Foros ›
Borrador regulamento Circuíto
Foros de debate / O Circuíto 2015-16
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2015, 9:23
Asunto: Borrador regulamento Circuíto

Copiamos aquí a proposta de regulamento para esta tempada. A idea é saber se queda claro (tanto para veteranos circuiteiros coma para os novos), se hai algo que engadir ou se atopades erros.

Graciñas polos comentarios.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Regulamento
As normas do xogo
O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2015-16 (o Circuíto) é un xogo aberto a calquera persoa que lle guste correr e participar nas carreiras populares, con inscrición gratuíta e autoxestionado polos propios participantes.

Comeza na primeira fin de semana de setembro de 2015 e remata na derradeira de xuño 2016.

Funcionamento
No Circuíto sumas puntos en cada carreira que participes aínda que chegues de último. Neste xogo é máis importante a regularidade co posto acadado nas probas e, polo tanto, os últimos si poden ser os primeiros.

A cousa vai así:
- Participas nunha carreira puntuable (ver listaxe).
- Consultas o teu posto na clasificación xeral definitiva.
- E vas ao apartado Enviar posto para sumar os puntos acadados.

Podes enviar un máximo de 40 resultados ao longo da tempada e o envío de puntos de cada carreira péchase 15 días despois de subidos os resultados.

Os puntos que sumes irán á clasificación xeral de ruta, a de montaña se é o caso e a de parellas ou equipos se participas nestas modalidades.

Inscricións
A inscrición é gratuíta. Os únicos requisitos para participar son ter 18 anos cumpridos a 1 de setembro de 2015, unha conta de email e un móvil.

Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para reinscribirse de xeito individual. Se algún participante non repite inscrición na 1ª ou 2ª división a súa praza será ocupada por aqueles que quedaron ás portas do ascenso na tempada anterior.

/ Inscricións e reinscricións a partir do 7 de setembro de 2015 aquí

Carreiras e puntuación
As probas puntuables as podes consultar nesta listaxe, que se actualizará a medida que se confirmen as datas de novas carreiras. Se es organizador e queres incluir de xeito gratuíto a túa proba, vai ao apartado Contacto para engadila.

Cada carreira de ruta ten un coeficiente en función da súa distancia dende 1 para probas de menos de 6 km ata 5 o maratón. En función de ese coeficiente, o teu posto e o total de chegados á meta calcúlanse os puntos segundo a fórmula:

xxx Gráfico coa fórmula xxx

Para probas de montaña (trail) a cousa cambia. Teñen un coeficiente máximo de 5 para que puntúes na clasificación de ruta e outro máis elevado para sumar na clasificación de montaña. Este outro coeficiente ven determinado pola distancia e o desnivel positivo da proba.

Modalidades
Para facelo máis divertido o Circuíto conta con varias clasificacións.

- Clasificación xeral individual de ruta - Con 1ª, 2ª e 3ª división xeral, feminina e masculina.
- Clasificación por parellas - xeral e mixtas.
- Clasificación por equipos - Con 1ª, 2ª e 3ª división.
- Clasificación xeral de montaña - Con división única xeral, feminina e masculina.

- Clasificación por localidades - ¿Quen é o mellor de cada lugar?
- Clasificación entre localidades - ¿Onde corren máis?
- Clasificación por categorías - A partir dos 35 en rangos de 5 anos.

As puntuacións para parellas, equipos, localidades e categorías cóllense da clasificación xeral de ruta.

Individual de ruta
A 1ª e 2ª división individual estarán compostas por 200 corredores cada unha en base ás tempadas anteriores e con descenso dos 40 derradeiros postos.

Na 2ª e 3ª división individual conseguirán o ascenso os 40 primeiros postos. Todas as novas inscricións empezarán a súa andaina no Circuíto na 3ª división.

Equipos
Os equipos están formados por 6 corredores no que un deles é o capitán. Para esta clasificación sumaranse as 5 mellores puntuacións dos compoñentes do equipo, descartando sempre ao que leve menos puntos.

A 1ª e 2ª división estará formada por 20 equipos en base ás participación en tempadas anteriores e con decenso dos 5 últimos de cada unha delas.

Da 2ª e 3ª división ascenderán os 5 primeiros equipos clasificados. Os novos equipos empezarán na 3ª división.

/ Se queres inscribir unha parella ou un equipos clic aquí

Incidencias
En caso de que non aparezas nunha clasificación por un erro de cronometraxe ponte en contacto coa organización da proba para que o corrixa.

Se o teu nome non aparece no listado definitivo da carreira non podemos sumar os teus puntos para o Circuíto.

Descualificacións
Se algún corredor falsea os datos de inscrición nalgunha das probas incluídas ou é sorprendido correndo por outro participante perderá todos os puntos da tempada e non poderá seguir enviando resultados.

Outros
O non previsto no Regulamento resolverase segundo o criterio da organización ou mediante consulta pública no foro oficial do Circuíto.

Circuito Galego de Carreiras Populares 2015-16
Correr en Galicia


Última edición por O_Circuito o Sáb, 05 Set 2015, 15:43; editado 1 vez
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2015, 13:14
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Falta indicar que remata en xuño de 2016 e o tema dos trocos nos equipos...
mosquera9599

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/03/13
81 Carreiras
583 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Sáb, 05 Set 2015, 7:33
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Quererías dicir que remata na derradeira semana de xuño de 2016, no?

Aiquirindo

10.000 METROS: 47.49 - OFICIAL
21.097 METROS: 1.50.15 - OFICIAL
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Set 2015, 9:46
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Fantastico Chicos, que bueno que en nada ya empieze el circuito!!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Set 2015, 15:44
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Correxido o de xuño de 2016, grazas por avisar.

Nos trocos de equipos ¿qué preferides? ¿Só 2 coma a pasada tempada ou o ampliamos a 3?
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 9:51
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

CircuitoCENG escribió:
Correxido o de xuño de 2016, grazas por avisar.

Nos trocos de equipos ¿qué preferides? ¿Só 2 coma a pasada tempada ou o ampliamos a 3?

Penso que non deberiades cambiar a norma, senon xa empeza a polemica.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 11:50
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Lo malo de los dos fichajes es que a un equipo le puede venir un año malo y terminar desapareciendo porque no consigue que permanezcan al menos tres del equipo. Yo votaria por tres. No sé.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 12:58
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Eu creo que quedaría máis claro o final da tempada, para o útimo día de xuño de 2016, que coincide en xoves 30. Igual existe algunha proba despois do fin de semán..
Adroq

Maratoniano
Maratoniano
27/06/10
5 Carreiras
765 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 13:14
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

CircuitoCENG escribió:
Correxido o de xuño de 2016, grazas por avisar.

Nos trocos de equipos ¿qué preferides? ¿Só 2 coma a pasada tempada ou o ampliamos a 3?

Yo preferiría que siguiera la norma del año pasado, es decir, un máximo de dos cambios.

Gracias por vuestra labor.
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 15:55
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

maseda escribió:
Lo malo de los dos fichajes es que a un equipo le puede venir un año malo y terminar desapareciendo porque no consigue que permanezcan al menos tres del equipo. Yo votaria por tres. No sé.
Preguntalle a Lestrove que tuveron que empezar en 3ª este ano. Non sería xusto que o ano seguinte cambiar a norma....
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 18:11
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Estoy mirando que en el borrador del regulmiento del circuito en la parte de inscripciones pone:Inscricións e reinscricións a partir do 7 de setembro de 2015 aquí, con " aqui" se refiere a este foro o en teoria el "aqui" al darle encima deberia llevarte a otro foro en el que poder inscribirte( cosa que no puedo hacer) igual con lo de la inscripcion de parejas, a ver si alguien puede aclararmelo, muchas gracias.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 20:36
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

papero escribió:

Preguntalle a Lestrove que tuveron que empezar en 3ª este ano. Non sería xusto que o ano seguinte cambiar a norma....

Si, lo decia por casos como ese por ejemplo. Justo está claro que no es aunque el reglamento está para mejorarse o empeorar. Nunca se sabe. Ríndose Pero Sólo era una sugerencia. A mi tanto una cosa como la otra por mi bien.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Set 2015, 18:06
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

Vizor, en 'aquí' habrá un enlace a un apartado con la información para inscribirse.

Para os que teñades conta no foro e estedes apuntados no Circuíto co mesmo email haberá un sistema de auto-inscrición Moi feliz
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Set 2015, 20:16
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

CircuitoCENG escribió:
Vizor, en 'aquí' habrá un enlace a un apartado con la información para inscribirse.

Para os que teñades conta no foro e estedes apuntados no Circuíto co mesmo email haberá un sistema de auto-inscrición Moi feliz
Ah!!! Vale, gracias por la aclaración, es que veía que no me salia el enlace y estaban pensando que igual era cosa de mi ordenador.
jotaeme

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/06
0 Carreiras
1056 Mensaxes
OURENSE / A CORUÑA
Respostar citando Envío Mér, 09 Set 2015, 19:42
Asunto: Re: Borrador regulamento Circuíto

papero escribió:
maseda escribió:
Lo malo de los dos fichajes es que a un equipo le puede venir un año malo y terminar desapareciendo porque no consigue que permanezcan al menos tres del equipo. Yo votaria por tres. No sé.
Preguntalle a Lestrove que tuveron que empezar en 3ª este ano. Non sería xusto que o ano seguinte cambiar a norma....

.. home Lestrove... "o manager galáctico" o ano pasado fixo 5 trocos... jajaja.. a jolpe de talonario... e ainda pretendìa que se considerase que era o mismo equipo porque fora debido a "infortunios" del destino deportivo...

Eu penso que debe seguir a norma dos 2 trocos como hasta ahora..

5000 m. ----- 19.41 .....5 k Leyma 2017
10000 m. ---- 41.43 .... San Martiño 2011
21097,5 m -- 1.31.37.... MMViana - 2020
42195 m. --- 3.19.24 .... Berlín / Oporto - 2017





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos