Foros ›
Autor
Mensaxe
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 22 Nov 2016, 15:41
Asunto: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Buena carrera. Tener que ir remontando cansa mucho debido a los constantes cambios de ritmo.

En la foto parece que le estés mandando una maldición babilónica al fotógrafo por estar ahí captando el momento. Mr. Green

Unha cousa coa que non contaba cando me metín a isto de correr é que o sufrimento nas carreiras exhacerba a fealdade, e eu que xa non son moi guapo en reposo, cando sufro pónseme un careto que mete medo. Mr. Green
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 22 Nov 2016, 15:52
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 15
8.1 kms a 5'28'' (27 voltas ó campo de fútbol)

Hoxe tiña pensado facer un "gran" entrenamento Payaso por herba, pois por fin lle pasaron o cortacésped ó campo, e a temperatura ambente era fresquiña...Pero non puido ser. As primeiras voltas saíron bastante ben pero pouco a pouco fun notando como que inda non estaba recuperado de todo do esforzo do Domingo, así que antes de completar o primeiro tercio do rodaxe, o obxetivo cambiou a simplemente cumplir coas 27 voltas que esta tempada me plantexei como mínimo en circunstacias normais.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 23 Nov 2016, 13:36
Asunto: Re: Diario de eumealto

Un consello para non sair tan mal nas fotos...Gafas. Dígocho por experiencía.
Eu nalgunha parece que acabo de sair da taberna
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 23 Nov 2016, 20:05
Asunto: Re: Diario de eumealto

cK13 escribió:
Un consello para non sair tan mal nas fotos...Gafas. Dígocho por experiencía.
Eu nalgunha parece que acabo de sair da taberna

Non, gafas non. Cando compito non me gusta levar moitos trebellos encima, pois todo me molesta. Sólo cando apreta o sol como extra poño unha visera pero porque o non facelo resúltame peor...En fin, o que nace feo morrerá feo, qué lle imos a facer Ríndose
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 23 Nov 2016, 20:12
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 17
12,58 kms a 5'16'' (Circuito habitual das tiradas longas)

Saín como como fago ultimamente a facer unha ducia de kms sen forzar. Ate o km 7 fun así así... non mal, pero tampouco suelto de todo, pois soplaba unha lixeira brisa de frente, pero foi dar a volta e correr xa con esa brisa a favor que me permiteu soltarme un pouco máis completando unha tirada bastante correcta.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 23 Nov 2016, 20:23
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 20
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

4:15-4:26-4:21-4:29-4:22-4:25 (Media 4:23)

Como despois da tirada longa tiña previsto facer series, decidin deixar 2 días de descanso entre ambos entrenamentos, e a verdade é que foi un gran acerto. A pesares de botar todo o día na Feira do Mel do meu pobo con comida a base de polbo e churrasco incluida Satisfecho , cando comecei o entreno ben entrada a noite, nos primeiros 2 kms de quecemento xa notei as pernas en boa disposición. Tiñalles algo de medo ás series impares porque soplaba o vento en contra, pero curiosamente saíronme máis rápidas que as pares. De todas formas debo recoñecer que cecais fixen as primeiras algo fortes pois as 2 últimas costoume bastante acabalas a ritmo constante.


Última edición por eumealto o Xov, 24 Nov 2016, 23:18; editado 1 vez
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 23 Nov 2016, 20:36
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 22
9,01kms a 5'18'' (Ruta Muras-Roupar)

Hoxe tocaban subidas e decidinme por unha ruta montañosa de 7kms coa primeira metade todo subida e a segunda todo baixada, pero complementada con 1 km máis de subida previa e 1 km final adicional de chan. Como pola tarde-noite non iba a ter tempo,e dado que non facía demasida calor, decidin saír ó mediodía antes de comer. Pero comprobei que me debo estar volvendo vampiro ou algo pois logo de meses sen sair a entrenar coa luz do día, as primeiras rampas desa subida previa deixáronme un tanto planchado Muerto ...Tanto que cando chegou a subida gorda, non a din feito dun tirón e tiven que andar un par de veces. Supoño que tamén terían algo que ver as series "a cañón" do anterior entrenamento. Inda asi non me queixo pois das veces que tiven que parar a andar nun entrenamento foi a vez que mellor ritmo medio fixen.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 24 Nov 2016, 23:12
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 24
12,01 kms a 5'16'' (Circuito habitual das tiradas longas)

Outro día no que as expectativas previas do entreno superaron a realidade. Antes de comezar prometíame a min mesmo unha tirada semiespectacular dados os 4º que marcaba o termómetro do coche, e o ceo despexado. Pero non sei se foi que saín demasiado abrigado (Primeira vez na tempada que saio con manga longa e guantes) ou que carguei demasiado a mochila de hidratación coa que saio sempre. O resultado foi que me sentín en todo momento demasiado pesado e as pernas sen chispa. En definitiva un entrenamento que se ben non se pode catalogar como malo sí que esperaba máis dadas as condicións climáticas.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2016, 23:13
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 27
6.25 kms a 4'35'' (Legüa Marítima Malawi)

Primeira vez que participo nesta carreira e a verdade que me quedaron gañas de repetir. Percorrido coñecido pois é moi similar á Carreira da Torre quitándo a subida final e que se fai en sentido contrario. Temperatura fresca inda que con Sol e contento tamén por volver a coincidir con correlegas coma neslugo, papero e outros máis que non andan polo foro. A carreira en sí, comeceina saíndo a un ritmo rapido pero cómodo pois os primeiros metros son en baixada. Dende o comezo atópome á par con neslugo e unha vez ahí intento seguirlle o ritmo. Os primeiros 2 kms vou a un ritmo no que me atopo ben. A partir de ahí comeza a subida cara os campos da Torre que fago con relativa solvencia. Toda a volta polo paseo dos Menhires sigo sen notar problemas pero baixando xa Adormideras intento non lanzarme demasiado para recuperar na costa que ven de inmediato. Ahí xa comprobo que esa subida fai pupita e non é o mesmo subila na Carreira da Torre cando inda non se leva un km corrido que cando se levan case 4. Digolle a neslugo que tire e que non se preocupe por min, pero non me fai caso e agárdame. Chego arriba xa bastante esixido pero conto recuperar na baixada, cousa que según xiro cara o Paseo comprobo que non vai ser así. Pois o sol comeza a petarme na cara coma unha labazada non-stop e pásame o habitual nestes casos: que me costa unha barbaridade recuperar inda que sexa baixando. En canto chega o chan a cousa empeora e voltolle a insistir a neslugo, que vai pendente de min en todo momento que siga él, pero sigue empeñado en tirar de min. Eu xa me vou rallando a cabeza pensando en que se vou así de esixido polo terreo chan en canto toque dar a volta e volver a subir a costa que hai nos últimos 500m non sei cómo vou a facer. Bueno pois o conto é que chega o momento de facer o xiro: Todo foi deixar o sol á espalda e notar un alivio tremendo. Subo a costa esa tan temida case sen enterarme, e ademáis xa me dou conta que á carreira vanlle faltar uns 200m da medida oficial, así que entro na meta con neslugo inda con forzas de reserva.

Debo de estarlle grandemente agradecido a neslugo por axudarme nos momentos máis difíciles da proba, estando máis pendente de que non me descolgase de él no cando de facer a súa carreira. Estas son as cousas polo que a un lle presta correr. Moitas grazas compañeiro, déboche unha Aplauso
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 13 Dec 2016, 16:26
Asunto: Re: Diario de eumealto

Teño isto un pouco abandoado, Abraiado a ver se o vou poñendo ó día Bailar

Martes 29
9 kms a 5'22'' (30 voltas ó campo de fútbol)

Hoxe por fin caíron as 30. Non é que o tivese previsto dende un principio, pero conforme se iban sucedendo as voltas, notaba que as forzas non menguaban e decidin ir a polo reto. Agora a ver cándo o podo volver a repetir.


Xoves 1
11.57 kms a 5'10'' (Riazor-Hípica-Riazor)

Tocaba reunión de traballo na Coruña así que levei o macuto para sair a rodar cando acabase. Sintome moi cómodo correndo polo paseo marítimo, cruzarme con outros corredores parece que me motiva, e saenme moi bos ritmos de forma natural.

Domingo 4
11.10 kms a 5:09 (3 kms de subida cara ó alto Guriscado e o resto case todo baixar)

As circunstanias do día, leváronme a ter que comezar o entrenamento a 8 kms da casa con 1 km de subida, outro chan e o resto baixar. Como me parecía demasiado "fácil" Satisfecho Logo dese 1º de subida tirei por outra carretera para seguir subindo outros 2 kms. Despois era case todo baixar, pero inda así eses 8 kms restantes fixéronseme longos e as pernas pedían clemencia Angel
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 13 Dec 2016, 16:37
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 6
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

4:28-4:21-4:32-4:25-4:31-4:18 (Media 4:26)

Series de 1K algo máis lentas que as do outro día pero dentro do razonable.

Xoves 8
10,49 kms a 5'16'' (Circuito habitual das tiradas longas)

Como xa levaba 2 días seguidos facendo rodaxe superiores a 11kms e tendo previsto competir en Lugo o Domingo, quixen facer esta tirada duns 10kms a un ritmo suave, pero comecei cómodo nos 5 primeiros kms e deixeime ir de ritmo. O problema foi que nos outros 5 xa non fun tan cómodo e ó final non me saiu unha tirada tan suave nen tan relaxada coma tiña previsto.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 02 Xan 2017, 15:59
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 11
10 kms a 4'52'' (Lugo Monumental)

Segunda participación nesta carreira que correra por vez primeira no 2014. Daquela fora unha das que máis me prestara correr. Lembro que había néboa e facía frío. Pero este ano non foi así, inda que a mañá amenceu fresca, ás hora da carreira lucía un sol esplendoroso que non presaxiaba nada bo para min. Comecei ben, controlando o ritmo e nos 2 primeiros kms saiume a unha media de 4:37 pero xa vía que se me despistaba no ritmo, subía a media a 4:38-4:39. Vamos que costaba manterse. Nas zonas sombreadas pola ronda da muralla iba máis ou menos ben , pero a segunda pasada polo tramo de Ramón Ferreiro logo da subida no km 4 deixoume tocado. Ahí comezou a cabeza a xerar pensamentos negativos imaxinando un inferno na volta polo adarve sen unha miserable sombra. Recuperei un pouco como puiden na baixada antes de encarar a subida á Muralla, e ahí entrei en modo supervivencia xa sen fixarse en tempos nen ritmos nen nada, simplemente desexar que acabase dunha vez o suplicio. Ó final entrei na meta no posto 570 cun tempo de 48:37, 15 segundos máis lento que no 2014 cando inda non levaba un ano correndo. O único positivo é que me tocou o premio especial por entrar nese posto. Era un Polar M400 valorado en 159€ que moi amablemente os rapaces da tenda Endorfina Sports de Lugo me permitiron cambiar por outros artículos que me facían máis falla, coma un chándal e un cortaventos.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 02 Xan 2017, 16:04
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 13
6 kms a 5'12'' (20 voltas ó campo de fútbol)

Saín ó mediodía, con sol e notaba as pernas cansas da carreira do Domingo. Non fun nada cómodo inda que o ritmo era bo, decidin acortar a tirada pois ibame ser imposible facer a distancia prevista.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 02 Xan 2017, 16:09
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 15
9,24kms a 5'17'' (Ida e volta ate a parroquia de Xelgaiz)

Igualando récord de ritmo nesta ruta. Saín rápìdo e a pesares que nas subidas fun máis lendo que a outra vez que fixen este ritmo, nas baixadas e zoas chairas corrin bastante máis.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Ven, 06 Xan 2017, 18:46
Asunto: Re: Diario de eumealto

Pues al final te vino bien que la Monumental no te saliera como querías al principio. ¡Pedazo regalo! Abraiado


Reconozco que me dejas un poco sorprendido con lo del sol. Aunque claro, eso es subjetivo. Yo, que también estuve allí, lo recuerdo como algo agradable que mantenía a raya el frío, o las nieblas. Si este te afecta en las carreras de junio/julio lo debes de pasar muy bien. Mr. Green





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos