN LA FEDERACION NO TIENEN NI EL CALENDARIO PUBLICADO VAN POR DETRAS.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Posts

Reply with quote Post Tue, 24 Jan 2017, 19:46
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Ainda non pasou un mes desde a apertura das inscricións, e xa se está a pique de acadar as 100 primeiras.

A organización pídeme que lembre que o prazo de inscrición con custo reducido acaba dentro dunha semana, o día 31 de xaneiro, pasando despois dos 10 € (7€ os federados) a ser de 13€ (10€ os federados).
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Posts

Reply with quote Post Wed, 15 Feb 2017, 19:56
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Comunicado de la organización:
Cita:
Hola, os recordamos que:

1º/ Hoy día 15, a las 24:00 horas, finaliza el plazo para acreditar haber participado en la 9 anteriores ediciones de la Andaina Bisbarra do Sar.

2º/ Todos los inscritos antes de las 24:00 horas del día 26 de febrero, recibirán un obsequio conmemorativo por su participación en la 10ª edición de A.B. do Sar.

3º/ A partir del 1 de marzo todas las inscripciones (federados o no) serán a 17 €.

Saludo.

Asociación Colectivo Remonte


LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Posts

Reply with quote Post Mon, 27 Feb 2017, 19:39
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Boas noites.

Con xa un total de 290 inscritos, lémbrase que mañán é o último día para inscribirse aprobeitando o período con cuota reducida, co cal a partir do 01 de marzo todas as inscricións (federados ou non) serán a 17 €.

LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
cousas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/04/14
100 Carreiras
237 Posts
Melide
Reply with quote Post Tue, 28 Feb 2017, 9:12
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Alí estaremos, na modalidade de correr, a ver como acaban as pernas. Algén por aquí que a fixera nesta modalidade ou que a faga este ano??
Non se pode incluir no Circuito igual que o Trail?
Saludos!!!!

Melide Trail Team
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Posts

Reply with quote Post Wed, 01 Mar 2017, 7:09
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

cousas escribió:
..
Non se pode incluir no Circuito igual que o Trail?
Saludos!!!!
A Andaina ten caracter non competitivo incluso na modalidade na que se permite correr, non se elaboran listaxes de chegada, e polo tanto non cumpre cun dos requisitos necesarios para ser incluída no circuito.
Saúdos.

LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
cousas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/04/14
100 Carreiras
237 Posts
Melide
Reply with quote Post Thu, 02 Mar 2017, 9:57
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

U escribió:
cousas escribió:
..
Non se pode incluir no Circuito igual que o Trail?
Saludos!!!!
A Andaina ten caracter non competitivo incluso na modalidade na que se permite correr, non se elaboran listaxes de chegada, e polo tanto non cumpre cun dos requisitos necesarios para ser incluída no circuito.
Saúdos.
ahá! perfecto!! Very Happy

Melide Trail Team
cousas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/04/14
100 Carreiras
237 Posts
Melide
Reply with quote Post Tue, 28 Mar 2017, 14:46
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Para realizala correndo, e visto q é posible que chova e que esté o terreo mollado, mellor con zapatillas de trail? Hai zonas técnicas?

Melide Trail Team
Aventura40

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/04/09
0 Carreiras
85 Posts
Coruña
Reply with quote Post Thu, 30 Mar 2017, 18:02
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

¿Es una prueba "DE FONDO"???

Entonces, ¿por qué se exige un ritmo MÁS ALTO al principio y luego Decreciente?

No acabo de entender las razones (deportivas NO SON) por las que se exige un ritmo más alto al comienzo (los tiempos máximos "de corte" son km 12= 2 h 30 mn= 4,8 km/h (no 4,5 como pone la hoja); km 21= 4,66 km/h ; km 32=4,57 km /h ; km 41= 4,55 km/h y final de 4,26 km/h), cuando de todos es sabido que en las pruebas de andar (¡no de CORRER!!!) el ritmo bueno se coge no al arrancar sino cuando ya llevas unas horas, digamos entre el km 20 y el km 40.

Además al principio, con las aglomeraciones y los cuellos de botella (¿fila india??) es imposible coger "tu" paso hasta que no pasan los primeros km. En el video de "revisión", con un grupito reducido, no hay que sufrir atascos.

La única razón es que los organizadores son corredores, o corren , y sólo piensan desde su punto de vista, no el de un Andarín. El objetivo no es andar a ritmo de fatiga (como se ve a los que hablan en el video) sino al que te permita hablar (o no) y llegar al final con una cierta frescura.

Me agradaría que alguien aclarase porqué una persona que sea REGULAR, y camine a un ritmo "constante" de 4,3 km/h (superior al ritmo medio admisible) corre el riesgo de ser "descalificado" (y obligado a abandonar) ya en el primer control. No es mi caso, por si alguien es susceptible.

Quizá tengo un concepto distinto de dosificar: Empezar despacio (calentando), subir el ritmo progresivamente, coger el ritmo bueno casi a mitad de la prueba, parar a reponer fuerzas (sin enfriar), seguir en ritmo bueno hasta el km 40-42, y "aflojar" los ultimos 8-10 km.


Por otro lado, la tendencia a rebajar el tiempo máximo (12 h) parece que empieza a ser una costumbre en estas pruebas (en esta edición 15 mn menos sólo).

También sería interesante que el Reglamento, que parece muy estricto para unas cosas, considerase la posibilidad de que las pérdidas de tiempo por ayudar a otro participante no penalizasen al "benévolo". En la edición del año pasado nos detuvimos (mi compañero y yo, NO paró nadie más) a ayudar a un participante que le dió una pájara en la primera cuesta (estaba sentado con dificultad para respirar) sobre el km 13, y luego debimos "correr" (pese a estar "prohibido") para llegar al primer control con 10 mn de margen. (Luego le pasó factura el sobreesfuerzo en el km 20, con un bajón).
cousas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/04/14
100 Carreiras
237 Posts
Melide
Reply with quote Post Fri, 31 Mar 2017, 17:23
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Ten bastante sentido o que comentas.
Solo discrepo nunha cousa, para min os organizadores de corredores con teñes nada!! Ti viches os tempos de corte que temos para correr os 50km, con 4200m acumulados?? 6,5h. Tivo que ser un erro, ou está mal pensado.
Suelo ser do vagón central das carreiras, entreno moitos Km á semana, e asegúroche que me vai costar entrar en tempo, se entro, polo que a mitade non acabarán en tempo seguro...
Aventura40

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/04/09
0 Carreiras
85 Posts
Coruña
Reply with quote Post Fri, 31 Mar 2017, 17:55
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

cousas escribió:
Ten bastante sentido o que comentas.

En mi entorno hay personas que pueden tener complejo pasar el tiempo de corte de 12 km en 2 h 30 mn. Hay quién sube muy lento y baja deprisa, y quien va constante. Al ritmo medio de 4,3 km /h para 12 km serían 2 h 47 mn. Habrá quién argumente que "no son relevantes" esos 17 mn de margen, o incluso que si "no puedes" es que "no vas a aguantar" los 50 km. Y eso es "no tener ni idea" de lo que es el fondo, porque medimos con baremos de explosividad.

Una persona puede tener un bajón (o una dificultad puntual) en un tramo (porque va mojado, o llueve fuerte, o graniza, y para a que escampe) y luego recuperarse y apurar en el siguiente.



Desde el argumento que el nivel optimo de ritmo no se alcanza en los primeros km, ¿qué puede importar que empieces por debajo de 4 km/h si después alcanzas puntas de más de 6 km/h, para medias en torno a los 5 km/h??. Lo importante es acabar la prueba dentro el tiempo máximo.


Lo que nos pasó en 2016, que tuvimos que salir al 2º bucle SIN COMER, porque llegamos a las 14:50 al pabellón (el control cerraba a las 15 h) y la persona que allí estaba apuntando nos dijo "Bien clarito" que teníamos que salir ANTES del cierre del control NO TIENE SENTIDO. El cierre de control es "para llegar". Cojimos lo que pudimos y NOS SENTAMOS fuera del Pabellón... (dónde ya NO nos podía decir nada!!). Esa es una de las Razones por las que DEBERÍA haber un Reglamento CLARO.

Por otro lado, el tema del largo de la zancada parece ser un tema tabú. No es lo mismo para una persona de cerca de 1,80 mts, que para otra que no llega a 1,60 mts. El esfuerzo es mayor para la más baja para alcanzar la misma velocidad. Y, quizá como en otros Deportes, contemplar la posibilidad de que las mujeres (ya son el 30%) pueden requerir unas circunstancias distintas.

Saludos
cousas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/04/14
100 Carreiras
237 Posts
Melide
Reply with quote Post Sun, 02 Apr 2017, 6:40
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Unha vez finalizada a proba vou dar a miña opinión sobre a modalidade CORRENDO, na que fixemos un tempo de 5:28h acadando os posto 5º e 6º eu máis o meu socio, principalmente para q os erros de esta edición non se volvan cometer, evitar futuras desgracias e axudar a mellorar ás probas ca nosa experiencia. Quer deixar claro que é unha mensaxe constructiva.

CONTRAS
Cando unha organización da a posibilidade de apuntarse en distintas modalidades ten que ser consecuente e dar as mesmas prestacións a uns e a os outros.
Cando na charla previa á salida a organización di "para os corredores é posible que os avituallamentos non estén aínda montados o seu paso por eles" quedeime realmente noqueado, sonaba a chiste totalmente!! 50km correndo ca "posibilidade" de que non existiran avituallamentos, !!están de carallada!! Pero non! Avit. dos km 12, 21, 32 correctos. Pero no avituallamento que estaba previsto para o km 41, quizais nunha das parte máis duras da carreira, salvando un gran desnivel, sorpresa, non existía. Eso significaba facer 18km sen ningún tipo de avituallamento. Cando te planteas unha carreira planeas a hidratación e comida en función da posición dos avit. esto no meu caso supuxo beber o líquido todo que tiña na subida ata o km 40, porque me facía falta e porque sabía que no km 41 tiña para repoñer.
Creo que o fallo máis grande e crítico que pode cometer unha organización é este, poñer en risco a saude dos seus participantes suprimindo bebida e comida dos puntos previstos
Outra contra, xa máis persoal, foron os tempos de corte, claro está que son coñecidos de antemao e se che gustan ben e se non pois non te apuntas. No km32 o tempo de corte eran 4h, pasamos a 20min do cierre, polo que o 75% dos participantes non entraron en tempo. Algo fallou no cálculo dos tempo.
E por último, non se pode publicar un perfil con 4100 metros de desnivel acumulado cando en realidade foron 3000m. Nin o peor dos GPS comete ese erro.

PROS
Non todo iba a ser malo, coma sempre os voluntarios sempre son o mellor, amables, serviciais, atentos, un luxo na carreira de onte! O percorrido, sobre todo o do 1º bucle, foi moi fermoso, atravesando zonas de monte autóctono realmente preciosos, sendeiros, carreiros e camiños que facían que foras disfrutando cada km de carreira e que o tempo correra so.
A marcaxe foi perfecta, ben senalizado e balizado, cada cruce, cada recta, cada desvío, todo perfectamente marcado e ben visible
Despois de 50km correndo, unha duchiña en auga quente é o mellor que che pode pasar, das poucas carreiras nas que me duchei con auga quentiña!
E por último, a comilona que había ó remate era perfecta, que boas estaban as empanada, xa me pasaredes o número do panadeiro!!jajaja!

Para rematar, unha gran carreira que estivo manchada por un fallo garrafal, crítico, que non se pode cometer.

Moitas gracias a todos os voluntarios partícipes que fan posible este tipo de probas, e á organización, porsuposto!
halfpenny

Novo foreiro
Novo foreiro
31/10/14
0 Carreiras
8 Posts

Reply with quote Post Sun, 02 Apr 2017, 8:43
Post subject: Re: X Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Moi bo resumo Cousas Aplauso . Estou totalmente de acordo en todo o que dis en canto aos voluntarios, o percorrido do 1º bucle, a dureza do 2º, a sinalización (aínda que algún me comentou que se perdera nalgún punto) pero en honor á verdade gustaríame matizar un par de puntos. Son o rapaz de Noia que ía todo acalambrado no km 42 Muro , máis ou menos, que coido que foi cando me pasastes. Se ti e o teu compañeiro fostes 5º e 6º, entón eu fun 7º (5h:48m) Bailar porque non me pasou ninguén máis. Tampouco é para sacar peito porque na modalidade correndo coido que non debemos acabar a proba moitos máis de 10. Só estou seguro de 2 corredores despois de min, e iso que estiven un bo tempo alí roendo na empanada. Como era non competitiva, é difícil dar datos obxectivos.
O que che quería matizar é que si que había tempo que estabamos avisados do tema dos avituallamentos. De feito, ata tivemos sorte. Explícome para que o entendas. No blog da andaina (http://andainabisbarradosar.blogspot.com.es) e na súa páxina de Facebook xa hai tempo (desde novembro) que tiñan publicado unha táboa con puntos de control e avituallamentos. Se te fixas na táboa, os que faciamos a modalidade correndo, só tiñamos garantido o avituallamento nos kms 32 e 50. Unha animalada Shocked . Os restantes (kms 12, 21 e 41) podiámolos atopar abertos en función do ritmo que levásemos que determinaba a hora á cal chegásemos a eles. Aquí é onde digo que tivemos sorte. O meu GPS di que eu cheguei ao 1º (km 12) ás 10:17 co cal aínda non debía estar aberto ata as 10:45 pero estaba. Ao 2º (km 21) chegamos xuntos. Lembro que case paras nunha fonte a coller auga porque pensabamos que non estaba pero era uns metros máis adiante. Chegamos alí sobre as 11:10 (+/-), unha hora antes de que abrise. Agora entendes porque digo que tivemos sorte. Onde nos abandonou a sorte foi no km 41. Eu pasei por alí ás 13:30 pasadas. O avituallamento abría dúas horas despois (15:30), por iso non había ninguén alí. Supoño que vós pasastes pouco despois de min e pasouvos o mesmo. Un pouco despois foi cando me adiantastes.
En resumo, si que estabamos avisados. Tivemos sorte no km 12 e moita sorte no km 21. É de agradecer á organización que xa estivesen alí cando nós pasamos.
Polo demais, estou de acordo contigo en que o do km 41 era moi necesario. Imaxina como tería sido a nosa carreira se non atopamos avituallamento nos kms 12 e 21 tampouco Muerto . É perigoso?, certo; habería que cambialo?, seguro; pero estabamos avisados?, si.
Agora a recuperar as perniñas e ata a próxima. Un saúdo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum