Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Nov 2021, 16:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 22 ao 28 de novembro

Podería dicir que máis do mesmo. Abducción laboral e doméstica e nada de entrenos ou táboas de exercicios.
Onte sábado nada mais erguerme da cama decidín calzar as zapatillas e uniforme de correr, por si facía oco para saír pola maña, pero ao final non foi posible.
Hoxe domingo conseguín finalmente sair a iso das 9:30. Por aquelo de non tirar con nada, fixen uso de dúas gominolas enerxéticas que quedaran fora do envase e sen consumir o día da San Martiño. Supoño que entre iso e o frío, o ritmo de entreno a trote saiu vivo, e logrei que o garmin me anotase o récord de km máis rápido deste mes, e que o crono final fose de 49:19 minutos , en lugar de 53, e que o ritmo óptimo nalgún momento baixase a 3:57 nalgún decámetro dalgunha das breves costas abaixo do percorrido. Ritmo medio: 5:33, o que non está nada mal para un único entreno semanal.

A xente anda toleando coas inscripcións nas carreiras. Eu non teño nin idea de que facer coa miña vida. Haberá que esperar a ver que dí a compañeira Nair, se quere volver a entrenar a dúo e se lle apetece facer a Vig Bay por dcebaixo das 2 horas. Mentras non se saiba nada por esa banda, o obxectivo segue sendo non subir dos 52 kg de peso e manter o xeonllo esquerdo en niveis funcionais aceptables
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Nov 2021, 14:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Bravo Meiga. Me apunto a eso de no subir de los 92. Y también a la idea del Papa de los decámetros. No te vuelvas loca y escoge bien las carreras que son pocas y caras. La Vig-Bay, por el hecho de ser 2109,7 decámetros (espero haber hecho bien la transformación), o por el hecho de ser clásica en tiempos covid, no sé si me da más agobio por la distancia o por el precio.

¿Porqué una media empieza a sonarme palabra mayor?
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 06 Dec 2021, 18:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 29 de novembro ao 5 de decembro:

"- Ves de correr?
- Si.
- Pois xa tes gana... "

Así me recibiu na porta da casa o ancestro convivinte, exactamente coa mesma empatía que se gastaba Laverne Todd, a enfermeira de "Nido Vacío" (por se alguén se lembra daquela destetanenos de Arkansas).

Resumindo, a pesar do mal tempo, das abduccións inevitables , puiden polo menos facer dúas saídas. O venres só 5 km e medio no perímetro da Balbarda , e o domingo doume por ir ata a pista da ETEA a facer microseries. En total 45 minutos de exercicio, entre ir , volver , e tratar de facer algo entre medias. Case da risa contalo, un minuto de aceleración e dous de recuperación en cada volta de menos de 600m. Desinflándome como un globo, empezando a 4 min/km e rematando a 4:50, 5 , ou máis no tramo de ida
En fin, tendo en conta que non facía nada disto desde antes da lesión e da pandemia, aínda menos mal.
E non perdamos de vista o verdadeiro obxectivo. Hoxe a báscula estaba en 51,5, e o xeonllo ben. Os glúteos xa non tanto
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Dec 2021, 22:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 6 ao 12 de decembro:

Moi pouquiños kilómetros desta vez. Tentada estou a poñer as cifras en hectómetros ou decámetros como fan outros, e engondar as estadísticas.
Unha saída o mércores, ata as Catro Pontes, e hoxe domingo, apremiada pola conciliación imposible, unha breve ruta ata a rúa Arnela. E máis valeu que fose breve, porque rematar a costa de Ríos de xeito ascendente é sempre un reto, por moito que o frío me dea ritmo nos pes.

Desde hai uns días, supoño que polo frío, por non estirar de abondo, ou por calquera outra cousa que andarei a facer mal, ando coa coxa dereita moi queixosa e resentida. Como vai por momentos e non se manifesta especialmente na hora de correr, non vou pedir cita adiantada na fisio.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 20 Dec 2021, 15:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 13 ao 19 de decembro :
Parón casi total debido aos danos colaterais da terceira dose da vacina.
Onte domingo quixen salvar a semana in extremis, saíndo a facer os 9 km do circuito de Chapela. A cousa en si non foi mal de todo. Certo que se notaba a falta de entreno, pero os resultados foron case igual ca sempre.
O problema é que o corpo xa non resiste coma antes o de estar varias horas de pé na cociña, ou as tarefas que implican axeonllarse... Así que pola noite tocou ver as estrelas todas, as reais e as figuradas: Algo debe estar definitivamente pinzado, descolocado, mazado na coxa dereita.
E desta vez sí. A cita adiantada coa físio é para este mércores 22 de decembro. E nunca vai sonar mellor aquelo de "a mellor lotería e ter salud". Agardo expectante co meu décimo atlético na man... Rezar
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Dec 2021, 18:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

El gordo Meiga. Ya verás.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 02 Xan 2022, 22:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Do 20 de decembro ao 2 de xaneiro

É dicir, unha quincena enteira ,e eu sen poñer este curruncho en orde desde o ano pasado.

Na lotería non me tocou o premio gordo que auguraba Freaky, pero nas dúas visitas semanais á fisio o diagnóstico foi de "non lesión" , o que está moi ben, pero non me librou de pinchazos e sufrimentos varios.

Tocou descansar de impactos e facer só andainas, pero desde hai uns días xa volvo a ter permiso para trotar, distancias curtas, e de aquí ao 25 de xaneiro ir aumentando frecuencia e distancia, ata chegar aos 18 ou 20 km semanais nos que estaba.

Así que hoxe fun pola mañá a facer o circuíto das Catro Pontes. Para facer case tres semana que non trotaba, aínda non foi tan mal ir a 5:30. Suficiente para queimar parte do turrón destes días.

A ver se coas boas intencións características do inicio de ano, logro cumplir o obxectivo de mínimo 2 saídas e 2 táboas de exercicios esta semana
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 18 Xan 2022, 18:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 3 ao 16 de xaneiro
É todo un clásico o de esquecer as boas intencións de primeiros de ano pasadas as 24 horas.
Digamos que tiveron prioridade o cociñado de roscóns e galletas, as reunións domésticas propias das datas, test de antíxenos de por medio.
Difícil conciliar todo iso coa práctica atlética.
Ao final nestes 15 días as contas saen en 3 saídas escasas e 1 táboa de exercicios. Con todo, aínda queda algo de memoria nos músculos, e saen ritmos de 5:40.
O problema é ás maniotas do día seguinte que me sacan as ganas de coller as zapatillas en 3 ou 4 días, e logo cando volvo é como partir de cero outra vez, subindo de contado ao tope das pulsacións.
Penso nos tempos aqueles en que saía sen chistar tres días á semana as 7 da mañá en manga sisa, e parece que foi nunha era xeolóxica anterior...
Terei que probar a inscribirme na VigBay ou algo drástico e suicida
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 09 Feb 2022, 15:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 17 de xaneiro ao 7 de febreiro:
21 días dan para moito... Para pasar pola fisio, para engondar 2 kilos, para semiconfinarme por contacto estreito con positivo Covid, para aborrecer mil veces o horario de traballo que teño este ano, para renegar da conciliación imposible, da nugalla crónica e algunha cousa máis.

Pero sí, estou inscrita na Vig Bay. E tamén na 10 k de Teis, que vai ser xa en 3 semanas.

Ata agora no daba pasado dos 17 km semanais. Hoxe , como declaración de principios, fixen o percorrido oficial da 10k Teis para este ano. Segundo o Garmin foron 10km 400m. Pode ser discutible. Pero o que non se poden negar son os 200 m de desnivel ... O álbum enteiro de banderillazos ten este percorrido. De especial mención o tramo da Rúa da Cacharela, e a subida da Riouxa. Logrei rematalo en 1 hora e 6 minutos. Imposible facelo máis lento.
Así que de aquí ao 6 de marzo só queda mellorar. Todo o que baixe de 60 minutos xa me sabería a gloria.
O caso é reenganchar coa esquecida rutina de tres saídas á semana. A ver se desta o consigo
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Feb 2022, 18:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Bravo Meiga. En la Vig-Bay nada menos. Estaré atento a la épica y a los detalles de tu crónica.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 13 Feb 2022, 11:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación 10K Teis - Semana 1

Posto así, ata parece que vai en serio.

No fixen ningunha táboa de exercicios, pero sí as 3 saídas que me propuxera , sumando 28,8 km. Os ritmos moi lentos , pero agora iso é o de menos.

Hoxe volvendo de Chapela quixen probar sorte e ver canto teñen avanzado as obras na Vía Verde. Quitando uns 100 metros no límite municipal , tiña dispoñibles para min soa case 3km de terra prensada ou de carril bici en construción ata a zona da Xorxa, onde tiña pensado saír á estra veciñal que conecta cao Avenida Bos Aires, e de volta para casa costa abaixo. Todo perfectamente horizontal. Unha especie de oasis no inferno de costas que é este barrio, pero non ... Cando cheguei á zona da Xorxa os accesos cara afora estaban agora rodeados por todas partes cun valado ferros de encofrado de polo menos 3 metros de alto. Nin que esto fose Berlín Leste hai 50 anos... E total deixando ben á vista o resto da Vía verde, ben rematadiña e practicable ata o seu remate no centro de Vigo... E todo por qué? Pois porque ata de Don Abel I de Vigo e V de Alemania non veña a cortar a cinta e soltar o discurso, aquí non se estrea nada.
Total que tocou dar marcha atrás e buscar outra saída alternativa, afortunadamente tamén en costa abaixo que me levou cara a Avenida de Galicia fronte ás Sete Torres. En fin, toca amolarse . Esto da Vía Verde vai case ao mesmo ritmo que o Ave.
Pero volvamos ao que nos ocupa:

Plan para a semana 2 da operación 10K Teis:

Luns: Táboa completa de exercicios
Martes : Táboa reducida de exercicios
Mércores : Saída
Xoves : Táboa reducida de exercicios
Venres : Saída
Sábado: Taboa completa de exercicios
Domingo : Saída

E xa veremos que sae realmente
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Feb 2022, 22:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación 10K de Teis. Semana 2

Hai ben meses que non daba cumplido con ningún plan semanal. Por fin esta semana logrei facer os deberes ao completo. Ben por min.
Tratarei de repetir axenda esta semana. O obxectivo segue a ser conseguir regularidade, aínda que sexa a ritmo de caracol coxo.
De momento 40 mulleres anotadas para a carreira de 10km, case un 25% do total. Podería ser mellor, pero aínda menos mal
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Feb 2022, 17:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

De momento 40 mulleres anotadas para a carreira de 10km, case un 25% do total. Podería ser mellor, pero aínda menos mal

Aquello del 10% donde quedó. Ta bien, la cosa sigue aumentando.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 03 Mar 2022, 5:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

entro a deixarche unha copia do teu diario (unha copia nunha soa páxina web) no ficheiro adxunto, aínda que vexo que aquí está publicado o mesmo.

Descomprimindo o .zip e abrindo o ficheiro cun navegador calquera xa se pode ler.

edito: fago esto porque Nico vai fechar o servidor.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 03 Mar 2022, 22:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose escribió:
entro a deixarche unha copia do teu diario (unha copia nunha soa páxina web) no ficheiro adxunto, aínda que vexo que aquí está publicado o mesmo.

Descomprimindo o .zip e abrindo o ficheiro cun navegador calquera xa se pode ler.

edito: fago esto porque Nico vai fechar o servidor.

Graciñas Ghose. O que son as cousas, nunca pensei que fose pechar Friends nogafam antes que Ceg





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos